Archivos por Etiqueta: Traballo

ை Pluralidade, xenerosidade e solidaridade son as señas de identidade das Marchas da DIGNIDADE

ilcanallarubens_24O DIGNIDADE_Compostela_2015_00

As marchas da dignidade queren volver a lembrar, dende aquí, a importancia de que o 24-O, cada colectivo presente no noso movemento, se faga ver no Obradoiro e nas marchas previas. Sobre todo as plataformas de afectados, colectivos e movementos sociais en loita dura. Referímonos á Plataforma da Epatites C, ás PAH, ás Mareas Brancas, ós Bombeiros, os emigrantes retornados, etc.

É moi importante primar a PLURALIDADE.

Doutra banda a cuestión financieira é vital, e así os compas encargados desta área, lembrannos que a caixa está en «números perigosos». Nós, as MMdD pagaremos todos os gastos da infraestructura do Obradoiro, así como o material previo; carteis, faixas, etc. NÓS NON TEMOS, TARJETAS BLACK, SOBRES COMO OS QUE REPARTÍA BÁRCENAS, NIN SUBVENCIÓNS. NON AS QUEREMOS, NIN AS ESPERAMOS, NIN AS VAMOS A PEDIR.

SOMOS POBO, SOMOS PODER E CONTAMOS CA SOLIDARIDADE E CA DIGNIDADE COLECTIVA.

Ó igual que o ano pasado haberá dez compañeirxs perfectamente identificadxs que se encargarán de pasar uns petos para a recadación económica durante a Marchas das tres columnas e no acto final na Praza do Obradoiro.

CONTRIBUIR CO QUE SE PODA, PORQUE:

“UNHA PALLA NON FAI PALLEIRO PERO  A BÓ FE QUE AXUDA, COMPAÑEIRXS !!!”

GRAZAS ANTICIPADAS POLA VOSA COLABORACIÓN E APOIO. E GRAZAS TAMÉNA XS ARTISTAS QUE CONFORMAN O CARTAZ DO ACTO DE PECHE  NO OBRADOIRO POLA SÚA CONTRIBUCIÓN ALTRUISTA.

Ímosss!!!

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Fonte [22Mmarchasdadignidade]

ilcanallarubens_24O DIGNIDADE_Compostela_2015_01

ை En marcha as Marchas da Dignidade polas rúas de Vigo e toda Galiza

ilcanallarubens_ICRPhotographer_marchas da dignidade_ Vigo_ 2015

A concentración en Vigo sumouse á das outras sete cidades galegas, manifestacións que serviron para quentar motores para a mobilización do 24 de outubro no Obradoiro

Baixo o lema «Camiñando ao Obradoiro, pan, traballo, teito e dignidade» mobilizáronse ás 20h do pasado xoves as Marchas da Dignidade nas rúas de Pontevedra, Vigo, Lugo, Ourense, A Coruña, Ferrol e Santiago de Compostela. Os manifestantes chamaron a «a loita» nunha iniciativa para quentar motores para a mobilización do día 24 en Compostela.

En Santiago de Compostela, preto de cincuenta acodes, algunhas das cales levaban a boca tapada cun esparadrapo en sinal de protesta contra a ‘Lei Mordaza’, percorreron as rúas da capital galega ao berro de «queremos traballar, non emigrar» e «o pobo ten dereito, a pan, traballo e teito».

En Vigo máis dun centenar de persoas saíron desde a praza do Fernando o Católico cara á porta do Sol da cidade, a medida que a manifestación ía baixando polas típicas costas da Detroit Viguesa diversas consignas ao respecto da dignidade humana como é a vivenda como é o traballo e a alimentación, na marcha tamén se acordaron dos sindicalistas Carlos e Serafin que estaban concentrados no museo de arte contemporánea de Vigo o M.A.R.C.Ou. un gran xesto das marchas da dignidade. Tamén na devandita manifestación acordáronse do PP pero non para ben senón para mal como tamén se acordaron do desastre de hospital novo que ten a cidade.

Os e as manifestantes animaron á xente para sumarse a «a loita», xa que «a mobilización é a solución». Estas sete manifestacións serviron para quentar motores para a mobilización que terá lugar o próximo 24 de outubro na praza do Obradoiro, con distintas marchas que confluirán en tres columnas que «tomarán» de novo a emblemática praza, tal e como explicaron membros da organización.

As Marchas da Dignidade, que naceron como protesta aos recortes, a privatización, a perda de dereitos laborais e liberdades, comezaron a mobilizarse hai un ano, con Madrid como escenario de arranque o 22 de marzo, e estendéronse a outros puntos da xeografía española, como Santiago de Compostela o 29 de novembro.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

ை O xoves 8 de outubro, as Marchas da Dignidade convocan en Galicia 7 grandes manifestacións baixo o lema: “CAMIÑANDO Ó OBRADOIRO, PAN, TRABALLO, TEITO E DIGNIDADE”

ilcanallarubens_marchas da dignidade_columna galega_ Pontevedra _Vigo _ 2015 _ Ocupemos o Obradoiro

En Vigo faremos o percorrido habitual dende a Praza de Fernándo o Católico ate a Porta do Sol as 8 da tarde.

Tratase de “quentar motores” para a grande mobilización que faremos sobre o Obradoiro o sábado 24, as 12 do mediodía. O 24 de Outubro voltamos ao OBRADOIRO, con distintas marchas que confluirán en tres columnas para unha vez máis ateigar a emblemática praza. O 24-O Imosss!!!

Xa vai máis dun ano dende que as Marchas da Dignidade comezamos a mobilizarnos para reclamar Pan, Traballo e Teito. O 22 de marzo de 2014 xuntarmonos máis dun millón de persoas en Madrid, logo rodeamos o Parlamento Galego. O 29N ateigamos o Obradoiro, e o 21 de marzo deste ano resolvemos unha nova grande manifestación en Madrid.ilcanallarubens_marcha galega da dignidade_8 outubro do 2015 _ Vigo _ mani

Pese a estas grandes mobilizacións en defensa dunhas condicións de vida dignas, o goberno do PP, co beneplácito de PSOE, continúa a gobernar de costas á meirande parte da poboación que sufre unhas políticas que cada vez nos empobrecen máis. Entre estas medidas atópanse a pérdida de dereitos laborais, os recortes e privatizacións de servizos públicos, e a perda de liberdades coa Lei Mordaza como exemplo.

A todo o anterior debemos engadir a entrega da soberanía do Estado á Troika, que é en última instancia quen controla a política económica do noso goberno, orientándoa coa complicidade deste cara o pago dunha débeda ilexítima e ilegal, que unha vez tras outra beneficia ás grandes empresas e fortunas arrastrando ao pobo traballador cara a miseria:

– Máis do 30% da infancia do Estado atópase en risco de pobreza e exclusión.

– En 35.500 fogares en Galiza e 770.000 fogares no conxunto do Estado non entra ningún tipo de salario, pensión, ou subsidio.

– A poboación en paro supera o 22%, mentres que entre a xuventude os datos ascenden ate case o 50% tanto para Galiza como para o conxunto do Estado. Por outra banda, quen traballa faino en condicións de precariedade, case sempre con contratos temporais e salarios ridículos que dificilmente permiten subsistir.

– Continúan os desafiuzamentos, aumenta a represión nas rúas, estase a condear á mocidade á emigración, négasenos a asistencia sanitaria e os medicamentos que poden supoñer a curación de enfermedades mortais (caso da Hepatite C), destruénse os sectores productivos tendo o exemplo do leite e a pesca en Galiza.

– Dáselle o poder do Estado a potencias estranxeiras e privadas coa firma do Tratado de Libre Comercio (TTIP polas súas siglas en inglés) e cedendo cada vez máis poder á OTAN.

– Cada día máis mulleres son vítimas da violencia machista sen que o Estado mova un dedo.

Por todo isto, e máis, chamámos a toda a poboación a camiñar xuntos cara o Obradoiro movilizándonos todas e todos coas Marchas da Dignidade ate conquerir PAN, TRABALLO E TEITO.

Evento de Facebook (aquí) e máis información na fanpage da (Aquí)

Rubens Rocha [@IlcanallaRubens]

ை En Santiago rezan, en Vigo traballan e na Coruña se divirten

ilcanallarubens_SantiagoReza_VigoTraballa_CoruñaDibertese_Estudo_2015

Nunca mellor dito o refrán de que ‘En Santiago rezan, en Vigo traballan e na Coruña se divirten’ despois de coñecer que os galegos consideran que A Coruña é a mellor cidade do país para divertirse e para vivir, segundo se reflicte no estudo Mercociudad sobre as potencialidades da cidade herculina.

Non obstante, A Coruña pasa a segundo lugar cando se pregunta aos galegos pola mellor cidade da comunidade para visitar e estudar, en favor de Santiago de Compostela; e pola mellor para traballar e facer negocios, en favor de Vigo.

O estudo reflicte tamén que a nivel estatal A Coruña ocupa o posto 16 entre as mellores cidades españolas, o doce entre as mellores cidades para divertirse, o 18 entre as mellores para facer negocios, o trece para traballar, o 24 para visitar e o vinte para vivir. Un dato que contrasta coa opinión dos propios coruñeses, que ven a súa cidade a terceira mellor de España, despois de Gijón e San Sebastián.

O mellor da Coruña para o 17 por cento dos coruñeses é o mar e a praia; seguido de que é bonita para un 11,3 por cento; a súa tranquilidade, para un 10,4 por cento; a súa xente, para un 8,5 por cento ou os seus monumentos, para un 6,6 por cento. Mentres, o 15,5 por cento dos galegos cren que o mellor da Coruña é o mar e a praia; o 12,6 por cento, a súa tranquilidade; o 10,4 por cento, os seus monumentos; e o 8,3 por cento o seu tamaño.

A nivel estatal, os españois cren que o mellor da Coruña é a súa tranquilidade (nove por cento); o seu clima, o mar e a praia (o 7,8 por cento); o seu tamaño (o 7,4 por cento); a súa xente (6,8 por cento); a súa boa comunicación (un 6,2 por cento); as súas zonas verdes (un 5,8 por cento); porque é bonita (un 3,7 por cento); e pola súa limpeza (un 3,2 por cento).

Pola contra, coruñeses, galegos e españois coinciden en que o tráfico e os atoamentos son o peor da cidade; seguido pola sucidade e a falta de limpeza. Despois os coruñeses ven que os principais defectos da súa cidade son o transporte público, a dificultade para encontrar emprego e o clima; os galegos o clima, o mal estado das beirarrúas e as obras; e os españois a delincuencia, a falta de seguridade e o transporte público.

A pesar diso, o 64,7 por cento dos coruñeses están moi satisfeitos coa súa cidade e o 29,4 por cento estano bastante; mentres que o 51,2 por cento dos galegos elixirían A Coruña para vivir; unha decisión que tamén tomarían o 51,1 por cento dos españois. De feito, os coruñeses cualifican á súa cidade cun 7,84; mentres que os galegos a puntúan cun 7,39 e os españois cun 7,35.

Rubens Rocha [@Ilcanallarubens]

ை A Columna Viguesa das marchas da dignidade volveu tomar a rúa

Ilcanallarubens_ICR-Photographer_Pan_Traballo_e_Teito_25_Febreiro_2015

Entorno a unhas 150 persoas da marcha Viguesa da dignidade saíron á rúa no día de onte baixo unha fina chuvia, esta manifestación que saliu dende a praza de Fernando ou Católico ás 20h co seu fin baixo o Siereno na Porta do Sol, foi o caletamento previo para volver tomar Madrid o día 21M.

O lema foi «O 21M VOLVEMOS A MADRID», non só houbo manifestacion na cidade da Detroit Viguesa senón que foi simultaneo noutras cidades como Pontevedra, Ourense, Lugo, Ferrol, A Coruña e Compostela.

Na rolda de prensa feita previamente deron información sobre os motivos que nos levaron a convocar un calendario de movilizacións para 2015, a nivel estatal, e que comenzará ca VOLTA SOBRE MADRID o vindeiro 21 de Marzo para o que, dende Galiza, estamos a negociar o alquiler de tres trenes a Renfe así como autobuses que partiran de todos os currunchos do país.

A multitude de actos organizados para difundir a mobilización da Columna Galega sobre Madrid, (pancartas, cartelería, megafonía, concertos, debates, etc..) súmase o apoio de Diego Cañamero e Willy Toledo que estaran presentes nun acto que terá lugar en Vigo o vindeiro 10 de marzo, as 20:00 horas no Centro Cívico de Teis.

Será unha nova proba de forza para unha Columna Galega que logrou encher o Obradoiro o pasado 29 de novembro e que colleu músculo tras ser impulsada por varios sindicatos como a CUT, CGT, Sindicato Ferroviario ou Sindicato da Elevación e á que se foron sumando organizacións como SLG, STEG, Anova IN, FPG, Esquerda Unida ou Espazo Ecosocialista, así como de numerosos movementos sociais e veciñais, plataformas de Stop Desafiuzamentos, Frente Cívico, colectivos feministas, Ecoar ou a Plataforma Galega de Artes Escénicas, entre outros.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]