Archivos por Etiqueta: Real Club Celta

O Celta non se politiza!


■ A empresa deportiva Real Club Celta fai caso omiso aos seus siadeiros/abonados/simpatizantes cando din que o clube non é pra facer política, o clube ten que escoitar a sua xente, xente que deixa o seu salario nel.

■ E lamentabel que dita empresa este cada vez máis politizada.

■ A liorta que ten dita empresa co Concello, o Concello con ela.

■ 1º lugar ás liortas insitucionais, 2º lugar o negocio e 3º lugar o deportivo.

■ O Celta como insitución non se merece nin mereceu ter uns dirixentes como o Horacio e actual.

■ Os custos das entradas elevado e cada vez menos xente indo a Balaidos.

■ Que pensarían hoxe os fundadores galeguistas do Celta no 1923 se visen que na sede que se dí de todos acolle unha charla sobre a unidade do estado español.

■ En resumidas contas, a deriva emocional dos simpatiazantes/siadeiros cada día aumenta como as criticas a xunta directiva e onte na rúa do Príncipe e nas redes sociais.

■ Debería o capital do clube traballar pola unidade do celtismo e coa contorna social en lugar de prestarse a batallas rancias pola unidade allea empregado coma instrumento con data de caducidade política. A primeira vez foi un erro, pero cando o erro se repite denota un problema e causa unha fenda. Agardemos que non se convirta en irreparable.

■ O Celta non se politiza.

■ O Celta non é a casa feixista.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Convocan para mañá unha nova concentración no Hospital Álvaro Cunqueiro

ilcanallarubens_entradaprincipal hospital álvaro cunqueiro_2016-758x303

Os convocantes son a Xunta de persoal do Chuvi e Plataforma SOS Sanidade

A xunta de persoal do Chuvi e a plataforma SOS Sanidade Pública levan un verán quente de mobilizacións e despois da concentración da semana pasada no Hospital Meixoeiro agora tocalle ao Hospital Álvaro Cunqueiro, as protestas de xullo poderiase estenderse ao mes de agosto. Os colectivos reclaman o rescate público do hospital Álvaro Cunqueiro, a aperturade todas as camas de hospitalización, a posta en marcha da unidade de críticos/as no Meixoeiro e un plan de choque contra as listas de espera, ademais de rexeitar calquera derivación á sanidade privada.

Convocan para o xoves 14 ás 12.00 horas, ou sexa maña mesmo, terá como escenario a porta de consultas externas do hospital Álvaro Cunqueiro, co obxectivo de reclamar o seu rescate para a sanidade pública. A continuación desenvolversanse novas protestas o xoves 21 (na antiga entrada de Urxencias do hospital Xeral ás 20.00 horas) e o 28 (na sede do Sergas na rúa García Barbón ás 12.00 horas).

Unha vez rematado o calendario reivindicativo, xunta de persoal e SOS Sanidade avaliarán a posibilidade de repetir o ciclo de mobilizacións no mes de agosto para seguir a reclamar tamén a apertura de todas as camas de hospitalización e un plan de choque para reducir as listas de espera, ademais de rexeitar calquera derivación á sanidade privada.

Rubens Rocha

Cartaz da concentración

ilcanallarubens_SOS Meixoeiro e Xunta de Persoal do Chuvi cartaz concentracion_2016_Vigo

Caballero culpa aos técnicos do atraso das obras de Balaídos

ilcanallarubens_obras-balaidos_00_2016-758x506

«Os cálculos iniciais dos enxeñeiros non eran os adecuados», dixo o alcalde

Á espera de saber si o atraso das obras de rehabilitación do estadio de Balaídos afectan ao comezo da liga, o alcalde vigués identificou onte, por primeira vez, o motivo do incumprimento dos prazos previstos. «Os cálculos iniciais dos enxeñeiros non eran os adecuados», asegurou en referencia á necesidade de reforzar as columnas de formigón que van suxeitar o novo peche e que ata agora soportaban as bañeiras de formigón que igualmente aguantaban a cuberta e que foron retiradas.

En calquera caso, Caballero non quere nin oír falar de que corran risco os partidos da UEFA agora que o Celta , tras unha década, logrou participar de novo nesta competición europea. Está convencido de que non vai pasar nada e que poderán celebrarse os partidos que lle correspondan, optimismo que se ratificará como acertado cando a final de mes acudan ao estadio vigués os inspectores da UEFA.

Os problemas que atravesa o recinto municipal teñen como causa a necesidade de compatibilizar as obras coa celebración dos partidos do equipo. Así vén facendo desde hai máis dun ano e así seguirá ata que finalice a reforma, nun prazo que ninguén acerta a definir pero que será maior que o inicialmente anunciado de agosto do 2017.

Elevado investimento

«Balaídos levaba 32 anos esperando e houbo que agardar a que eu fose alcalde para iniciar esta gran reforma», foi a súa resposta cando se lle mencionaron os problemas que se están xerando. «Eu preguntábame que había que facer cando caían cascotes. E o que había que facer é isto, o que estamos a facer Concello e Deputación, que estamos a investir 30 millóns de euros para rehabilitar Balaídos», sinalou.

Orgulloso do proxecto, o rexedor chegou a cualificalo de «inconmensurable», sinalando que «nalgúns sitios teñen que pechar [o estadio] case unha tempada para poder reformalo, trasladando o lugar de xogo dos equipos, pero aquí estase facendo sen afectar as competicións». Destacou que o único pescozo de botella é precisamente o actual, cando foi preciso esperar ao final da liga para retirar as bañeiras de formigón.

A falta de proxecto de iluminación pode afectar á retransmisión de partidos

As dúas torretas de iluminación situadas nos extremos da bancada de Tribuna deixarán de cumprir a súa función de iluminar o campo cando se instale o novo peche de aluminio azul, o que se producirá nas próximas semanas. O motivo, o peche que hai que colocar está moito máis voado e chega ao límite do terreo de xogo.

Desta forma, conséguese o efecto buscado de que a choiva deixe de ser un problema para os espectadores. Con todo, unha consecuencia engadida é que dificulta, practicamente impide, que estas torretas iluminen o campo.

As fontes consultadas próximas ao proxecto aseguran que a iluminación non foi tida en conta, o que ten contra as cordas ao club. A normativa da liga no relativo á iluminación é cada vez máis esixente, pensando sobre todo nas retransmisións televisivas. O último cambio consiste en reclamar aos clubs que a acendan aínda que os partidos se xoguen de día, e sempre hora e media antes da hora fixada para o seu inicio.

Nestas condicións, Concello e Celta terán que tomar decisións de inmediato, especialmente a pouco máis dun mes do comezo dunha liga que ten características especiais para o club. O fin de semana do 20/21 de agosto empeza esta competición, e tras o sexto posto do curso pasado busca repetir ou mellorar este éxito. E o 15 de setembro está fixado o primeiro partido da UEFA, que os afeccionados levan anos esperando.

Aínda que o Concello citou á construtora Copasa para acelerar o reforzo de columnas, ignórase si mantén conversacións co club para resolver o espiñento, e previsiblemente custoso, problema da iluminación.

Periga a UEFA en Balaídos polo ritmo da obra de reforma

ilcanallarubens_obras-balaidos_01_2016-758x480

Celta e grupo municipal popular sinalan que os prazos se incumpren e que o estadio non superará así a inspección para poder disputar en casa a liga Europa

O Celta e o grupo municipal popular coincidiron onte en actos distintos na súa certeza de que as obras de reforma do estadio non estarán a tempo para o inicio da liga e que mesmo periga que o club vigués poida disputar a Europa Ligue en Balaídos.

Fontes da sociedade deportiva viguesa sinalaron que os inspectores da UEFA chegarán o 28 de xullo para ver a situación en que se atopa o campo e para validalo para a competición europea e advertiron de que a día de hoxe sería imposible que lle desen o seu visto e prace. No Celta hai convicción de que os traballos están a avanzar a un ritmo moi distinto ao anunciado: tería que estar preparada a bancada de Tribuna para poder acoller os espectadores co inicio da liga, en agosto.

No Celta tamén se advertiu de que o Memorial Quinocho estaría case imposible, xa que se disputa na primeira quincena de agosto.

Sobre este asunto, o arquitecto Pedro da Ponte, deseñador do novo Balaídos, indicou onte a preguntas deste diario que o operativo “segue máis ou menos o calendario establecido”. En todo caso, lembrou que a obra non estará terminada ata decembro e que o compromiso era ter para o inicio da liga “e aínda non se sabe cando comezará e se o Celta xoga ao principio en casa ou fóra”.

Pola súa banda o grupo municipal do PP mantívose na mesma posición que o Celta e asegurou en rolda de prensa que a bancada de Tribuna non estará lista en ningún caso para o inicio da liga, o 21 de agosto, polo “importante atraso” que acumulan as obras, “practicamente paralizadas”.

O edil popular tamén dubidou de se o Celta poderá xogar a Europa League en Balaídos ou se terá que desprazarse a outro estadio, en vista de que os inspectores da UEFA inspeccionarán o recinto unha vez conclúa a Eurocopa. Fidalgo criticou as “case inexistentes relacións” entre o Celta e o Concello, e remítese ao descontento expresado polo presidente, Carlos Mouriño, coas “falsas promesas” do goberno local sobre os terreos para o proxecto da cidade deportiva.

 

ை Vigo flashback: A cidade deportiva do Celta

ilcanallarubens_ciudaddeldeporte_realclubcelta_valladaresO Celta de Vigo supostamente construiría a súa cidade deportiva na parroquia viguesa de Valadares, tras asinar o acordo urbanístico o presidente do club, Carlos Mouriño, e o alcalde da cidade, Abel Caballero isto no día 8 de marzo de 2013 xusto hai un ano no día de hoxe.

Benvidos e benvidas a outro capitulo de Vigo Fashback, capitulo dedicado a esa cidade deportiva fantasma que na actualidade non existe a pesar dese acordo asinado polo club celeste e o alcalde da cidade.

A devandita cidade deportiva abranguería unha superficie de 208.000 metros cadrados, preveia a creación de 10 ou máis campos de fútbol, un centro de alto rendemento, un pavillón deportivo multiúsos, un edificio administrativo, unha residencia para os deportistas e un hotel, todo isto dito polo tenente alcalde da cidade de Vigo Carmela Silva nunha rolda de prensa.

Naquela rolda de prensa anunciou ademais que o aquel venres 15 de marzo se iniciaría a incoación do expediente no consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, que era o primeiro paso administrativo para dar vida ao proxecto.

Naquel entón dicíase: “Hoxe é un día vital para o Celta porque recolle os sonos que tivemos. Agora esperemos que neses dous anos de trámite poidamos conseguir o inicio desta cidade deportiva que tardará dous anos en rematarse a primeira fase”, aseguraba o presidente do club vigués durante a súa intervención naquel entón.

O máximo accionista do Celta, que estivo arroupado por varios dos seus directivos hai un ano atrás, indicou que a ampliación das actuais instalacións deportivas na Madroa era “imposible”, por iso aceptaron a situación en Valadares.

Naquela rolda de prensa un directivo do club celeste dicía: “Se queremos un Celta forte en Primeira División temos que facer un esforzo tremendo pola canteira. Debemos de ser ambiciosos en todos os aspectos e hoxe estámolo a ser. Queremos unha nova cidade deportiva porque seguimos pensando que a canteira ten que ser a base do noso primeiro equipo”.

Naquela rolda de prensa o presidente do club celeste Carlos Mouriño dixo: “Na Madroa non hai posibilidade de crecer e por iso demos ese paso tan importante para o club e para a cidade. Non pararemos este proxecto independentemente da categoría na que xogue o primeiro equipo. O futuro do Celta pasa por esta cidade deportiva”.

Por parte do alcalde da cidade, Abel Caballero cualificou a posta en marcha da cidade deportiva do Celta como “un fito importante” no desenvolvemento da cidade. “Estou seguro de que esta cidade deportiva vai marcar o futuro do deporte durante o seguinte século”. “Valladares é o mellor sitio posible para acoller este ambicioso proxecto que está en marcha e xa é imparable”, reiterou o rexedor vigués, quen se comprometeu a solucionar os trámites administrativos nun prazo máximo de 24 meses.

Hoxe pasado xa 12 meses parece ser que o dito e presentado naquela rolda de prensa non se sabe nada.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]