Archivos por Etiqueta: Obra

A “Vía verde ou Senda Gris” un engano ou nos toman por parvos?

VÍA VERDE OU SENDA GRIS_vigo_noticiasvigo.es_ilcanallarubens_2019_Vigo_01

O 28 de xaneiro deste ano pola mañá nos erguimos co titular “O goberno municipal avanza na contratación da Vía Verde por 1,4 millóns de euros“, por aquel entonces viña a decir a nova:

“A Xunta de Goberno Local aprobou a clasificación de ofertas para a contratación das obras de implantación da vía verde sobre o antigo trazado ferroviario entre Teis e Urzáiz e o mantemento das zonas verdes, do mobiliario urbano e das instalacións eléctricas cun presuposto de licitación de 1,4 millóns de euros.

Tal e como expuxo o rexedor, a Vía Verde ten unha lonxitude de 3,597 quilómetros, cun ancho de 3 metros para o carril bici e de 2 metros para a senda peonil e contempla dúas actuacións para facilitar o acceso: unha pasarela entre Vía Norte e a rúa Navarra de 51 metros e unha rampla na Avenida de Bos Aires de 150 metros. Caballero engadiu que o Concello “abrirá o máximo posible de accesos”.

O proxecto contempla varias actuacións: o acondicionamento da plataforma ferroviaria e o dalgunhas zonas adxacentes para convertelas en áreas de descanso ou miradoiros, aproveitando os elementos propios da infraestrutura ferroviaria, citando como exemplo os postes das catenarias “para manter o espírito ferroviario da zona”, segundo Abel Caballero. Amais o goberno municipal instalará mobiliario, carteis e delimitará zonas de aparcamento”. Aquí a ligazón do artigo: https://www.noticiasvigo.es/o-goberno-municipal-avanza-na-contratacion-da-via-verde-por-14-millons-de-euros/

O pasado luns día 5 de agosto deste ano novamente nos erguimos co titular “O Concello abre ao público o primeiro tramo da Vía Verde“, na nova viña a decir:

““Quixemos empezar pola zona máis próxima a Mestre Chané, moi habitada”, anotou o alcalde, quen explicou que o tramo xa aberto supera os 400 metros de lonxitude e os 5.000 metros cadrados de superficie e está situado ao longo da rúa Mestre Chané.

A senda aberta, con espazos independentes para peóns e ciclistas, desemboca nunha zona de descanso e paseo de máis de 1.000 metros cadrados na que se conservan elementos ferroviarios, como sinalizacións, tramos da vía antiga, os postes da catenaria ou zonas de balastro.

Neste traxecto xa dispoñible, o Concello pechou o angosto paso soterrado que existía na rúa Mestre Chané e substituíuna por unha comunicación máis directa e en superficie, valorou Abel Caballero.

A Vía Verde contará con 3,6 quilómetros de lonxitude e discorrerá entre Urzáiz e Teis, polas antigas vías do tren. O Concello inviste na obra 1,4 millóns de euros para convertir o espazo nunha senda para peóns e ciclistas, con áreas de descanso, miradoiros e paneis informativos, mantendo a esencia ferroviaria no seu deseño. Para facilitar o acceso, o goberno de Vigo prevé habilitar pasarelas de acceso desde a rúa Navarra e desde a Avenida Buenos Aires”. Aquí a ligazón do artigo https://www.noticiasvigo.es/o-concello-abre-ao-publico-o-primeiro-tramo-da-via-verde/

Cal foi a miña sorpresa que ao ver unhas fotos do perfil de twitter Vigo Vindeiro (@VigoVindeiro) o que prometeu o Concello de Vigo non se parecía en nada ao que inauguraron, esto que narro acontecía pasadas ás 6:40 p.m, non daba credito ao que veía, sentinme totalmente enganado.

Tiña que ir a cubrir a inauguración dese tramo pero por razóns non puiden, adoito cubrir todo o que podo pero en ocasións hai cousas que impiden ir ao evento programado, pero en se non daba crédito ao que vin no perfil de twitter @VigoVindeiro, a verdade que non daba crédito como tampouco o din cando recibín de alcaldía a fotografía do acto inaugural para a crónica de NoticiasVigo.es que é no xornal no que traballo de luns a domingo.

As fotos do perfil de twitter @VigoVindeiro

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Xulguen vostedes, aquí están as infografías que presentou o Concello de Vigo aos medios do primeiro tramo da “Vía Verde” “Senda Verde” e logo ditas infografías foron repartidas aos medios.

En que se parecen ao que inauguraron o luns? Onde esta o verde? onde estan eses bancos e reposeiras fermosas? É un engano?

via verde 3_vigo_ilcanallarubens_NoticiasVigo.esvia verde 2_vigo_ilcanallarubens_NoticiasVigo.esvia verde 1_vigo_ilcanallarubens_NoticiasVigo.es

En fin, senda ou senda gris así é como debería chamarse, o de luns foi unha tomadura de pelo cara o pobo.

As fotos dos meus compañeiros do Metropolitano.gal

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Aquí poden ver a reportaxe dos meus compañeiros do Metropolitano.gal, reportaxe.

Só espero que nos seguintes tramos parézanse ao que nos prometeu o concello cosa que dubido que se parezan ao que prometeron xa que ditas infografías son infografías xenéricas aínda que tiña a ilusión que se parecesen en algo.

Aquí as fotografías dos seguintes tramos a realizar

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Estes son os datos súas son as conclusións