Archivos por Etiqueta: realidade

A empatía é o «mellor antídoto» contra o prexuízo

Unha investigación realizada por un equipo da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Córdoba (UCO) demostrou a relación indirecta entre a empatía e o desenvolvemento de prexuízos a través da personalidade e as actitudes ideolóxicas.
 
A UCO explicou que se trata dun concepto complexo de precisar e aínda máis difícil de encadrar conceptualmente como obxecto de estudo debido a que se lapela con outras calidades como a intelixencia emocional ou a amabilidade.
 
O catedrático do Departamento de Educación da Universidade de Córdoba José Luis Álvarez Castillo definiu a empatía como «a capacidade de tomar a perspectiva doutra persoa desde un punto de vista cognitivo e emocional».
 
Precisamente, o seu grupo puxo a lupa sobre o comportamento empático e tentou desentrañar o impacto e a asociación que poida existir entre a empatía e o desenvolvemento de prexuízos.
 
Segundo os resultados arroxados pola investigación, a empatía non chega a ter efectos directos sobre o prexuízo, aínda que si inflúe de forma indirecta a través da propia personalidade e as actitudes.
 
Concretamente, mediante a apertura á experiencia e o que a literatura científica denomina «autoritarismo de dereitas», unha actitude relacionada coa defensa da estabilidade social e dos valores que un percibe como propios da súa cultura.
 
Por tanto, se unha persoa é escasamente empática, existe certa probabilidade de que puntúe alto en «autoritarismo de dereitas», e indirectamente sería máis susceptible a prejuiciar e, posiblemente, a desenvolver condutas discriminatorias cara a determinados grupos.
 
Segundo explica o profesor Álvarez, a súa investigación tomou como punto de partida un modelo dual moi consolidado de predición de prexuízo desenvolto por John Duckitt, profesor emérito na Universidade de Auckland e experto en psicoloxía social.
 
Este sistema é capaz de predicir o prexuízo que pode desenvolver unha persoa tendo en conta trazos de personalidade tales como a apertura á experiencia e a amabilidade, así como dúas actitudes ideolóxicas, o xa mencionado «autoritarismo de dereitas» e a «orientación á dominancia social».
 
O grupo de investigación valeuse deste modelo que inicialmente contemplaba trazos de personalidade, visións do mundo e actitudes, e incorporou a empatía para observar como se comporta esta a a hora de predicir prexuízos cando se inclúe nun conxunto amplo de variables.
 
Durante o estudo recompiláronse datos de máis de 250 mozos cun deseño transversal no que se utilizaron instrumentos de auto informe, derivando en resultados obtidos mediante análises de ecuacións estruturais.
 
Por iso, segundo Álvarez, o estudo demostra que «a empatía segue importando aínda que se insira en modelos complexos, e segue sendo unha variable forte á hora de explicar por que unha persoa desenvolve unha avaliación negativa cara a determinados grupos», dita negativa cara determinados grupos a estigmación social chegando a aporofobia sector que fomenta «autoritarismo de dereitas».

A miseria da cidade fermosa | #VigoVerdade 16

Nalgunhas grandes concentracións urbanas do conxunto do planeta existen núcleos de poboación de extrema pobreza e marxinalidade, Vigo ten numerosos nucleos dos cales se desatende o concello no canto de combater a pobreza escóndea. Normalmente son terreos orixinariamente ilegais que lentamente se foron poboando de maneira caótica e desordenada e onde as condicións de vida son moi precarias, na cidade Viguesa empregan numeros inmobles abandonados como o vello asilo de Hermanitas dos Anciáns Desamparados, a zona de Marques de Valterra, Barrio do Cura e Beiramar tamén se poden atopar estes asentamentos coñecidos como choupanos en foma de chabolas no barrio da Salgueira, Cabral, Pontenovo, Barrio de Ribadavia…

En canto ao termo, provén do portugués que se fala en Brasil e alude a unha planta moi resistente, a faveila, que foi utilizada no século XlX para construír os fogares dos primeiros residentes deste tipo de suburbios nalgunhas cidades de Brasil. Aínda que este fenómeno está asociado ás grandes urbes de Brasil e de América Latina, é unha realidade global que aparece en grandes cidades de África, Asia ou en países como España (en España emprégase a palabra chabola para designar as infravivendas destas zonas urbanas). Desde un punto de vista urbanístico, os choupanos carecen dos servizos básicos (abastecemento de auga potable, electricidade e servizos á comunidade). Hai que ter en conta que en Vigo son zonas que se desenvolveron xentrificación ou especulación urbanística ou esperan facer un pelotazo urbanistico.

Desde un punto de vista social, os choupanos son un foco de pobreza, marxinación. Teñen unha densidade de poboación moi elevada aínda que para o ollo do vigues e viguesa créase os eslóganes do concello dicindo que “non hai xente sen teito” e que “ninguén dorme na rúa”, Vigo é a cidade de toda Galiza que ten a taxa mais grande de desemprego.

Os problemas sociais asociados coas persoas que son abocadas a vivir en choupanos na cidade de Vigo son: fracasos sentimentais, despedimentos, desafiuzamentos, fracasos empresariais; todo isto na cidade de Vigo as persoas que sofren ese revés na vida algunhas persoas acaban desnutridas, alcohólicas, tocadas emocionalmente e psicologicamente.

A sociedade Viguesa nestes últimos tempos han caido na ‘ aporofobia’, un termo acuñado por a catedrática de Ética e Filosofía Política da Universidade de Valencia, Adela Cortina que hai máis de 20 anos, fai referencia, tal e como se recolle no seu libro, “ao rexeitamento, aversión, temor e desprezo cara ao pobre, cara ao desamparado que, polo menos en aparencia, non pode devolver nada bo a cambio”. A posibilidade de que as persoas poidan saír da situación de pobreza e abandonar a exclusión social ten un efecto de culpabilización individual das persoas da súa situación de pobreza, xa que non se teñen en conta as circunstancias sociais, políticas e/ou económicas que inflúen nos procesos de exclusión. As crenzas e mitos xerados neste proceso de culpabilización son as ideas que subxacen á aporofobia (“están na rúa porque queren”, “terían que poñerse a traballar”, “son uns vagos”, etc.)

O choupano non é o único foco de espazo urbano marxinal. De feito, cando as cidades europeas empezaron a crecer descontroladamente na Idade Media, desenvolvéronse espazos urbanos asociados ás clases máis humildes, os arrabaldes. Na maioría de cidades actuais existen os coñecidos suburbios, barrios marxinais e degradados.

Un exemplo de suburbio moi particular é o dalgunhas cidades de Francia. Este fenómeno é coñecido coa palabra banlieue, barrios da periferia nos que hai unha tensión social permanente.

A exclusión social no espazo urbano ten nomes diversos: favela, suburbio, arrabalde, banlieu ou guetto. Independentemente da palabra que empreguemos, as persoas que viven neles atópanse unha especie de apartheid no que as institucións non lles dan ningunha solución e en Vigo os dous albergues xa que moitas persoas senteito “REXEITAN” acudir ao albergue segundo declaracións do alcalde, desistiron de achegarse ao quedarse fóra noutras ocasións (como a mesma noite de fin de ano do pasado ano), xa que só hai 38 prazas. Noutros casos, ao só poder permanecer dez días prefiren ocupar outro espazo onde poidan continuar o resto do mes xa que se non, atópanllo ocupado ao volver verse na rúa.

E como solo decir “Vivimos nunha cidade envoltorio onde a xente no canto de ver para a xente ve para o envoltorio o cal deixa ás persoas aparvadas polo envoltorio e polo personaxe que pon ditos envoltorios que pregoa que non hai xente durmindo nas rúas”.

E volvo decir ““Non me vou a dar por vencido e denunciarei publicamente a pobreza da cidade de Vigo””

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

A miseria da cidade fermosa | #VigoVerdade 15

Ola de novo xente marabillosa, hoxe nesta nova entrada na serie “A miseria dá cidade fermosa” veño falar de algo que me esta preocupando na sociedade da Detroit Viguesa, cal e? pos nin máis nin menos que esa infección que esta mais que propagada, esa chamada aporofobia.

A catedrática de Ética e Filosofía Política da Universidade de Valencia, Adela Cortina, defende no seu libro aporofobia, ‘ Aporofobia, o rexeitamento ao pobre. Un desafío para a democracia’ (Editorial Paidós) que non todos os estranxeiros son tratados por igual xa que se recibe “con alegría” a chegada de turistas pero “parece que molestan os refuxiados e inmigrantes”. Un discurso que “desgraciadamente” foi utilizado por algúns políticos como Donald Trump ou Marien Lle Pen para conseguir votos e quen, segundo Cortina, atacan só a “os estranxeiros que son pobres”.

O termo ‘ aporofobia’, acuñado por Cortina hai máis de 20 anos, fai referencia, tal e como se recolle no seu libro, “ao rexeitamento, aversión, temor e desprezo cara ao pobre, cara ao desamparado que, polo menos en aparencia, non pode devolver nada bo a cambio”.

Na wikipedia

A aporofobia (do grego άπορος ( á-poros), sen recursos, indixente, pobre; e φόβος, ( fobos), medo)refírese ao medo cara á pobreza e cara ás persoas pobres. É a repugnancia e hostilidade ante as persoas pobres, sen recursos ou desamparadas.

É un neoloxismo incluído no Dicionario da Real Academia Española, considerado “neoloxismo válido” pola Fundación do Español Urxente​ e pouco usado por medios de comunicación e si polos profesionais.

O concepto de aporofobia foi acuñado pola filósofa Adela Cortina nos anos 1990​ para diferenciar esta actitude da xenofobia, que só se refire ao rexeitamento ao estranxeiro e do racismo, que é a discriminación por grupos étnicos. A diferenza entre aporofobia e xenofobia ou racismo é que socialmente non se discrimina nin marxina a persoas inmigrantes ou a membros doutras etnias cando estas persoas teñen patrimonio, recursos económicos e/ou relevancia social e mediática.

A aporofobia é o odio, medo e rexeitamento ás persoas pobres. A pobreza é unha característica circunstancial na vida dos seres humanos e en ningún caso forma parte da identidade. A pobreza non é unha condición permanente das persoas, senón unha situación indesexable e inxusta, pero superable.

A posibilidade de que as persoas poidan saír da situación de pobreza e abandonar a exclusión social ten un efecto de culpabilización individual das persoas da súa situación de pobreza, xa que non se teñen en conta as circunstancias sociais, políticas e/ou económicas que inflúen nos procesos de exclusión. As crenzas e mitos xerados neste proceso de culpabilización son as ideas que subxacen á aporofobia (“están na rúa porque queren”, “terían que poñerse a traballar”, “son uns vagos”, etc.).

A aporofobia transmítese a partir dunha construción social que relaciona ás persoas pobres con delincuencia, situándoas no imaxinario social como posibles delincuentes antes que como potenciais vítimas da discriminación e a violencia.

Existen políticas públicas orientadas á seguridade e á convivencia así como prácticas xornalísticas ao redor da pobreza e a exclusión social que favorecen a transmisión dunha imaxe de criminalización da pobreza. Estas prácticas políticas, sociais e mediáticas xeran representacións deshumanizadoras das persoas en situación de extrema pobreza e crean unha distancia simbólica entre “nós” e “eles”.

Deste xeito, a través de procesos de deslegitimización e exclusión moral a cidadanía non senten obrigada a aplicar as normas morais, regras sociais e consideracións de xustiza que aplicarían coa poboación que non está excluída socialmente.

Desgrazadamente

Na cidade de Vigo e cada día máis palpabel dita infección e para iso non hai máis que coller os medios de comunicación como FdV, La Voz de Galicia e outros e ver nos comentarios das suas noticias na rede social Facebook, e eu preguntome; onde foi a parar iso de que Vigo é solidaria coa xente que non ten teito e non ten traballo? onde esta a solidariedade que tanto di e presume Vigo? cada día que pasa a sociedade viguesa máis individualizada e apática, triste pero a crua verdade.

E volvo decir ““Non me vou a dar por vencido e denunciarei publicamente a pobreza da cidade de Vigo””

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Chegou o inverno, concretamente hai 3 días da sua entrada oficial, sobe a factura da luz e a pobreza enerxéticA

 

Chegou o inverno, concretamente hai 3 días da sua entrada oficial, sobe a factura da luz e a pobreza enerxética. A arrepiante cifra de que uns catro millóns e medio de persoas enfrontaranse en España a situacións de pobreza enerxética. Resulta evidente que as partidas orzamentarias destinadas ás políticas sociais non dan resposta ás necesidades dos millóns de españois que se han empobrecido e perderon poder adquisitivo durante os últimos anos.

Actualmente en España hai 12,9 millóns persoas -o que supón o 27,9% da poboación- que se atopan en risco de pobreza ou exclusión social. Ao mesmo tempo, polo empeño do Goberno por apostar polas enerxías sucias e caras como o carbón e o gas, o recibo da luz acaba de subir outro 2% e encadea o seu terceiro mes consecutivo á alza. As familias españolas cargamos co custo da electricidade máis alto de toda Europa, non so en España senon en Galiza temos o recibo da luz máis cara que o resto das partes de España a pesares de que somos un gran productor de enerxia, e as que menos gastamos sufrimos máis en comparación coas nosas homólogas europeas.

Incluso o decreto polo que pon en marcha as novas normas para acceder ao bono social eléctrico, é unha medida con fortes lagoas e, segundo admite o propio Executivo, non vai atallar ese problema social: calcula que tan só o 45% dos fogares que poden beneficiarse desas axudas acolleranse a elas. Unha vez máis, é a poboación máis vulnerable a que resulta máis prexudicada, coas correspondentes consecuencias para a súa saúde e a súa calidade de vida.

E quen asume os custos destas medidas paliativas e insuficientes? Curiosamente, o Executivo non vai asumir o custo do novo sistema de bono social, cárgallo a Servizos Sociais nas Comunidades Autónomas e os concellos sen que estes reciban achegas orzamentarias adicionais. Novamente e coa conivencia do Goberno, as eléctricas nunca perden, van cobrar das administracións, e a responsabilidade dos cortes, cando os haxa, van ser dos servizos sociais nas administracións locais e autonómicas, que viron como o seu incremento orzamentario – previsto para o 2018 – quedaba conxelado con esta prórroga.

Así, prorrogando, trasladando responsabilidades e socializando as perdas cando os beneficios non se reparten, o Goberno segue escribindo a historia dun sector público cada vez máis mermado para o exercicio das súas funcións.

O 19 decembro de 2017 en todos os xornais do estado español publicaban que “Endesa e Gas Natural enfróntanse a unha sanción de 6 millóns en plena escalada ‘do Nadal’ do recibo” para eles esa sancion de 6 millons de euros son calderilla pero para moitas das familias que hai no estado e unha tortura, seis millóns de euros pola presunta alteración dos prezos da electricidade entre os meses de outubro de 2016 e xaneiro de 2017. A Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia ( CNMC) incoou expediente sancionador a ambos os grupos ao detectar diversos «indicios» de que forzaron unha alza do custo da luz nos seus centrais de ciclo combinado de gas co obxectivo de elevar os seus ingresos. O expediente prodúcese en plena escalada dos prezos eléctricos, que esta semana poderían tocar máximos desde xaneiro ao superar os 70 euros por megawatt hora segundo a súa cotización no mercado de futuros.

Na noticia do 19 de decembro de 2017

A Dirección de Enerxía do regulador dáse agora un prazo de 18 meses para determinar se realmente houbo actuación irregular por parte das dúas eléctricas. O organismo sostén que ambas as empresas ofertaron prezos «anormais e desproporcionados» en varias das súas plantas para evitar que estas casasen as súas ofertas de forma previa no mercado, o que as deixaba en situación de reserva para atender posibles imprevistos por un aumento da demanda maior ao estimado ou unha diminución da oferta pola menor presenza de renovables ou a parada doutras instalacións.

O regulador cre que as eléctricas levaron a cabo esta práctica en repetidas ocasións tendo plena seguridade de que os seus centrais -dada a situación do mercado- ían ser recrutadas para xerar luz a un prezo moi superior ao ofrecido polo mercado almacenista diario, onde xa de seu rexistrábanse as cotas máis altas desde 2013. Por aquelas semanas confluían unha serie de eventos que reduciron a oferta eléctrica -parada de varias nucleares en Francia, falta de choiva e vento- e outros que incrementaron a demanda, como a chegada do frío.

«Esta conduta executouse con pleno coñecemento por parte da empresa da alta probabilidade de que estas centrais resultasen programadas por restricións técnicas en caso de non ser despachadas no mercado diario, ao ser necesario habitualmente algún grupo térmico para a seguridade do sistema eléctrico nas zonas onde estas centrais sitúanse, podendo obter uns ingresos superiores aos que obtivesen derivados da súa participación mercado diario», explica o director de Enerxía do regulador, Fernando Hernández, no acordo de incoación de expediente asinado o pasado 16 de novembro, ao que tivo acceso O MUNDO.

O regulador considera que Gas Natural levou a cabo esta práctica «durante varios días» en cinco dos seus centrais de ciclo combinado de gas que utilizan este hidrocarburo para xerar electricidade, todas repartidas pola zona de Levante. No caso de Endesa, a CNMC só apunta á planta de Besós (Barcelona), que comparte en propiedade coa eléctrica catalá.

A CNMC incoou o expediente tras realizar unha ampla investigación que levou aos seus técnicos para viaxar por distintas cidades de Europa para coñecer de primeira man os prezos internacionais do gas e investigar os custos deste hidrocarburo para as compañías eléctricas. Gran parte do traballo desenvolveuse en Liubliana (Eslovenia) en cooperación coa Axencia de Coordinación de Reguladores Enerxéticos (ACER, polas súas siglas en inglés), que ten alí a súa sede.

Gas Natural negou onte realizar ofertas anómalas e desproporcionadas e asegurou que o expediente da CNMCtiene «erros na súa formulación básica». A eléctrica que dirixe Isidro Fainé considera que «as graves acusacións» carecen de sentido nun mercado liberalizado e asegura que as centrais investigadas están en perdas polo seu pouco factor de utilización. Tanto este grupo como Endesa presentarán as súas alegacións esa mesma semana.

A miseria da cidade fermosa | #VigoVerdade 14

Foto do Vigo 04 decembro de 2017 ás 9:40h | Rúa Rosalía de Castro – Vigo

Esta semana pasada deuse a coñecer as notas ás cidades con máis de 200.000 habitantes en tema de servizos sociais, pois ben, como esta sección só é de ámbito local, digamos que só Vigo, debo de dicir publicamente que a cidade de Vigo a Asociación de Directores e Xerentes de Servizos Sociais de España deulle unha nota de “PRECARIA” no que a servizos sociais refírese.

Pois ben, segundo o concello da cidade na súa voz máis autorizada, voz procedente de Abel Ramón Caballero o seu alcalde di que Vigo é a cidade que máis inviste en servizos sociais, pois digamos que iso NON se cingue á verdade xa que o Ministerio de Facenda di que a cidade de Vigo está situada no posto 2495 entre todos os concellos do Estado Español e que iso o diga o Alcade dos Alcaldes non lle deixa en bo lugar, canto inviste o concello por habitante en servizos sociais? segundo Asociación de Directores e Xerentes de Servizos Sociais de España é de 42,43€ este ano 2017, no ano 2015 era de 66,70€, pero non dicía Caballero que era o Concello de Vigo o que máis investía en servizos sociais? aí os datos vosas as conclusións.

Pola miña banda cabe e sinalar que dita voz tamén presume de que o concello ten débeda CERO non se porque baixaron entón desde o 2015 a 2017 a axuda por habitante de 24,27€, e logo dito concello se queixa como o seu partido o PSOE que non poden contratar a máis xente pola culpa da lei Montoro cando o máis normal e común é presentar nas cortes a derrogación de dita lei cousa que polo de agora NON presentaron dita derrogación.

A foto que encabeza esta pequena editorial desta humilde sección chamada “A miseria dá cidade fermosa” foi tomada o 4 Decembro ás 9:40 h, unha persoa á entrada dunha superficie de alimentación soportando unha temperatura naquel momento de 4º, seguro que moitos de vós diredes que en Vigo hai albergues, se os hai, pero lamentablemente non pode dar subministración á alta demanda que hai nestes días onde as temperaturas son xelidas, de feito o luns cando foi tomada esta foto non había prazas do Domingo a Luns, non había prazas no albergue de rúa Marqués de Valterra.

Numerosos colectivos sociais da cidade de Vigo veñen denunciando a falta de camas desde o ano 2007 no transcurso deses anos puxéronse numerosos parches que co tempo vese que ditos parches non son suficiente, e por non mencionar que hai mecanismos nos cales por emerxencias climatolóxicas pódense habilitar outros espazos onde poñer camas e comida, o concello ten a sua diposición numerosos baixos e locais que no día de hoxe estan no esquecemento e abandono.

 

E volvo decir ““Non me vou a dar por vencido e denunciarei publicamente a pobreza da cidade de Vigo””

Informe Política Social Concello de Vigo

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

A miseria da cidade fermosa | #VigoVerdade 13

Foto do Vigo 29 outubro de 2017 | Rúa X – Vigo

Gústame andar por lugares abandonados e iso é publico e notorio, gústame gravar e fotografar eses lugares abandonados a iso se chama Urbex, o urbex é un dos subtipos de exploración que habitualmente se practican e que pode incluír a visita a lugares abandonados ou non. Normalmente trátase da exploración de zonas afastadas dos núcleos urbanos, zonas industriais, ou abandonadas. A exploración urbana é tamén coñecida comunmente como infiltración, aínda que algúns consideran que a infiltración está máis estreitamente asociada coa exploración de zonas activas ou sitios habitados. Para realizar esta práctica, os exploradores accederán aos devanditos lugares impensables para a maioría, como por exemplo, pola rede de sumidoiros ou por xanelas situadas a tres metros de altura.

Nós os exploradores urbanos, sempre imos ben equipados, e expoñémonos tamén a riscos comúns en lugares con claros signos de decadencia. A natureza desta actividade presenta diversos riscos, incluídos os riscos físicos e a posibilidade da detención e castigo. Moitas, pero non todas, as actividades relacionadas coa exploración urbana poden ser consideradas violación ou violacións das leis locais ou rexionais.

Por parte física, corremos o risco de sufrir accidentes. Outro risco común, poden ser as persoas sen teito póñanse agresivas por ver que estamos a invadir o seu lugar de vida pero en moi poucas ocasións pasa isto xa que pois sempre se mostran colaborativas e fanche de guia pero o mais perigoso son os desprendementos nas edificacións e para iso sempre se ten que ter coñecementos e sempre recomendamos as persoas que non teñen ese coñecemento que non o fagan, coma tamén cando facemos urbex deixamos todo tal como esta non roubamos nin destrozamos o destrozo que xa hai, sempre deixando o lugar tal como o atopamos.

No último que estiven volvín atoparme con outro lugar que a pesar que esta abandonado alberga vida dunha forma moi insalubre.

A pobreza non se ve porque hai institucións que as tenta esconder para non dar unha mala imaxe dunha cidade cara ao turista e iso fala da hipocrisía que existe nesta cidade onde resido que é esa que dicían que era a cidade amigo esa chamada Vigo.

A pobreza non se esconde se combate, se combate con políticas sociais reais non de espellismo… con programas de inserción reais, con vivenda en réxime de aluguer social, con obradoiros de emprego, con emprego… e un longo etc…

Os choupanos non tendrían que existir en lestes tempos, como tampouco as regras ruines e mezquinas dos albergues da cidade, albergues que volvo lembrar que tan só pódense pernoitar 10 días seguidos, dez no albergue da rúa Marques de Valterra e dez no albergue da rúa de Galicia e un mes ten 30 días polo cal pasan 10 ao raso… con ese regulamento moitos deciden non volver porque senten aves migratorias que teñen que ir dun lado ao outro e sintense vilipendiadas.

E volvo decir Non me vou a dar por vencido e denunciarei publicamente a pobreza da cidade de Vigo””

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

A miseria da cidade fermosa | #VigoVerdade 12

Foto do ‎27 de ‎xaneiro‎ de ‎2017 ás 03:32h | Avenida das Camelias

Hai 11 días o Concello de Vigo activaba a unidade de frío para atender ás persoas que rexeitan durmir no albergue. A nota de prensa cutre que o concello emitía por aquel día rezaba:

O rexedor avanzou esta mañá a posta en marcha do dispositivo do frío para atender ás persoas que non queren durmir no albergue.

En previsión da baixada de temperaturas, tratarase de convencer a estas persoas para que pasen estas noites no albergue municipal ou en calquera cos que ten acordos o Concello.

En todo caso, repartirase café quente e mantas, acción na que tamén se contará coa colaboración da Policía Local.

Pois ben, que decir que a crúa realidade dista moito de aquel anuncio feito polo consistorio vigues. como veredes nesta foto aquí publicada una das tantas que fixen nesta semana na que percorrin as ruas na madrugada, a persoa que esta aloxada nun caixeiro automático do BBVA da zona das Traviesesas, o unico que ten que lle cubre e unha fina chaqueta.

Como ben sabedes na cidade de Vigo hai “dous” albergues, un que di que e MUNICIPAL cando tal instalación a explota unha empresa privada cun regulamento que dista de ser un albergue, outro e un albergue baixo o rexime da igrexa.

Por aquel entón cando o alcalde comunicou iso nunha rolda de prensa que ao asunto nin lle deu máis dun minuto, moitos e moitas que sabemos da problemática real existente nesta cidade nos manifestamos decindo as cousas claras, xa vichedes nin un minuto lle presta o alcalde ao tema da pobreza xa que pois como e ben sabido que tenta agocharla como fixo o JESUS GIL na MARVELLA.

Volvo a manifestación/denuncia que alguns fixemos e cabe sinalar unha manifestación en concreto a de OS NINGUENS coa cal concordo con ela xa que sei de boas que é así porque o vivo, que decía:

A maior parte deses senteito que “REXEITAN” acudir ao albergue segundo declaracións do alcalde, desistiron de achegarse ao quedarse fóra noutras ocasións (como a mesma noite de fin de ano), xa que só hai 38 prazas. Noutros casos, ao só poder permanecer dez días prefiren ocupar outro espazo onde poidan continuar o resto do mes xa que se non, atópanllo ocupado ao volver verse na rúa.

Se as prazas fosen suficientes, o albergue privado non municipal Dignidade non estaría colapsado. quen é esa xente? son veciños que si queren entrar no albergue pero que non teñen sitio no municipal.

Hai algunha persoa en Vigo que decide libremente non acudir aos albergues? Si.

Son a maioría á que se refire o que di o alcalde, os que rexeitan ter un teito nestas noites xélidas?

Para nada. Se as condicións son precarias, algúns escollen outras opcións, POR DIGNIDADE.

Esta problemática non se arranxa poñendo á policía para repartir unhas mantas ou café dúas semanas.

NECESÍTASE UN CENSO DE PERSOAS SEN TEITO CUN SEGUIMENTO INTEGRAL

NECESÍTASE UN ALBERGUE CON PRAZAS PARA TODAS.

NECESÍTASE UN CENTRO DIARIO, NON SÓ DE PERNOITA.

Xa abonda de demagoxia e populismo e trapalladas.

Pois ben, cada venres irei publicando as fotos feitas e sempre reservando a intimidade (nomes) dos que me confían os seus padeceres e sentires que estaran baixo un alcume.

E volvo decir “”Non me vou a dar por vencido e denunciarei publicamente a pobreza da cidade de Vigo””

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

A miseria da cidade fermosa | #VigoVerdade 11

Foto do ‎31 de marzo ‎2017 ás 01:32h | Praza Fernando Católico

Volvo mostrar novamente que Abel Caballero non di a verdade ao dicir que NINGUÉN DORME NA RÚA.

Novamente volvo mostrar outra proba que tal afirmación é falsa.

Mentres tanto hai un campamento na praza onde o concello, dito campamento leva máis de 210 días, un campamento contra a pobreza o cal Abel Caballero nin ningún dos seus concelleiros e concelleiras achegáronse a interesarse.

E volvo decir “”Non me vou a dar por vencido e denunciarei publicamente a pobreza da cidade de Vigo””

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

A miseria da cidade fermosa | #VigoVerdade 10

Foto do ‎09 de setembro de ‎2017 ás 11:50h | Rúa Condesa de Casa de Barcena

Isto é Vigo, nun barrio céntrico, a media mañá, familias enteiras asisten a un banco de alimentos privado á espera de que lles dean as bolsas cos alimentos, esta é a pobreza no seu estado máximo e que outros din que non existe e que todo esta emendado.

E volvo decir “”Non me vou a dar por vencido e denunciarei publicamente a pobreza da cidade de Vigo””

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

A miseria da cidade fermosa | #VigoVerdade 09

Foto do ‎15 de ‎maio‎ de ‎2017 ás 15:35h | Rúa Condesa de Casa de Barcena

A cidade que di o seu alcalde que é a que máis axudas sociais da do estado español… seica recibir axudas sociais e recibilas dun contenedor. Foto na cidade que máis axudas sociais da.

E volvo decir “”Non me vou a dar por vencido e denunciarei publicamente a pobreza da cidade de Vigo””

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]