Archivos por Etiqueta: Pulpeiros

Seguridade alimentaria na ración de polbo?

Algo que nunca entenderei, a consellería de sanidade hai un tempo atrás prohibiu o uso de estes pratos de madeira pero aínda a día de hoxe úsanos para dar a ración de polbo.

Cabe sinalar tamén que cando un sácase o carné de manipulador de alimentos nun dos apartados do temario di que queda totalmente prohibido o emprego de materiais de madeira para elaborar/servir alimentos, esta prohibición xa estaba antes que a consellería de sanidade prohibíseo.

Cónstame porque fun a varias festas do polbo en Galiza na que a ración cha poñen nun prato de plástico ou nunha bandeixa de aceiro inox.

O que me chama a atención que as forzas de seguridade do estado vexan como estas pulperas ou pulperos sirvan o polbo no prato de madeira e non sancionen, como tamén me chamen a atención como ditas forzas estando presente vexan como limpan os pratos de madeira baixo unhas condicións pouco hixiénicas como é o coller o prato que uso unha familia e estes collan o prato déanlle por encima cun papel e logo métano onde cociñaron o polbo e este déanllo a outro cliente mais non sancionen.

Porque esta prohibido o emprego de madeira para os alimentos? A madeira é porosa, por iso aínda que lavemos os utensilios de cociña deste material despois de ser utilizados, estes absorben restos dos alimentos e supoñen un niño perfeito para un chea de bacterias. Ter un foco de infeccións en contacto continuo cos alimentos non é san…

Ante todo a seguridade alimentaria debese cumprir pola parte dos hosteleiros/cociñeiros como tamén os corpos do estado sancionar baixo as directrices da inspeción sanitaria sen previa denuncia dun cidada.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]
Todo isto saíu a relucir nun típico coloquio de bar.