Archivos por Etiqueta: PXOM

O Pleno avala a proposta do goberno de Vigo de rehabilitar a Panificadora xunto á Zona Franca

ilcanallarubanes_panificadora_2016_vigo

A moción presentada polo grupo encabezado por Abel Caballero, que recabou o apoio do PP e a abstención de Marea, propón ao Consorcio a rehabilitación conxunta e posta en valor do inmoble. A edil de Urbanismo avanzou que a planificación municipal estima en tres anos a remodelación da Panificadora.

A Corporación viguesa apoiou este luns a proposta do grupo socialista de conveniar a rehabilitación da Panificadora co Consorcio da Zona Franca de Vigo, unha moción apoiada polo PP e na que a Marea se abstivo.

Defendida pola titular de Urbanismo, María Xosé Caride, o goberno de Vigo instou á entidade estatal á sinatura dun acordo bilateral no que ambas administracións “se comprometen a conservar, rehabilitar, poñer en valor e dotar de usos públicos” á Panificadora, “exemplo único do noso pasado industrial”, segundo reza o texto aprobado.

O Concello de Vigo, explicou a concelleira, garantiría a redacción dos instrumentos de planeamento e xestión necesarios para facerse cargo dos bens e dereitos no ámbito, “sufragándose os custos de adquisición polo Consorcio nas súas dúas terceiras partes e polo Concello no terzo restante”, apunta a moción.

O goberno local subliñou a necesidade de que a Zona Franca invista na cidade e o faga visible con esta actuación de “rehabilitación dun edificio emblemático”, a través dun convenio que inclúa “usos públicos”, manifestou Caride, e baseado nun “proxecto singular”.

Pola oposición, o Partido Popular votou a favor desta moción e pediu “concreción” no proxecto, planificación e prazos. A Marea de Vigo, pola súa banda, manifestou o seu acordo coa adquisición pública da Panificadora mais solicitou participación cidadá e información sobre os contidos, antes de absterse na votación.

María José Caride, na súa quenda final, argumentou que o goberno de Vigo procura promover un acordo e dotalo de contido no convenio, mais xa adiantou que o Concello xa ten elaborado os pregos e unha planificación que estima en tres anos o prazo de rehabilitación da céntrica factoría.

Fotografías da PANIFICADORA

O goberno de Vigo traballa na elaboración dun novo PXOM

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

 

O Pleno celebrado este luns deu luz verde, coa abstención de Marea e o voto favorables dos socialistas, á moción do PP na que se insta ao Alcalde e á concelleira de Urbanismo a que informen das actuacións realizadas para elaborar un novo PXOM. A edil de urbanismo apuntou que hai 15 persoas traballando na elaboración dun novo documento.

A Corporación municipal acordou na sesión plenaria deste luns instar ao Alcalde e á concelleira de Urbanismo a que informen sobre as actuacións realizadas en relación á elaboración dun novo Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo. A moción presentada polo grupo popular recibiu o apoio dos socialistas e a abstención de Marea de Vigo.

Durante o debate, a voceira do PP, Elena Muñoz, aludiu ao “extraordinario problema” que supón na cidade a ausencia dun Plan Xeral e lamentou descoñecer que estivo facendo o goberno municipal nos meses que seguiron á anulación do mesmo criticando o informe Parejo como “un atallo, que leva a un canellón sen saída”.

Rubén Pérez, voceiro de Marea de Vigo, sinalou a necesidade de traballar nun novo plan con outro modelo de cidade xa que, ao seu entender, “a lei non permite recuperar o Plan do ano 2008” e aludiu á responsabilidade conxunta de Concello e Xunta na anulación do PXOM por parte do Tribunal Supremo.

Sobre o contido da moción, a concelleira de Urbanismo, María Xosé Caride, argumentou que no Consello da Xerencia de Urbanismo se dá “información puntual” cando se solicita e asegurou que hai un equipo de 15 persoas traballando na elaboración dun novo PXOM. Nestes momentos están realizando a tramitación medioambiental, seguindo a normativa da Lei do Solo do ano 2013, e criticou que a Xunta de Galicia estea atrasando a resposta ás peticións municipais en relación co novo documento.

Rubens Rocha

Os atallos non serven para nada

 

ilcanallarubens_santa-cristina-de-lavadores_vigo_2016

A Plataforma de Afectadas e Afectados pola Anulación do PXOM de Vigo e en Defensa da Legalidade Urbanística – SOS PXOM desexa facer público a seguinte análise sobre a Resolución do Consello Consultivo de Galicia:

Entende SOS PXOM que os responsables de conducir o urbanismo do Concello de Vigo fracasaron estrepitosamente ao tentar buscar un atallo tramposo para tentar saltarse á toureira a avaliación ambiental estratéxica aplicable ao Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo, anulado por sentenza do Tribunal Supremo de data 10 de novembro de 2015.

Para SOS PXOM a escusa desharrapada que consideraba impracticable ou imposible o trámite da Avaliación Ambiental Estratéxica desembocou de maneira determinante na definitiva nulidade do plan impugnado e iso porque, no seu momento, non se puideron demostrar fehacientemente os motivos esgrimidos para a exoneración da avaliación ambiental estratéxica.

SOS PXOM comparte a argumentación do Consello Consultivo de Galicia en relación á necesidade dunha nova aprobación definitiva do devandito Plan, na medida en que a Sentenza do Tribunal Supremo declarou nulas as Ordes do 16 de maio de 2008 e 13 de xullo de 2009, aprobatorias do Plan e ditadas pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte, como consecuencia da anulación, por deficiencia de motivación, da Resolución de data 28 de marzo de 2008 que declarou a inviabilidade da práctica da avaliación ambiental xusto ternos prescritos pola Lei estatal 9/2006 do 30 de decembro, entón en vigor.

Opina SOS PXOM que a proposta presentada polo Concello de Vigo no seu escrito, supoñería a conservación dos trámites e dos traballos de elaboración do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo, así como o mantemento do propio contido do plan anulado, e á súa vez, das distintas situacións xurídicas derivadas ou nadas á súa abeiro. Pensamos desde SOS PXOM que iso supoñería unha aberración xurídica e desembocaría, tarde ou cedo, en novos problemas de legalidade e de inseguridade xurídica.

Para SOS PXOM a razón da estimación do recurso de casación estribou no incumprimento flagrante do trámite de Avaliación Ambiental Estratéxica ao non estar debidamente xustificada a inviabilidade do devandito trámite sobre a imprescindible avaliación dos efectos de determinados plans e programas no medio ambiente.

Para SOS PXOM, como sinala o Consello Consultivo de Galicia, non nos atopamos ante un vicio de legalidade (anulabilidad), senón de nulidade radical. SOS PXOM comparte a visión de que se produciu un vicio de nulidade da Lei 30/92 que implica a nulidade de pleno dereito do PXOM de 2008.

SOS PXOM desexa facer fincapé na necesidade de que o Concello de Vigo abandone as manobras de prestidigitación urbanística e póñase ao choio para redactar unha novo PXOM. Non podemos perder máis tempo.

A Plataforma de Afectados pola Anulación do PXOM e en Defensa da Legalidade Urbanística ? SOS PXOM considera que os atallos xurídicos e as tretas legais non serven para nada e en consecuencia non pode ser amparada legalmente -baixo ningún concepto- a emisión, mediante nova decisión da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, da pretendida declaración de inviabilidade da Avaliación Ambiental Estratéxica do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Vigo e por iso haberá ser extremadamente escrupulosos na redacción e aprobación da novo PXOM que a cidade necesita.

Rubens Rocha

O alcalde espera a resposta da Xunta ao informe de Parejo e demanda solucións tras a anulación do PXOM

 

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

 

Abel Caballero dixo descoñecer a resposta da Xunta ao informe remitido polo Concello, elaborado polo xurista Luciano Parejo, e apuntou o paradoxo de que lle teña solicitado un informe sobre o mesmo ao Consello Consultivo, que non é un órgano xurídico nin vinculante, sen terlle pedido un informe con vías de solución á anulación do PXOM que é “responsabilidade da Xunta”.

Abel Caballero mantivo un encontro este venres con Lourdes Carballo, decana do Colexio de Avogados de Vigo e con outro membro da entidade, con que abordou a situación do urbanismo na cidade tras a anulación do Plan Xeral de Ordenación Municipal polo Tribunal Supremo.

Tras a reunión, o rexedor reiterou que a anulación do PXOM é “causa e responsabilidade” da Xunta de Galicia”, insistindo en que o Concello tomou medidas xurídicas para tratar de resolver a cuestión por este ámbito, reprochando que á Xunta non ter tomado “ningunha” ao tempo que lembrou que, na procura dunha saída á situación provocada pola sentenza, o goberno de Vigo solicitou un informe “á persoa con máis prestixio de España sobre dereito urbanístico”, Luciano Parejo, sobre as vías posibles e que ese informe foi remitido á Xunta que aínda non se pronunciou ao respecto.

Neste sentido, Caballero criticou que a Xunta de Galicia pedira un informe ao Consello Consultivo sobre a proposta de Luciano Parejo, tendo en conta que se trata dun órgano interno de asesoramento e non un órgano xudicial e que “non pedira que estude as vías para resolver o problema causado pola sentenza do Supremo”. Así, cualificou de “singular e paradoxal” a situación de “descoñecemento das vías de resolución do goberno autonómico” porque é o “culpable da situación do urbanismo de Vigo” xa que “todas as accións e as aprobacións do Plan feitas polo Concello foron impecablemente ratificadas polo Tribunal Supremo”.

O rexedor referiuse tamén á aprobación no ano 2013 dunha lei urbanística por parte do goberno de Feijóo que “non resolve o problema” dos informes de inviabilidade emitidos pola Xunta a “polo menos medio centenar” de plans de ordenación municipal de Galicia, reiterando que non deu “nin un só paso” para dar solución ao PXOM de Vigo e ás “eventuais anulacións” doutros plans de Galicia.

Rubens Rocha

O alcalde ve no informe Parejo a vía “axeitada e con seguridade xurídica” de ter o PXOM en vigor

ilcanallarubens_caballero-arquitectos-758x426

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, tras terse reunido este xoves cos responsables dos nomeados colexios profesionais, manifestou que “se constata unha visión xeral” da administración viguesa, dos técnicos e dos empresarios en que “a vía máis conveniente” para contar cun Plan Xeral de Ordenación Municipal en vigor é seguir o criterio de Luciano Parejo.

O prestixioso xurista elaborou un documento que sinala que un novo informe autonómico de inviabilidade ambiental daría cumprimento á sentencia do Supremo que conlevou a anulación do Plan de 2008 e faría posible ter a mesma planificación urbanística en vigor “en aproximadamente seis meses”, segundo asegurou Caballero, “e con seguridade xurídica, en opinión dos técnicos”. O ditame de Parejo afirma que as decisións tomadas polo Concello de aprobación do PXOM son eficaces unha vez corrixidos os defectos da avaliación ambiental da Xunta de Galicia. Outra opción, engadiu o rexedor, sería elaborar un novo Plan Xeral desde cero, o que “non estaría exento de ser recorrido”.

Caballero manifestou que a opinión dos arquitectos, dos arquitectos técnicos e dos empresarios é “coincidente” coa do Concello sobre como proceder no tocante ao Plan Xeral: “consideramos que é unha vía impecable, correcta, axeitada, con seguridade xurídica e que resolve os problemas que produciu a sentencia, e a vía elixida é a execución da sentencia” do Tribunal Supremo.

O alcalde de Vigo concluíu que recuperar a vixencia do Plan Xeral “sería bo para o emprego e a marcha da cidade, e tamén para a Xunta de Galicia, porque lles evita posibles reclamacións patrimoniais”.

Rubens Rocha

Concello e Círculo de Empresarios concordan na “conveniencia” de solicitar á Xunta un novo informe ambiental para o PXOM

ilcanallarubens_circulo de empresarios e abel caballero_vigo_2016

 

O alcalde trasladoulle este martes ao presidente e ao vogal do Círculo de Empresarios de Galicia, Juan Güell e Serafín Ocaña, a liña de actuación que seguirá o Concello para cumprir a sentenza do Tribunal Supremo que anula o PXOM, solicitándolle á Xunta un novo informe ambiental estratéxico, unha solución que os empresarios estiman “conveniente” ao contar co aval do mellor xurista de España en materia de urbanismo.

Abel Caballero recibiu este martes a Juan Güell, presidente do Círculo de Empresarios de Galicia, e a Serafín Ocaña, vogal da entidade, con que abordou a forma de cumprir a sentenza do Tribunal Supremo que anula o Plan Xeral de Ordenación Municipal do ano 2008 pola insuficiente xustificación do informe estratéxico ambiental realizado pola Xunta de Galicia.

O alcalde explicoulles que o Concello quere seguir a liña de actuación proposta por Luciano Parejo, un dos “grandes expertos en urbanismo”, que nun informe sinala que a execución da sentenza debe facerse coa elaboración dun novo informe estratéxico ambiental por parte da Xunta de Galicia. Así, unha vez executado o mandato do Alto Tribunal, o PXOM podería en vigor de forma inmediata “nuns poucos meses; o tempo que se tarde en realizar a xustificación da avaliación ambiental”, segundo apuntou o rexedor.

Para Caballero esta debe ser a liña a seguir por ser a máis conveniente para a cidade “a que avala o goberno e debe avalar a Xunta porque tamén lle convén obedecer ao mandato do Supremo” e supón, tal e como afirmou, unha “vía de legalidade exquisita e o cumprimento absoluto da sentenza”. Segundo relatou en rolda de prensa, esta é a idea que lle trasladou ao Círculo de Empresarios a quen lle parece “conveniente esta liña e seguir traballando por esta liña, que conta co avala do mellor xurista en materia de urbanismo de España”.

Así mesmo, o rexedor fixo fincapé no feito de que foi a “insuficiente xustificación do Plan” o que provocou a súa anulación, xa que non quedaron invalidadas polo Supremo “ningunha das decisións que se tomaron no Pleno municipal” sobre o PXOM, senón que foron “ratificadas por moitas sentenzas”. Por iso, sinalou que as indemnización patrimoniais irán á Xunta de Galicia, ao ser a institución que produce o informe inxustificado.

Rubens Rocha

ை Vigo flashback: A Urbanización do Ofimático

ilcanallarubens_AURBANIZACIÓNDOOFIMÁTICO_00_Vigo_2016

Estimados lectores e estimadas lectoras deste blogue no día de hoxe veño escribir sobre outro proxecto da cidade da Detroit Viguesa tal como chamo eu a Vigo, proxecto nunca se chegou a realizar xa que é do que se trata esta sección chamada Vigo flashback, desta vez e o proxecto da A URBANIZACIÓN DO OFIMÁTICO.

Foi exposto hai 20 anos como un polígono de oficinas e residencial promovido desde a Xunta pero nunca se chegou a poñer en marcha, aínda que se presentaron varias maquetas sendo conselleiro o xa falecido José Cuiña.

O día 18 de xullo de 2013 Abel Ramón Caballero recibiu á xunta directiva da asociación de propietarios do ámbito con ordenación detallada do PXOM, denominada A-4-37 Ofimático (preto da Avenida de Madrid) para coñecer de preto o estado desta tramitación.

Os propietarios, acompañados polos os seus asesores legais e técnicos, explicaron ao rexedor que no transcurso desa semana presentarían as bases e estatutos para avanzar na constitución da xunta de compensación e poñer en marcha esa peza da cidade, que tiña unha extensión de máis de 250.000 metros cadrados para usos residenciais e terciarios e que abarcaría a máis de 80 parcelas.

Pola parte, Caballero puxo a disposición da asociación toda a colaboración material e persoal que precisaron para conseguir a mellor xestión deste importante ámbito para a cidade. O ámbito era a zona da Avenida de Madrid preto da Estación de Autobuses, a parte traseira de Martínez Garrido e a rúa Gandarón.

A tramitación dos documentos de xestión foron en durante as semanas do recibimento da xunta directiva da asociación a que permitira a formalización da fase de organización na que se expuña poder formular en breve prazo o proxecto de repartición de cargas e beneficios entre os propietarios.

O Plan Xeral deseñaba nesa zona unha urbanización residencial cunha torre de mesmo 20 plantas na fachada cara á avenida de Madrid se destinaria a oficinas e prevíase tamén dentro do ámbito un centro comercial e un máximo de sete alturas no resto do perímetro, unha ampla zona de oficinas. Tamén prevía un mínimo de 60.000 metros cadrados de ESPAZOS VERDES, 20.200 para equipamentos públicos, ademais de establecía unha previsión mínima de 1.409 prazas de parking. ilcanallarubens_A URBANIZACIÓN DO OFIMÁTICO_01_Vigo_2016

No 2015 concretamente o 11 de febreiro o Concello de Vigo reaxustaba a “macrourbanización” aínda que a priori os cambios non serian de alcance.

A concelleira de Urbanismo, Carmela Silva, ordeno por aquel entón a iniciar a modificación do PXOM no ámbito tras unha sentenza firme do Tribunal Supremo na que obrigaba a excluír un terreo da empresa Comercial de Inmobles Las Eiras S.L. ao fallar os xuíces que o chan debe recibir outra cualificación como reclamaba esta mercantil.

O TSXG fallaba a favor da empresa demandante no ámbito de Ofimático en xullo de 2012, e o Concello apelou no Supremo por aquel entón, que avalou o fallo da instancia galega. A urbanización era unha das prioritarias no PXOM e o seu desenvolvemento estaba previsto para o primeiro cuadrienio de vixencia (2008-2012), pero aínda non botou a andar nin se volveu falar, pola crise inmobiliaria se paralizaba esta macrourbanización.

Os donos de leiras a día de hoxe día 6 de marzo de 2016 queren impulsala sumaron propietarios nos últimos e afirman que xa contan co terreo necesario para arrincar.

Os custos de urbanizar o ámbito, incluídas as indemnizacións, estaban fixados na memoria da ordenación detallada en 67 millóns de euros.

As vivendas construiríanse en distintas tipoloxías, desde unifamiliares ata edificacións de tres a sete plantas. Na ficha constaba unha reserva do 46% da edificabilidade residencial para VIVENDA PROTEXIDA. A torre de oficinas era un dos seus principais trazos do proxecto, así como o parque e a praza pública que se instalaría no acceso.

Un grupo de donos de parcelas leva anos impulsando a urbanización, e para iso necesitaban sumar máis do 50% do chan. Os representantes do colectivo, que xa alcanza un centenar de propietarios, entregaron por aquel entón no 2015 a documentación na Xerencia para acreditar que dispoñen da superficie necesaria e confiaban en que se puidesen iniciar a xestión paralelamente á modificación do PXOM.

O ámbito tiña a ordenación detallada no plan, con distribución de espazos e edificacións, o que supoñía un importante adianto na tramitación o pasado ano. “Esperamos avanzar mentres se cambia o Plan. A sentenza non debía ter maior incidencia porque ocupa un espazo destinado a zona verde”, sinalaban o 2015 concretamente o 11 de febreiro desde Adrum Consultores, que asesoraba xuridicamente aos propietarios, mentres a enxeñería Pettra ocupábase do apoio técnico. Fontes da Xerencia sinalaban a mesma semana, pola súa banda, que o alcance dos cambios determinaríase cando se desenvolvese a modificación puntual do Plan, aínda que en principio non serian substanciais.

O cambio do ámbito obedecía aos mesmos motivos que o levaron a cabo polo Concello na Seara, San Roque (desde a parte traseira de Pizarro (Barrio de Ribadavia) ata Couto de San Honorato) e unha peza de O Calvario. Afectados por estes plans gañaron nos tribunais os recursos nos que defendían que o seu chan reunía a condición de urbano consolidado, o que obrigaba a deixalos fóra das urbanizacións.

Fontes o Faro de Vigo e Atlántico Diario.
Rubens Rocha

Catro placas de Vigo históricas

BeFunkyCollage

Unha destas catro placas de rúas é contemporánea aínda que aparente moi antiga e outra e peculiar e as outras duas son as mais antigas da cidade.

A mais antiga o concello de Vigo quíxoa sacar para restaurar no mes de xullo do 2015 e o que conseguiu foi esnaquizala e na actualidade só hai un anaco no seu lugar, foi denunciada, non serviu para activar ningún protocolo de recuperación xa que parte da placa continúa encostada ao muro. A ficha do PXOM correspondente á placa de dita
rúa sinala que é un ben que goza da protección integral da lei. É unha placa esculpida en mármore, que presenta un ilcanallarubens_Avenida Manuel Olivé_Vigo_2016veteado sobre o que se inseren en bronce as letras que dan nome á rúa de acceso ao castelo de O Castro, engalanadas por unha borla decorativa fundida tamén en bronce.

A segunda mais antiga o concello de Vigo a sacou da vivenda onde estaba inserida o que colevou sufrir danos e tivo que ser restaurada perdendo así o seu valor. Todo para construir a praza das Apertas. Praza situada entre a rúa Pi y Margall / rúa Lopez Mora e Camiño dos Pazos. A ficha do PXOM sinala que ten un nivel de protección integral polo que debería ser conservada.

A terceira mais antiga é a placa mais consentida polos veciños de Teis xa que dita placa desde que foi colocada ata hoxe os veciños e veciñas preocupáronse por mantela como o primeiro día facendo así uns auténticos vigueses e viguesas que aman o seu patrimonio herdado. (No barrio de Teis).

Aínda que dous delas tampouco teñen a antigüidade suficiente como para ser cualificadas de históricas. Curiosamente, as dúas placas máis veteranas que se conservan, están situadas no mesmo edificio que fai esquina a cálelas Doutor Corbal e Sanjurjo Badía.

O caso de Sanjurjo Badía é moi singular porque tanto no inicio da rúa como no final sitúanse dúas placas de gran valor artístico e histórico. Se ao comezo atópase unha placa exenta, apoiada nunha columna, totalmente feita de bronce, ao final da rúa, a mesma figura do insigne industrial apóiase sobre unha placa de mármore. Ambos os elementos está protexidos.

A contemporánea: Avenida de Sanjurjo Badia.
A mais antiga: Avenida Manuel Olivé.
A segunda mais antiga: Calle de Lopez Mora.
E terceira peculiar: Avenida del Dr.Corbal.

As duas placas mais antigas da cidade que aínda resisten a pesar de moitos atentados que recibiron por parte de persoas do concello que descoñecen o trato que deben levar e a mostra esta no anaco que so queda da primeria placa historica que vichedes anteriormente.

PD. Cuidemolas xa que son o mais antigo que temos.

Rubens Rocha

#‎OsRestos #‎VigoVerdade‬

ை Vigo flashback: Proxecto milla verde.

ilcanallarubens_proyecto milla-verde-grafico

Por maio do 2014 informábase un novo proxecto para a cidade de Vigo, Abel Caballero o gobernante da torre do concello da Detroit Viguesa a conexión “verde” Travesas-Samil, un BULEVAR en que o comparo co Central Park. O BULEVAR pasaríase a chamar agora a “milla verde” que tería 1,8 quilómetros de CoiaSamil o proxecto bautizado como a MILLA VERDE o anuncio 2 meses despois do antigo chamado BULEVAR.

Este proxecto con algúns reaxustes en viais e rotondas tras aceptar en parte 23 alegacións e desestimar 9. Iniciará o procedemento expropiatorio sen descartar acordos de cesión cos donos. Terá unha anchura de 30 metros.

O proxecto da milla verde entre Coia e Samil a través da avenida de Europa está un pouco abandonado na actualidade pero naquel martes 15 xullo, en Faro de Vigo informaba que estaba máis preto de facerse realidade cinco anos despois de que o Concello o encargase ao estudo dos arquitectos Salvador Fraga, Francisco Javier García-Quijada e Manuel Portolés. O consello da Xerencia de Urbanismo aprobou o venres 18 definitivamente o Plan Especial do paseo, unha ambiciosa operación a desenvolver en cinco fases que abranguerá unha franxa de 116.450 metros cadrados e con 1,8 quilómetros de lonxitude. O documento recibiu 32 alegacións na fase de exposición pública, das que 23 teñen sido estimadas parcialmente, aínda que os reaxustes realizados non afectan á superficie do ámbito nin ás características xerais da senda, que tendria 30 metros de ancho con zonas verdes, carril bici e parques, entre outras dotacións públicas para uso dos cidadáns.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

A milla verde recorreria a marxe dereita en sentido descendente da avenida de Europa cara a Samil ao longo de seis ámbitos do PXOM (Cruceiro, Pertegueiras, Dunas, Tomás Paredes, Fontes Pertegueirase Millareira) onde se prevenian urbanizacións que inclúen a reserva de chan para os diferentes tramos do paseo. O Concello iniciará tras a aprobación o expediente de expropiación dos terreos, valorados en 11,7 millóns no proxecto, e estudiaria, segundo sinalaban fontes municipais, acordos cos donos, xa sexa mediante permutas ou a través de cesións da edificabilidade que lles corresponde dentro das urbanizacións previstas. O plan afecta a máis dun centenar de parcelas, catro delas con vivendas.

O proxecto formulábase a longo prazo, en cinco etapas, e a construción do paseo estaba presupostada en 7,8 millóns polo que, sumado ao valor do chan que é necesario ocupar, a operación roldaría os vinte millóns de euros.

Fundación Sales

O paseo cruza os xardíns da Fundación Sales. Os seus responsables presentaron unha alegación solicitando a exclusión dos seus terreos do ámbito do plan ao argumentar, entre outros motivos, que o proxecto divide o xardín, cun patrimonio botánico de gran riqueza, e pon en risco a súa integridade e visibilidade. Os redactores do proxecto responderon a iso dicindo que “non” hai perigo de mutilación ningunha” do espazo natural, e mesmo se deixa marxe para unha posible ampliación futura. O proxecto integraba tamén a braña da Fochanca, formado por bosque de ribeira, unha frondosa vexetación e fauna diversa.

Outro grupo de alegantes solicitaba que se demore a construción do paseo ata que exista un maior desenvolvemento urbanístico do PXOM na zona. Os arquitectos contestaban no seu informe tras estudalo que o Plan Xeral reflicte a milla verde como un “obxectivo prioritario”, e en todo caso a operación se materializaría cun programa de etapas “flexible”.

Os principais reaxustes refírense a viais afectados pola actuación e correccións en datos de propiedades. Os autores do plan especialhabian realizado os cambios para o efecto e proposto alternativas para situar as rotondas que se instalarían na avenida de Europa para mellorar a mobilidade e os accesos a Alcabre e Navia.
Varias das alegacións presentadas sostinieron que o proxecto vulnera as determinacións do Plan Xeral. A iso responderon os redactores que o ámbito a ocupar delimitado no proxecto coincide co do PXOM e simplemente eran necesarios axustes no viario afectado. O plan especial, inicidial neste punto, conta con todos os informes favorables, dende o visto e prace do departamento autonómico de Protección de Patrimonio Cultural ata o de Estradas do Estado e o da área de Mobilidade do Concello. A Xunta determinou polo ano 2009 que non era necesario sometelo ao procedemento de avaliación estratéxica ambiental.

A aprobación definitiva do plan chegaría dous anos despois da inicial. O proxecto naquel entón avanzaba con lentitude e era necesario cubrir todo o trámite expropiatorio ou de ocupación por acordo mutuo. Paralelamente os arquitectos presentaron o proxecto de urbanización. Aínda que as obras dixeron que empezarían no prazo aproximado dun ano na actualidade non se ve tal inicio das obras, aínda serán necesarios varios máis ata despois das municipais do 2015 se o actual alcalde revalida o seu cargo para ver se este proxecto vai poñerse en marcha, todo me indica que parece ser que se así que teriamos o Central Park Vigues segundo así o comparo o gobernante da torre do concello da cidade da Detroit Viguesa, Abel Caballero, segundo Abel Caballero dixo que se recuperaría unha ampla avenida na que agora prima o tráfico de vehículos a motor fronte ao peonil e de ciclistas.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]