Archivos por Etiqueta: Sanatorio O Magnolio

Case unha década de abandono do Sanatorio “O Magnolio” coñecido como “Santa Cristina”, a súa historia

Historia do Sanatorio “O Magnolio”

Nunha das illas urbanas que hai no barrio vigués de O Calvario atópase o Sanitario Privado “O Magnolio”, situado na rúa Sagunto tamén coñecido como Santa Cristina.

“Este Sanatorio pertenceu aos Doutores Amoedo e Corbal”. O autor do deseño do proxecto foi un gran mestre da época, PACEWICZ da escola parisiense que na Exposición Universal de París, contactou con D. Paulino Yáñez importador de madeiras exóticas, que tiña almacén no Arenal á beira do Callexón do Chinito, e por este motivo viño a Vigo o aresta e aquí realizou gran parte dos mellores edificios que hoxe podemos admirar nesta cidade, tales como a Casa de Yáñez, El Moderno, Grupo de casas de Urzáiz,  Banco Español de Crédito, etc…

O edificio foi proxectado por Pacewicz no ano 1918 para residencia de D. Manuel Montes, natural de Riomao (Lavadores), coñecido na zona por O Mogino que fixo fortuna en América (Chile), onde marchou de mozo e ao regreso encargou a obra, que foi construída en canto á súa mampostería por Reboreda, canteiro que vivía na rúa Numancia e o resto polos albaneis irmáns Galegos “Os Coxos”.

Descoñécese a data, quizá ao pouco de ser construído, en que pasou a ser propiedade dos doutores Corbal e Amoedo, que o dedicaron a Sanatorio cirúrxico.

O edificio ten relevo nas súas fachadas, os seus balcóns e frontispicio de clara influencia parisiense, escola da que procedía o artista. Ten catro plantas, a baixa lixeiramente enterrada, principal ou primeira, segunda e ático superior central retranqueado. O seu destino segue sendo sanatorio cirúrxico, e o seu estado actual- con excepción do seu interior que se atopa remazado- é lastimoso xa que se cambiou a súa carpintería de madeira orixinal, por unha pouco agraciada de aluminio, e pintáronse as súas fachadas sen gusto algún, mesmo embadurnando de pintura o azulexo do frontispicio da fachada frontal.

O peche do Sanatorio

A clínica privada pechou por que se someteu a Lei Concursal no 2009, con data 19 de maio, o Boletín Oficial do Estado publicou que a sociedade limitada “O Magnolio” está sometida á lei concursal e nomea como administrador ao letrado Enrique Fonterigo.

A quebra do centro pillou aos 45 traballadores por sorpresa, 45 traballadores á rúa, o último paciente foi Miguel Pazó Figueroa, un mozo de 29 anos tetrapléxico por mor dun atropelo, este paciente tívose que desprazar fóra de Vigo concretamente a Pontevedra o curioso deste paciente esque a dirección deste sanitario comunícolle aos familiares do peche do centro a poucos días do peche.

“O Magnolio” foi unha das poucas clínicas de Vigo que non estivo sometida a ningún concerto público, tras décadas de funcionamento. Especializada en accidentes e traumatoloxía, derivada das mutuas aseguradoras, ten un centro de fisioterapia anexo. Con todo, realiza outras intervencións como cirurxías privadas.

Algunhas aseguradoras como Adeslas, que si aparecia nos datos da web por aquel entón, desvincúlanse do seu concerto coa clínica.

Persoal sanitario de Vigo por aquel enton aseguraban que tiña moitos concertos con compañías de seguros e dedicábase aos accidentes de tráfico.

Un dato interesante

O propio Plan do calvario afecta a este edificio, para construción en parte dunha praza ou centro cívico do Barrio, cando se decida no seu día polos seus propietarios, se é que non queren protexelo e conservalo”.

Sen dúbida hoxe o edificio con fisuras nas súas fachadas, fan que o seu interese decaese despois desta e outras reformas que alteraron as súas balaustradas exteriores e planta superior nas fachadas Norte e Sur, os que lle fixo perder o seu trazado equilibrado e sentido estético de conxunto.

Un recado

Pediríalle ao Concello de Vigo que comprase o inmoble e dedicáseo ao que a veciñanza pide, pide un centro cívico cunha zona de esparexemento que tanto carece o barrio.

Fotos

A ubicación

A entrada principal

Fachada principal

Fachada principal

Fachada principal

Zona privada aparcamento

Vista desde un costado Sanatorio “O Magnolio” coñecido como “Santa Cristina”

Vista desde un costado Sanatorio “O Magnolio” coñecido como “Santa Cristina”