Archivos por Etiqueta: San Xoán

Festas na noite de San Xoan 2018 nos barrios de Vigo

San Xoán en Vigo é unha experiencia máxica. A tradición de celebrar a noite máis curta do ano remóntase a épocas moi anteriores ao cristianismo, coa celebración do solsticio de verán, na noite do 23 ao 24 de xuño. Os nosos antepasados temían que o sol non volvese ao seu total esplendor. Por esta razón, iniciaban ritos de fogo purificadores ao atardecer, para simbolizar o poder do sol e axudarlle a renovar a súa enerxía.

Vigo celebra San Xoán con entusiasmo, en torno ás fogueiras e realizando todo tipo de ritos tradicionais, nunha noite na que non se dorme e na que se di que se abren as portas a outros mundos. O prato típico da noite de San Xoán son as sardiñas asadas, non deixes de probalas.

Pasada esta noite, nada como vivir un amencer máxico nas Illas Cíes. Co gran sol nacente do solsticio, o ceo e a Ría fundiranse nunha fogueira de luz multicolor que recordar para sempre.

Recomendacións

A tradición manda saltar 9 veces o lume para estar protexido dos malos espíritos, e recóllense plantas aromáticas (herbas de San Xoán), que se deixan en auga toda a noite para lavarnos a cara a mañá seguinte e ter boa saúde o resto do ano.

Cartaces ofeciais do San Xoan 2018 nos barrios de Vigo (Recopilación o 19 de Xuño de 2018)

Bouzas

Berbes

O Freixo Valladares

Garcia Pincher Toysrus

Navia

A Salgueira

Santa Rita

Centro Cultural Valladares

Asociación Veciñal, Cultural, Deportiva de Cabral

Teis

Balaidos – Val do Fragoso

Anpa Balaidos Vigo

Asociación Veciñal San Xurxo de Saiáns

O Pirata Olmos O Pirata

Invasive Samil

Camaleon Samil

Palmera Playa Samil

Casco Vello Alto

 

A Asociación de Comerciantes da contorna do Xeral (ACEX) anima á cidadanía para pasar con eles a noite de San Xoan

ilcanallarubens_san xoan santa rita_acex_vigo_2016

O verán iníciase en Galiza coas fogueiras de San Xoán. En Vigo a noite de San Xoán é unha experiencia máxica. Este ano é a primeira vez que na contorna do antigo Hospital Xeral-Cies realízase dita noite.

A tradición de celebrar a noite máis curta do ano remóntase a épocas moi anteriores ao cristianismo, coa celebración do solsticio de verán, na noite do 23 ao 24 de xuño. Nós antepasados temían que o sol non volvese ao seu total esplendor. Por esta razón, iniciaban ritos de lume purificadores á tardiña, para simbolizar o poder do sol e axudarlle a renovar enerxías.

Vigo celebra San Xoán con moito entusiasmo, ao redor das fogueiras e realizando todo tipo de ritos tradicionais, nunha noite na que non se dorme e na que se di que se abren as portas a outros mundos.

O prato típico da noite de San Xoán son as sardiñas asadas, as cales na fogueira realizada por ACEX poderán degustar a prezos populares, non só poderedes gozar das típicas sardiñas senón tamén de churrasco, a típica queimada e moitas outras cousas máis.

Despois de comer o tradicional é estar ao redor da fogueira e cando está máis baixa é facer 9 saltos para purificar a alma e así estar protexido dos malos espíritos. Mais acabar de estar na fogueira recóllense plantas aromáticas (Herbas de San Xoán), que se deixan en auga toda a noite para lavarnos a cara despois de ir ver o amencer vendo para as Illas Cíes.

Co gran sol nacente do solsticio, o ceo e a Ría fúndense nunha fogueira de luz multicolor que lembrar para sempre.

A limpeza do rostro pola mañá é para ter boa saúde o resto do ano.

Así que xa sabedes, vir pasar a noite de San Xoán na contorna do antigo Hospital Xeral de Vigo, vos esperan as 21h na Praza de Santa Rita.

Rubens Rocha