Archivos por Etiqueta: tarxeta

Aos que lle dades a razón ao alcalde coa PASSVigo

 

A todos os que lle dades a razón ao alcalde con limitar os descontos aos empadroados a propósito de que xente non empadroada paga impostos porque ao estar a vivir de aluguer pagan lixo, auga , o IBI porrateado (cousa que debe pagar a persoa propietaria da propiedade), ao ter negocios aquí pagan impostos como IBI, IAE, auga , lixo etc.

Espero que cando saiades de Viaxe teñades tamén en conta isto e non vos aproveitedes de descontos que todas as cidades teñen sen distinguir empadroados de non empadroados.

Abel copiou o nome da tarxeta de Londres pero en Londres non hai distinción entre empadroados e non empadroados.

Ler isto e xa me diredes

Que só os de Vigo poidan acceder a tarifas reducidas no transporte urbano corresponde a unha visión do mundo bastante estreita, a dos vigueses que cren que o planeta se acaba no alto de Puxeiros e se dás un paso máis caes ao baleiro. En calquera metrópole, ou gran cidade, que é o mesmo, os organismos que as rexen tratan de facilitar o tránsito de viaxeiros nos servizos de transporte público. Sobre todo, porque unha das grandes preocupacións que teñen os gobernantes é a contaminación e a conservación do medio ambiente. Pero aquí parece que o tema é outro. Estar empadroado dálles acceso a maiores descontos, pero non impiden o acceso a outras rebaixas menores aos visitantes.

Debe ser que ningún deses vigueses que defenden a posición do alcalde e alagan as redes coas súas opinións, merecen descontos no bus ou o metro cando van a Madrid e Barcelona. Nunca compran o bono de dez viaxes nin billetes de dous días. Prefiren o individual porque saben que non teñen dereito a rebaixa onde non pagan impostos. Tampouco, aínda que traballen na capital, sácanse o cartón mensual Porque non poden? Non, porque saben que non deben. En París tamén renuncian á París Pass por non ser abusones. Mesmo se lles deu por irse alí uns meses. Pagan sempre a tarifa máis cara. E cando cruzan o charco ata Nova York, ignoran a New York Pass. Nas súas incursións a Londres, fanlle noxos á o Oyster Card e a Travel Card. Así, un jicho de Redondela pode viaxar con desconto desde Heatrow á estación de metro de Southwark. Sadiq Khan non lles poñerá pegas.

Curiosidade

Pareceme curioso que poñan o requisito do PADRÓN cando pois so me ven a cabeza a sencilla razón que dito alcalde botou da cidade a xente que foi despexada das suas vivendas, si, asi é… a xente despexada das suas casas por problemas económicos, o concello de Vigo non ten alternativa habitacional para os seus habitantes… os habitantes que foron despexados das suas vivendas foron  expatriadas a concellos da contorna de Vigo, si foron obrigados a deixar Vigo e as suas amizades e familiares para ter teito…. cantos habitantes perdeu Vigo nestes últimos anos? moitos e iso non ten nada que ver Feijóo senon o concello de Vigo que vendeu as vivendas para emerxencias sociais escudado no eido de mercar os terreos da cidade da xustiza cando pois xa se sabia que ia para o antigo xeral… en fin, por favor mirade mais alo do discurso que os creedes dun tipo que minte.

Posdata

Por certo botou xente da cidade ou sexa perdeu habitantes e non so habitantes senon cartiños que o estado da por X habitantes e os CARTIÑOS dos propios habitantes.

Nota

Ao fin e ao cabo, non se trata de promover o uso do transporte público e diminuír o uso dos coches particulares na cidade? Pois iso. Tarxeta bus para todo o mundo.

Exclusiva

O que supura aquí é que en 2019 Vitrasa remata concesión e quere seguir tendo un sistema tarifario IMPRESENTABLE que obriga a compensar sempre con recursos públicos con cada mellora do servizo. Os novos buses innecesarios polo tempo de rodaxe dos anteriores e o feito de que paguen eles os envíos masivos da PASSVigo son accións encaminadas a “seguir coa mangantada”.

No ano 2012, Abel Caballero aseguraba que “non se prorrogaría a concesión a Vitrasa mentres el fose o alcalde”, mais, co remate da concesión no 2019, a inexistencia dos pregos para o novo contrato, a inversión que está realizando a concesionaria actual co envío das Pass Vigo, e o adianto da renovación de 12 autobuses no 2017, o grupo municipal da Marea de Vigo non pode senón cuestionarse a existencia dalgún acordo cara a unha prórroga. “Que sentido ten que Vitrasa no último ano de concesión estea investindo miles de euros nunha campaña como a da Pass Vigo” matiza Rubén Pérez.

 

 

ை Microsoft lanzaría o sua propia tarxeta SIM para smartphones

ilcanallarubens_microsoft e tarxeta SIM_2016

O xigante tecnolóxico Microsoft estaría a desenvolver o seu propio cartón SIM co fin de facer máis accesible a tecnoloxía LTE, segundo informa o portal especializado Engadget.

Segundo o sitio, a compañía actualmente traballa nunha aplicación de datos por celular que permite aos dispositivos con Windows 10 conectarse a varios operadores móbiles sen necesidade de contar cun contrato.

Esta aplicación publicouse na tenda oficial de Windows, aínda queMicrosoft aínda non anunciou os seus plans para o servizo. Foi deseñada para funcionar con Windows 10 e require dunha tarxeta SIM de Microsoft, segundo a descrición da app.

Non se coñece en que mercados Microsoft planea lanzar este cartón SIM ou o prezo dos datos por celular. Segundo Engadget, a empresa venderá os seus propios plans na Windows Store.

Dependendo da súa dispoñibilidade, Microsoft podería planear crear a súa propia rede virtual móbil para permitir aos usuarios de Windows 10 conectarse a operadores que funcionarían como socios da empresa.

A ausencia de contratos suxire que a compañía necesita crear a súa propia rede con varias operadoras, aínda que a compañía tamén podería ofrecer acceso de forma similar ao método que usa Apple coa suapropia tarxta SIM.

Rubens Rocha