Archivos por Etiqueta: Traballadoras

Rolda de asembleas nos centros sanitarios de Galicia

ilcanallarubens_asembleas-informativas-sanidade_-dereitos-laborais-_-recortes-_-2017

Os sindicatos, como anunciaron o pasado día 1 en Santiago, inician unha rolda de asembleas nos centros sanitarios de Galicia.

En Vigo, a primeira será o martes día 7 ás 11 horas no Hospital do Meixoeiro. O venres no Hospital Álvaro Cunqueiro ás 11 horas e o Luns 13 será no Nicolás Peña ás 11 horas.

Nas asembleas INFORMARAN das suas demandas de recuperar o recortado nos últimos anos os traballadores-as do SERGAS e da decepcionante reunión co conselleiro de sanidade Vázquez Almuiña, así como das primeiras medidas de presión-mobilización.

Cartaz

cartaz-asembleas-informativas-sindicatos-sanidade_vigo_2017

 

 

Anuncios

O persoal do albergue municipal vigués demanda a Cruz Roja por modificar as súas condicións de traballo

ilcanallarubens_albergue-municipal-de-vigo-privatizado_2017_vigo-758x426

Os traballadores/as do albergue municipal de Vigo veñen de presentar unha demanda xudicial colectiva contra Cruz Roja Española despois de que a ONG, adxudicataria da xestión do centro, lles comunicase a súa intención de modificar substancialmente as condicións de traballo e de non aplicar o convenio colectivo que regula o sector.

Segundo explica a delegada de persoal do Centro Integral de Inclusión e Emerxencia Social (CIIES), da CIG, os problemas laborais comezaron pouco despois de que Cruz Roja resultase adxudicataria da súa xestión o pasado 11 de novembro por un importe cercano aos 3,7 millóns de euros. Esta ONG encárgase do servizo a través das súas asembleas Comarcal e Provincial, cuxas máximas responsábeis na provincia de Pontevedra son Teresa Álvarez Quincler en calidade de presidenta; María Xesús Fernández Cortegoso, como secretaria; e Pilar Méndez Méndez, que é coordinadora.

A representante dos traballadores/as sinala que Cruz Roja, dende a súa entrada no CIIES -situado na rúa Marqués de Valterra e máis coñecido na cidade como albergue municipal- o pasado 1 de decembro, mantén un pulso cos empregados/as despois de que solicitasen por escrito a información necesaria para aclarar as condicións de subrogación do actual cadro de persoal. “Ao contrario do que agardabamos, e tras un período de silencio, a ONG responde convocando aos traballadores/as a acudir á súa sede comarcal de Vigo para presentarlles un documento cuxa forma non se axusta á legalidade e que ratifica o non cumprimento das condicións de subrogación”.

Demanda xudicial colectiva

Diante disto o cadro de persoal, integrado por máis de 20 persoas, decide presentar unha demanda xudicial colectiva por modificación substancial das condicións de traballo, que inclúe a negativa a aplicar o convenio colectivo que regula o sector, “do que Cruz Roja é asinante como membro da Asociación Estatal de Organizaciones y Acción e Intervención Social (OIES)”.

Ao mesmo tempo, o conxunto dos traballadores/as do albergue municipal quere deixar moi claro que “a pesar da presión exercida polo xigante do terceiro sector” sobre un cadro de persoal que forma parte dun servizo “especialmente sensíbel” e que atende “os casos máis extremos de vulnerabilidade” que se producen na cidade, “os empregados/as reiteran o seu compromiso co centro e con todas as persoas que acuden a el”.

Finalmente, anuncian a súa intención de adoptar todas as medidas que, dentro da lei, consideran oportunas para protexer os dereitos adquiridos polos empregados/as ante os “abusos” da coñecida ONG.

O galego: garantía de emprego en Galiza | Campaña de solidariedade coas traballadoras e traballadores de Extel

ilcanallarubens_logo-protesta-extel-movistar_2016
As grandes empresas de luz, auga, telefonía, banca, seguros e incluso a administración pública teñen subcontratados os servizos de atención ao público a través de empresas de centros de chamadas.

Na última década os centros de atención á clientela na Galiza foron pechando encanto as empresas centralizaron o servizo en grandes centros de traballo. Desde o estoupido da crise, as grandes empresas incrementaron a deslocalización dos servizos de atención cara terceiros países.

No noso caso, esta deslocalización agravouse pola exclusión do galego nas relacións comerciais: pecharon centros de traballo na Galiza e o emprego foi levado a outras partes do Estado. Só entre o ano 2010 e 2012 destruíronse no sector da teleatención en Galiza máis de 2.040 postos de traballo e 100.000 galegos e galegas foron obrigados a emigrar pola perda de emprego na nosa terra.

Destrúese emprego e o noso idioma perde un espazo común de grande importancia, o da relación entre nós e as empresas, e ao tempo anúlasenos o dereito de sermos atendidos e entendidos na nosa lingua, que estas empresas desprezan.

Nos últimos días coñecemos outra proposta de despedimento de 205 traballadoras e traballadores na empresa Extel na Coruña, que presta servizos para Movistar. Este ERE responde a unha clara estratexia de deslocalización que pasa por desmantelar o centro de Galiza e cubrir o 1004 desde Bucaramanga, en Colombia, onde xa comezaron a atender as chamadas.

Por todo isto, A MESA pola Normalización Lingüística quere:

1- manifestar o seu apoio ás reivindicacións das traballadoras e traballadores de Extel.

2- Reclamar a Movistar que garanta en todos os casos os postos de traballo na Coruña e por tanto  a atención en galego.

3- Transmitirlle a Movistar que no caso de non atender esta demanda, utilizaremos os servizos de calquera outra compañía que garantir a atención en galego desde Galiza.

Aquí podes asinar e apoiar esta campaña.

A CIG insiste na necesidade dunha folga unitaria contra o ERE no Popular

ilcanallarubens_non-o-ere-no-popular_cig_2016-758x498

A central nacionalista procura a unidade de acción contra a proposta agresiva da empresa

O ERE no Grupo Banco Popular, formulado desde a dirección cunha inusitada “dureza” e “falta de boa fe” debería obter como resposta a convocatoria dunha folga unitaria. Esta é a proposta da CIG ás restantes centrais nun día en que se coñecen os resultados da entidade no 3º trimestre , que “invalidan” o informe económico presentado como base do expediente.

“Onte perdemos toda a mañá e non se avanzou absolutamente nada”. Esta frase de Rosa Conde, sindicalista da CIG que está a asistir á mesa de negociación do ERE en Madrid, condensa á perfección unha dinámica por parte da dirección que procura “dilatar de forma intencionada” o proceso.

E é que, a pesar dos “cantos de serea”, a salida definitiva significará que por volta de 1.900 das 2.592 afectados/as poderían abandonar a empresa mediante unhas prexubilacións e acordos “que en realidade encobren despedimentos”. Uns ceses, que, no entanto, non revestirán ningunha garantía para os menores de 55 anos, que percibirían tan só a indemnización.

Fronte á posibilidade real de despedimentos forzosos a CIG reivindica “que non exista un só cese”, máxime nun día no que se dan a coñecer uns resultados do grupo para o 3º trimestre que deitan beneficios -matizados ao destinaren a maior parte a provisións- e “contradín” o informe económico que sustenta o ERE.

Os novos datos falan duns ratios de rendibilidade “bastante acordes co sector” e de ratios de eficiencia “por baixo” cando na documentación do expediente se afirma todo o contrario. Para CIG-Banca, este feito demostra que se “usa a Lei para aplicar unha redución brutal de persoal sen que exista unha base xustificada”.

Situación na Galiza

A indignación do persoal é total fronte a unhas propostas que na Galiza continúan a ser catastróficas. A cifra final de afectados/as polo ERE rondaría os 400 fronte os 435 da formulación inicial, tendo en conta que a empresa propón agora “o rescate” de 19 postos das 42 oficinas que se pechen.

No tocante ás sucursais nas que se pretende reducir persoal ofertan un menor impacto, sen detallalo, mentres que nas que sofrirán peches parciais, tampouco concretan o número de afectados/as. Alén da dinámica continuísta, isto revela, en opinión da CIG-Banca, a “falta de información que reinou en todo o proceso”.

Concentración en Lugo

O vindeiro 2 de novembro terá lugar en Lugo unha nova concentración contra o ERE, que chega despois das multitudinarias demostracións do persoal na Coruña, Vigo e Ourense. Porén, desta volta, a dirección pretende contraprogramala cunha reunión de diretores na Coruña coincidindo co horario da protesta, o que para a sección sindical da CIG constitúe “unha conculcación dos dereitos dese persoal”. Será ás 18 horas diante da oficina principal do Banco Pastor, na rúa da Raíña, 4.

Esta concentración “debería constituir un prolegómeno” dunha xornada de folga que a CIG agarda poder convocar xunto ás demais centrais, tendo en conta, ademais, que as consecuencias afectarán en maior medida o noso país.

Delegados/as do Grupo Popular-Pastor demandan un posicionamento dos grupos parlamentarios respecto do ERE

ilcanallarubens_protesta-banco-pastor_compostela_2016-758x424

Concentráronse diante do Parlamento de Galiza coincidindo coa sesión de constitución da cámara saída das eleccións do 25 de setembro

Delegados e delegadas do Grupo Popular-Pastor concentráronse este venres ás portas do Pazo do Hórreo para demandar dos grupos parlamentarios un posicionamento respecto do ERE que suporá a perda de 435 postos de traballo en Galiza e o peche de 42 oficinas. Portavoces parlamentarios/as e deputados/as de todos os grupos, agás do Partido Popular, achegáronse a manifestar o seu apoio ás/aos manifestantes.

Segundo explicou a representante da CIG, Rosa Conde, “tanto o goberno da Xunta como os grupos da oposición teñen que posicionarse a respecto deste ERE e pedirlle explicacións ao Grupo Popular-Pastor” polas graves consecuencias que terá, non só pola perda de postos de traballo, senón tamén polo peche de oficinas, que afectará sobre todo no rural galego. “Non entendemos como un Grupo que ten boa parte dos aforros de todas as galegas e galegos pode facer isto, máxime cando a Xunta de Galiza ten convenios de colaboración co Grupo”.

Ademais considerou “unha falta de boa fe por parte da empresa” que xa se estean comunicando eses peches en plena negociación do ERE, o que, ao seu entender constata que “xa tomaron as súas decisións e as están levando á práctica.

Reparto de dividendos

A representante da CIG denunciou ademais a recente recompra por parte do Grupo Popular-Pastor de Aliseda, o negocio inmobiliario que estaba segregado e no que tiña participación outro grupo empresarial, para recuperar de novo o control sobre eses activos.

Xunto a isto lembrou que o conselleiro delegado do Grupo está dicindo en foros económicos que o próximo ano espera repartir dividendos entre os seus accionistas. “O que nos dicimos é que se ten cartos para todo isto, presentar un ERE alegando causas económicas é un insulto para todas as traballadoras e traballadores”.

O Popular pechará oficinas en plenas negociacións do ERE

ilcanallarubens_protesta-banco-pastor_vigo_2016-758x426

A direción do grupo bancario tensa a corda e “actúa de mala fe”

O persoal do Grupo Banco Popular continuou a tarde do xoves pasado en Vigo a rolda mobilizadora polas cidades galegas, nun territorio especialmente castigado por un ERE que clausurará no noso país 42 oficinas do total de 302 que contempla o plan de restruturación, atinxindo 435 postos. Despois da última reunión coa empresa, denuncian indemnizacións e propostas de prexubilación “de mínimos”, fronte o cal non descartan paros e mesmo a folga.

Para Rosa Conde, da sección sindical da CIG no grupo, os plans iniciais da empresa “son inaceptábeis” e non permitirían ao persoal o abandono voluntario do banco, abocando a despedimentos forzosos.

A parte empresarial segregou en cinco colectivos os traballadores/as afectados polo ERE, ofertando cantidades “moi lonxe do que se ten ofrecido noutros expedientes similares no sector”, asegura a sindicalista. Deste xeito, aos maiores de 59 anos ofértaselles para a prexubilación o 75% do salario neto, que se traduciría en realidade nun 58% do seu salario bruto, “a anos luz do 80% que se acadou noutros casos”.

Pola súa parte, as persoas de 58 anos pecibirían o 70% do salario neto, mentres que ao grupo de 55 a 57 corresponderíalle un exíguo 65% (por baixo do 50% do salario bruto). A representante sindical cuestiona “como pretende o banco que esas persoas continúen coas súa vida coa metade dos ingresos, cando nesta idade as cargas familiares adoitan ser importantes”.

Entre 50 e 54 anos preténdese unha indemnización de 30 días por ano traballado e 18 mensualidades, mentres que para os menores de 50 trataríase de 28 días e 15 mensualidades.

Peche de oficinas en período de consultas

Por isto fose pouco, o Grupo pretende botar o cadeado a un bo fato de oficinas sen respeitar sequera o período de consultas do ERE, que rematará o vindeiro 6 de novembro. Isto, para Rosa Conde, revela a “falta de boa fe” por parte da empresa, que “xa está mandando a comunicación a moitos clientes do peche de entidades con data do mes de outubro”. Parte delas en Vigo e na Coruña, segundo puideron saber os sindicatos.

Responsabilidade do equipo directivo

O ERE do Popular formúlase baixo supostos de causas económicas, algo que para a sección da CIG é plena responsabilidade da “mala xestión do equipo directivo”, que, ademais “continúa nos seus postos” agás “no caso do conselleiro delegado”. Ao tempo que o cadro de persoal “fixo todos os esforzos posíbeis” foi esta dirección a que encamiñou a entidade cara esta situación fatal, engaden.

Vinderas mobilizacións

Desde as centrais, que acadaron a unidade de acción despois dunha asemblea convocada por iniciativa da CIG, confían en poder variar esta “proposta agresiva” do banco, e aseguran que respostarán “con medidas no mesmo sentido e do mesmo impacto e forza”, sen descartar paros e folga.

Aquí poderan ler a cronica da concentración de diante do Parlamento Galego durante a constitución do mesmo e procurarán que os grupos presenten unha resolución que interpele a empresa de cara á paralización do ERE.

O sector dos quioscos volven á rúa contra os abusos das distribuidoras

ilcanallarubens_quiosco-el-parque_2016_vigo_09_07

Propietarios e propietarias e traballadores e traballadoras de quioscos volven a sair este xoves 8 de setembro á rúa pola situación que vive o sector e farano cunha concentración diante do museo de arte contemporánea MARCO, en cálea Príncipe, de 21.00 a 21.30 horas.

Con esta protesta volven a reivindicar unha normativa que regule o sector adaptada aos novos tempos que se viven e un cambio do sistema “abusivo de cobro do monopolio das distribuidoras de prensa nacional e revistas”.

“Non somos sanidade ou educación nin perdemos a colleita, pero tamén merecemos ser escoitados, por iso volvemos saír ata ter resposta ás nosas peticións”, aseguran.

Sen a túa axuda, sen a túa colaboración queren que os políticos, editores, distribuidores, o futuro é incerto para os quiosqueros e quiosqueras, xa que grazas ao ABUSO do SISTEMA de COBRO do MONOPOLIO da DISTRIBUCIÓN de PRENSA NACIONALREVISTAS, grazas a que os EDITORES ven para outro lado, grazas a unhaNORMATIVA que rexe este sector, pero que é do ano 1972 e que necesitan cos POLÍTICOS e POLÍTICAS a muden por unha nova que se adapte aos tempos nos que vivimos, un día, atoparasche que ese quiosco onde a ti compras, onde che axudan, asesoran, onde co paso dos anos créase un vinculo onde podes falar de todo, como facer galletas, ata, ás veces, en grao sumo persoal, porque non só estan para vender, senón que os negocios pequenos, como nós humanizamos a cidade onde vives, fan que non se perda a comunicación entre as persoas, cada vez máis necesaria, pois un día atoparasche con ese temible letreiro de PECHADO ou LOCAL EN TRASPASO.

Por iso recorren a ti, para que os axudedes a CAMBIAR ese SISTEMA ABUSIVO de COBRO, a que os POLÍTICOS e POLÍTICAS os ESCOITEN, tan só tes que difundir a sua situación, compartindo o seu comunicado lido na concentración que se fixo en Vigo o 27-06-16.

Rubens Rocha

Microsoft recorta máis empregos da antiga Nokia

 

Imaxe allrss.es

Imaxe allrss.es

Os recortes de persoal centraranse en Finlandia, o país orixinario de Nokia, onde ducias de traballadores poderían perder o seu emprego nos próximos meses.

A división móbil de Microsoft segue sen cultivar os resultados desexados tras a integración de Nokia, motivo polo cal os de Satya Nadella están a planear levar a cabo unha nova rolda de despedimentos nesta unidade. Os recortes de persoal estarán, ademais, especialmente centrados en Finlandia, o país orixinario de Nokia, onde ducias de traballadores poderían perder o seu emprego nos próximos meses.

Así o afirma o diario Helsingin Sanomat, cuxas informacións foron tamén recollidas polo portal norteamericano ZDnet. Os postos máis afectados polos novos recortes están en Microsoft Mobile Oy, nome que recibe a filial móbil de Microsoft con sede en Espoo, Finlandia, creada despois da compra do negocio de teléfonos móbiles de Nokia.

Esta mesma unidade xa sufriu os drásticos recortes do pasado curso, cando os de Redmond anunciaron o axuste de nada menos que 2.300 postos de traballo, case dous terzos dos 3.200 traballadores que mantiña Microsoft no país nórdico, concentrando a maior parte dos despedimentos do plan global de 7.800 baixas. Naquel momento, os principais despedimentos producíronse nos departamentos relacionados co deseño e produción dos smartphones Lumia, pero agora serán os equipos comerciais os que máis teñen que temer polo seu posto de traballo.

Microsoft segue sen collerlle o ritmo a Android nin a Apple

Os despedimentos, afirman fontes de Microsoft consultadas por ambos os medios, responden á situación concreta de Finlandia e non son representativos dun plan maior para recortar empregos noutros lugares do mundo. Con todo, o certo é que a marcha do negocio móbil de Nadella e os seus non termina de despegar, con apenas 4,5 millóns de terminais Lumia vendidos no último trimestre.

Esta cifra sitúase moi lonxe dos datos que anotan tanto Google, co seu sistema operativo Android, como Apple, cos seus iPhone, que practicamente copan a totalidade do mercado móbil a escala global. Queda por ver se a chegada de Windows 10 a un novo arque de smartphones pode axudar a Microsoft a remontar esta batalla que, neste momento, segue desde a distancia respecto dos seus principais competidores.

Fonte TICbeat

Rubens Rocha

Así será o mercado de traballo español no futuro

Imaxe reasonwhy.es

Imaxe reasonwhy.es

O Informe Adecco analiza os cambios esperados coa incorporación de novas xeracións de profesionais e os avances tecnolóxicos dos próximos anos.

A empresa de xestión de recursos humanos, en colaboración con Opinno, consultora global de innovación, realizou un estudo sobre o futuro do traballo en España, co que queren ofrecer unha visión das tendencias laborais que xurdirán no futuro do mercado de traballo en España en función dos cambios evolutivos que se están producindo.

Para iso, baseáronse, en primeiro lugar, na análise das tendencias actuais do mercado laboral extraídas dos datos de organismos oficiais como o Eurostat, o INE, o SEPE, o Ministerio de Emprego e Seguridade Social e os datos da Enquisa de Poboación Activa. Doutra banda, realizáronse entrevistas a 40 expertos en recursos humanos de diferentes ámbitos e sectores económicos, de cuxas opinións extraeron estas conclusións.

Sectores con máis futuro

Entre as principais conclusións que se extraen do Informe Adecco hai que destacar o anuncio da disolución da tradicional división da economía, ata agora estruturada en sector primario, secundario e terciario. Como consecuencia da transformación do tecido produtivo, novos sectores empezarán a liderar a creación de emprego, e outros o farán nos próximos anos. Entre eles, os expertos consultados poñen o acento no sector tecnolóxico e o I+D+i, ademais de en campos como os do turismo e lecer, saúde e benestar e o sector enerxético.

Estes sectores darán lugar a novos proxectos empresariais e a novas figuras profesionais. Todos eles terán a misión de cubrir as necesidades de cada mercado, e isto levará un reto de adaptación e rápida evolución. Os perfís cualificados ligados á tecnoloxía e ao ámbito dixital, os vinculados ao trato con persoas e os especializados en márketing e vendas serán os que máis relevancia alcancen no prazo de cinco a dez anos.

Doutra banda, é destacable comentar que o 65% dos profesionais de recursos humanos entrevistados cre que a automatización no traballo destruirá algúns dos postos que coñecemos na actualidade, pero creará en igual medida outros diferentes. É dicir que lonxe de resultar negativa, a automatización ampliará o abanico de posibilidades dos traballadores do futuro.

Outras conclusións

Entre as conclusións da enquisa que debulla como será o mercado de traballo español no futuro tamén podemos destacar os seguintes puntos:

  • A colaboración a distancia será a tendencia con maior impacto esperado en relación á tecnoloxía pois favorecerá a deslocalización do traballo e creará comunidades de aprendizaxe colaborativa. Estes avances permitirán basear a relación laboral tanto na confianza cara ao traballador como no rendemento do mesmo.
  • 9 de cada 10 expertos cren que a evolución de calquera país pasará por xerar bens e servizos de alto valor engadido. O desenvolvemento económico de España dependerá en gran parte da capacidade do país de xerar coñecementos científicos, tecnolóxicos e innovadores e de ter un liderado empresarial en I+D+i.
  • Nos últimos anos viuse como hai empresas que deixaron de cubrir postos e empezaron a contratar talento, aínda que non exista un posto de traballo concreto para o candidato. Será esa persoa quen asumirá a procura ou creación da súa propio posto dentro da empresa.
  • Os expertos en recursos humanos cren que as calidades que deberán reunir os traballadores en 2025 estarán enfocadas a habilidades transversais que compartan todos os perfís, independentemente de rangos ou de formación concreta. Abarcarán desde a xestión do cambio á xestión da propia imaxe ou o intraemprendimiento.
  • Diferentes esixencias levarán tamén diferentes criterios de selección á hora de escoller a unha persoa ou outra. Así, serán máis relevantes criterios como as habilidades persoais (92,5%), o fit cultural (87,5%) e as actitudes (82,5%). Seguirán outras como as habilidades técnicas (60,4%) e as actividades extracurriculares e de voluntariado (60%).
  • As organizacións son conscientes de que a motivación, a satisfacción e a autorrealización do traballador son vitais para manter un bo clima laboral e mellorar a produtividade polo que permitirán aos seus empregados conciliar a vida laboral coa persoal, crearán contornas laborais máis motivacionales e dirixirán as súas políticas para fomentar a confianza entre os empregados.
  • No futuro, as relacións laborais tamén ampliarán o seu espectro como xa se está empezando a notar en fórmulas tales como o outsourcing de funcións, o traballo autónomo e por proxectos, freelances para microproyectos desde a nube ou o crowdsourcing e outros formatos de innovación aberta.

Máis información | Adecco

Fonte TICbeat

Rubens Rocha