Archivos por Etiqueta: Praza do Rei

Editoral do campamento da “Pobreza Mata”

icr-photographer_ilcanallarubens_-campamento-pola-pobreza_praza-do-rei_vigo_2017
Máis de quince días levan acampando Juan e David na Praza do Rei, quince días resistindo aos fortes ventos que ten dita praza, quince días resistindo á choiva, quince días resistindo, resistindo.
Ese concello que di que recibe a todo tempo de persoas, ese concello que di escoitar a todo tipo de persoas, ese concello que farda de que máis políticas sociais destina do estado español, todo falacias, todo falsidades, todo mentiras, todo trapalladas, todo populísmo, quince días que levan sen interesarse por Juan e David as caras visibles das persoas sen fogar cansos de ser maletas que dun día a outro son movidas.
Albergue municipal, ese albergue que foi dos vigueses e viguesas, foi, se foi, foi porque agora lévao a CRUZ ROJA a cal de no canto de ser solidaria segue mantendo un regulamento excluínte, albergue que o máximo de estancia é de 10 días, o que supoñen que en 10 días a man de deus sácache de pobre a rico, Cruz Roja que agora se atreve a cortar dereitos aos seus traballadores, Cruz Roja que escraviza con soldos miserables aos traballadores e traballadoras non o digo eu senón a denuncia desta semana dos seus traballadores e traballadoras, noticia que moitos que falan da dignidade non tiveron os miolos de compartila nas suas redes sociais.
Quince días dun campamento cheo de dignidade e de respecto, quince días nos cales só os chamou a Xunta de Galicia a cal só se presto a pagarlles os almorzos no canto de aceptar as peticións da xente invisible esa que calquera cidadán cruza a cara para non velas ou esa que estigmatiza emitindo xuízos noxentos con falsas lendas urbanas ao estilo dun hoax que os que ten pouca masa gris se os creen.
Quince días, quince días de loita constante, quince días sen ser escoitados, e os que os escoitan xa que se dignan a ir ata o campamento quedan pampos desa falacia de que VIGO É UNHA CIDADE FERMOSA, cómplices diso son os MASS MEDIA (medios de comunicación) da cidade que venden oasis faltando á etica e a veracidade cosa que son as dúas bandeiras do xornalismo pero vendense por un puñado de euretes, se oasis, xa saben que é un oasis para que definilo cando o mais feo é crer que ese oasis é de verdade, pobre sexa a inxenuidade a cal se conforma coas humanizacions e pensan que Xentrificación e nome dunha muller de bo estatus.
PD. Tan so decir que mañá podes ser ti un sen teito e sufrir o insufrible. A que esperas a achegarte ao CAMPAMENTO e informarte de verdade da tua cidade esa que era amiga e hoxe e elitista?
Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]
#EuSonDigno #EuSonJUANeDAVID
Anuncios

Porque están acampando na Praza do Rei do Concello de Vigo?

icr-photographer_ilcanallarubens_-campamento-pola-pobreza_motivos_praza-do-rei_vigo_2017

Porque están acampando na Praza do Rei do Concello de Vigo?

Movementos sociais, políticos, sindicais e cidadans do común queren manifestar a súa preocupación por tres puntos concretos respeto a cidade de Vigo:

a) As cifras oficiais de desafiuzamentos son desgarradoras e nin o Concello nin a Xunta de Galicia nos dán unha solución para erradicalos.
Tamén o bono “aluguer” autonomico de 200€ concédeselle soamente a familias desafiuzadas xudicialmente e non a todas as centos de familias empobrecidas e con baixos ingresos.

Esixinlle a ambas administracións que se poñan de acordo e elaboren un protocolo de urxente de actuacións para atallar esta emerxencia, CREANDO UN PARQUE PÚBLICO DE VIVENDAS EN ALUGUEIRO SOCIAL.

b) Ao mesmo tempo esixen melloras no albergue municipal, que precisa un incremento no número de prazas e un espazo de encontro diurno onde as persoas poidan reconllerese polo día. Ao mesmo tempo e esencial acabar co límite de permanencia de 10 días. Urxe mellorar os servizos e co cumprimento das normas de funcionamiento.

PRECISASE ABRIR UN CENTRO DE INCLUSIÓN SOCIAL

c) Sobre os sen teito. O señor alcalde de Vigo di que non hai ninguén durmindo na rúa, pero o certo é que hai moita xente durmindo nela. Tamén é certo que non hai un censo oficial de persoas sen fogar na cidade e saben que están entre caixeiros, choupanos e pisos pateira que non se corresponde coa informacion do servizo de Benestar Social.

DEBE SER UNHA PRIORIDADE EN VIGO QUE NINGUEN DURMA NA RÚA, QUE TODO O MUNDO TEÑA UNHA OPCIÓN DE REFUXIO DIÚRNO E NOCTRUNRO ESTABLE!

Ata cando van estar acampados na Praza do Rei?

Tras varios escritos presentados ás administracións e non optendo resposta algunha nesta ocasión volven a presentar outro escrito apoiando con esta concentración/manifestación/acampada ata que haxa unha resposta imediata as esixencias mencionadas anteriormente.

Video manifestación

Video do primeiro día pola tarde

Video do sexto día

Video do septimo día

Video do octavo día

ை Vigo flashback: Abrir Vigo ao Castro

ilcanallarubens_abri_vigo_al_castro_1-834x1024_Vigo_vigoteimporta

Hai tempo xa que o Castro se converteu unha nunha illa dentro da nosa cidade, ata fai ben pouco nin sequera existía un paso de peóns para poder acceder ao pulmón verde da cidade.

Agora dou a luz este proxecto, que un dos partidos políticos da cidade tiña nun caixón, proxecto que posiblemente que nun futuro o poida retomar…

“Abrir Vigo ao Castro”

Como conectar o Castro coa cidade? Literalmente se Mahoma non vai á montaña a montaña vai a Mahoma

Como sería isto posible? Dunha forma completamente orixinal, permitindo que o Castro se introduza na cidade, para iso os técnicos desenvolveron un plan polo cal a aba do Castro se estendería ata as portas do Concello de Vigo.

Para permitilo soterraríase o tráfico que pasa pola rúa Camelias, habilitando tamén un falso túnel para o tráfico interior do parque entre o Paseo dos Cedros o Paseo Cronista Xose M. Álvarez Blázquez, permitindo desta forma, unha acceso directo ao parque dende Venezuela e Camelias.

Ademais reformaríase completamente a Praza do Rei, a nova estrutura compoñeríase de 2 alturas, na parte inferior dependencias municipais cun paseo central aberto, e na parte superior un xardín que sería unha extensión da zona verde do Castro ata as mimísimas portas do concello.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Paralelamente a esta grande actuación, reduciranse as pendentes en todas as zonas posibles do monte para habilitar un sistema de sendeiros que permitirán a calquera cidadán, independentemente das súas condicións físicas, acceder ao Castro dende as rúas Venezuela, Camelias, Marqués de Alcedo e o propio concello; agora mesmo isto só é posible a través da inmensa escalinata que parte do concello ou collendo un vehículo privado para acceder ao alto do monte.

Habilitaríanse sendeiros e camiños con distinta pendente para prácticas deportivas e rutas turísticas. Os restos da muralla do castelo de San Sebastián tamén quedarían comunicados co resto do ámbito verde arredor do Concello.

Que lles parece isto que os contei? Que vos parece o que aparece na imaxe?

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Vía Vigo te importa.