Archivos por Etiqueta: reivindicación

A asociación veciñal de Teis denuncia que o Concello retira a pancarta da ETEA

A Asociación Veciñal de Teis, informa que a primeira hora desta mañá o Concello retirou a pancarta reivindicativa colocada na torre de vixilancia da ETEA, pola asociación este pasado martes.

A Asociación, quere denunciar a actitude do goberno municipal de Vigo, que en vez de preocuparse de mellorar o estado do paseo marítimo, a praia da Punta e dos espazos públicos da ETEA, a súa prioridade e retirar unha pancarta.

O paseo marítimo, realizado polo Concello de Vigo en 2011,  carece de papeleiras, non se realiza un traballo de mantemento habitual neste paseo, onde tamén abunda a vexetación.

A falta de mantemento da ETEA, provoca que a vexetación invada todo e afecta as vivendas próximas, como os edificios da rúa Doutor Corbal, lindeiros con estes terreos. Situación que se denunciou a Concellaría de Parques e Xardíns, e que depende  do Concello.

No caso do espazo do parque público e paseo marítimo, son dous espazos, cun gran potencial desaproveitados, en contacto coa praia da ETEA e A Punta.

Sorprende a rapidez do Concello de Vigo en retirar unha pancarta, pero non dar solucións as demandas veciñais, coma sempre descalificando a Asociación Veciñal de Teis.  

Mentres a preocupación do goberno municipal e retirar unha pancarta reivindicativa, os espazos públicos da ETEA, seguen abandonados pola deixadez da Xunta e do Concello de Vigo.