Archivos por Etiqueta: Transporte

Aos que lle dades a razón ao alcalde coa PASSVigo

 

A todos os que lle dades a razón ao alcalde con limitar os descontos aos empadroados a propósito de que xente non empadroada paga impostos porque ao estar a vivir de aluguer pagan lixo, auga , o IBI porrateado (cousa que debe pagar a persoa propietaria da propiedade), ao ter negocios aquí pagan impostos como IBI, IAE, auga , lixo etc.

Espero que cando saiades de Viaxe teñades tamén en conta isto e non vos aproveitedes de descontos que todas as cidades teñen sen distinguir empadroados de non empadroados.

Abel copiou o nome da tarxeta de Londres pero en Londres non hai distinción entre empadroados e non empadroados.

Ler isto e xa me diredes

Que só os de Vigo poidan acceder a tarifas reducidas no transporte urbano corresponde a unha visión do mundo bastante estreita, a dos vigueses que cren que o planeta se acaba no alto de Puxeiros e se dás un paso máis caes ao baleiro. En calquera metrópole, ou gran cidade, que é o mesmo, os organismos que as rexen tratan de facilitar o tránsito de viaxeiros nos servizos de transporte público. Sobre todo, porque unha das grandes preocupacións que teñen os gobernantes é a contaminación e a conservación do medio ambiente. Pero aquí parece que o tema é outro. Estar empadroado dálles acceso a maiores descontos, pero non impiden o acceso a outras rebaixas menores aos visitantes.

Debe ser que ningún deses vigueses que defenden a posición do alcalde e alagan as redes coas súas opinións, merecen descontos no bus ou o metro cando van a Madrid e Barcelona. Nunca compran o bono de dez viaxes nin billetes de dous días. Prefiren o individual porque saben que non teñen dereito a rebaixa onde non pagan impostos. Tampouco, aínda que traballen na capital, sácanse o cartón mensual Porque non poden? Non, porque saben que non deben. En París tamén renuncian á París Pass por non ser abusones. Mesmo se lles deu por irse alí uns meses. Pagan sempre a tarifa máis cara. E cando cruzan o charco ata Nova York, ignoran a New York Pass. Nas súas incursións a Londres, fanlle noxos á o Oyster Card e a Travel Card. Así, un jicho de Redondela pode viaxar con desconto desde Heatrow á estación de metro de Southwark. Sadiq Khan non lles poñerá pegas.

Curiosidade

Pareceme curioso que poñan o requisito do PADRÓN cando pois so me ven a cabeza a sencilla razón que dito alcalde botou da cidade a xente que foi despexada das suas vivendas, si, asi é… a xente despexada das suas casas por problemas económicos, o concello de Vigo non ten alternativa habitacional para os seus habitantes… os habitantes que foron despexados das suas vivendas foron  expatriadas a concellos da contorna de Vigo, si foron obrigados a deixar Vigo e as suas amizades e familiares para ter teito…. cantos habitantes perdeu Vigo nestes últimos anos? moitos e iso non ten nada que ver Feijóo senon o concello de Vigo que vendeu as vivendas para emerxencias sociais escudado no eido de mercar os terreos da cidade da xustiza cando pois xa se sabia que ia para o antigo xeral… en fin, por favor mirade mais alo do discurso que os creedes dun tipo que minte.

Posdata

Por certo botou xente da cidade ou sexa perdeu habitantes e non so habitantes senon cartiños que o estado da por X habitantes e os CARTIÑOS dos propios habitantes.

Nota

Ao fin e ao cabo, non se trata de promover o uso do transporte público e diminuír o uso dos coches particulares na cidade? Pois iso. Tarxeta bus para todo o mundo.

Exclusiva

O que supura aquí é que en 2019 Vitrasa remata concesión e quere seguir tendo un sistema tarifario IMPRESENTABLE que obriga a compensar sempre con recursos públicos con cada mellora do servizo. Os novos buses innecesarios polo tempo de rodaxe dos anteriores e o feito de que paguen eles os envíos masivos da PASSVigo son accións encaminadas a “seguir coa mangantada”.

No ano 2012, Abel Caballero aseguraba que “non se prorrogaría a concesión a Vitrasa mentres el fose o alcalde”, mais, co remate da concesión no 2019, a inexistencia dos pregos para o novo contrato, a inversión que está realizando a concesionaria actual co envío das Pass Vigo, e o adianto da renovación de 12 autobuses no 2017, o grupo municipal da Marea de Vigo non pode senón cuestionarse a existencia dalgún acordo cara a unha prórroga. “Que sentido ten que Vitrasa no último ano de concesión estea investindo miles de euros nunha campaña como a da Pass Vigo” matiza Rubén Pérez.

 

 

Anuncios

Máis de mil sinaturas para esixir a Bas que negocie con Vigo unha solución para os usuarios do Vitrasa

Os afectados pola eliminación da tarxeta verde acordaron continuar coa recollida de sinaturas e trasladar ao pleno do concello unha moción para demandar ao alcalde de Redondela que negocie co seu homólogo en Vigo unha solución ante a inminente eliminacións das bonificacións aos usuarios do Vitrasa non empadroados nesa cidade. Malia as afirmacións dende o goberno local sobre a “incapacidade xurídica de Vigo para limitar ditas bonificación”, en palabras da popular Carmen Amoedo, os veciños reclaman un compromiso do goberno e “que asuman o custe a maiores que terán que pagar os veciños de Redondela cando a eliminación das bonificación sexa efectiva”.

A moción será debatida no pleno ordinario do vindeiro xoves logo de que os partidos políticos da oposición se comprometeran cos veciños a trasladar as súas demandas a este debate político. Explica o presidente da Asociación de Veciños, Marcial Pérez que o malestar é patente entre os usuarios do Vitrasa que non entenden que dende o goberno local non se estea a facer nada ante un problema inminente. “Estannos usando de arma para esixir a Vigo que se sume ao transporte da área metropolitana, non os interesas estas disputas, o único que queremos e que tanto uns como outros negocien e arranxen o problema”.

Conclúe Marcial Pérez afirmando que “non nos fiamos das palabras da concelleira Carmen Amoedo, así que non podemos dar por válidas as declaración nas que asegura que Vigo non pode restrinxir as bonificacións no uso do Vitrasa. Queremos compromisos firmes de que o custe que nos vai supoñer o uso do transporte unha vez se elimine a tarxeta nos será devolto polo concello”.

Adeus Tarxeta Verde, ola PASSVIGO | A tarxeta da discordia

Como nos gusta promover o transporte público, queremos informarvos que o próximo 31 de marzo os cartóns de Vitrasa actuais deixarán de funcionar, e as novas son só para os vigueses. Nin que dicir ten que nesta parroquia, como noutras de Redondela, hai usuarios que serán afectados, pois a tarifa actual é de 1,35 € cando coa tarxeta é de 0,89 € máximo, un incremento de 51% en cada billete, é mais cun billete ordinario non podes facer transbordos, xa que sen tarxeta quedan anulados.

Débense de buscar solucións, xa que se o teu hospital, administración e outros organismos teñen a súa sede en Vigo, como non podes gozar das tarifas do transporte cando pasa pola parroquia de Chapela?, porque este trato? Non esquezamos que en Chapela úsase o transporte público para conectar “arriba” con “abaixo”, para acudir ao médico, bancos, correos, instituto, pavillón, escola de música…..

Como sempre alguén se esquece do cidadán, e non é responsabilidade do Concello de Vigo, senón da administracións no seu conxunto, iso si… temos a peaxe e a mellor autoestrada de España.

REIVINDÍCATE E MOBILÍZATE, ISTO É OUTRO ABUSO MÁIS.

Comparte esta ligazón e esixamos ao alcalde de Vigo Abel Caballero que de marcha atrás neste ataque a xente que fai que Vigo funcione economicamente, e esa xente son xente dos concellos de Redondela, Nigrán, Mos, O Porriño, Cangas do Morrazo, Moaña e Do Maio e San Adrian de Cobres…

O goberno de Vigo estima repartir un total de 75.000 tarxetas PassVigo

Abel Caballero avanzou que esta semana se enviarán a domicilios unhas 40.000 PassVigo, na súa gran maioría para os usuarios das tarxetas verdes ordinarias do autobús urbano, co que o total previsto se achegará ás 75.000. Desde o 26 de decembro ata o 14 de xaneiro, 47.000 viaxes de bus foron abonados coa nova PassVigo.

Máis sobre esta noticia aquí 

India quere trens con teitos solares

O proxecto do que hoxe os falamos, aínda que non será suficiente para xubilar os motores diesel, fornecerá o 15% da enerxía que consomen os trens indios, a través de placas solares colocadas nos teitos dos trens. Estamos a falar dunha redución de emisións contaminantes de aproximadamente unhas 200 toneladas de CO2 ao ano.

India é un dos países mais grandes do mundo, onde viven algo mais de 1200 millóns de persoas, cunha densidade de poboación 377,6 hab./km², e onde o tren é un dos principais medios de transporte do país. De aí a importancia desta noticia.

12.000 trens circulan diariamente pola India, trasladando 23 millóns de viaxeiros. Indian Railways, a empresa pública que xestiona os trens, estima que gasta uns 3.000 millóns de litros de diésel ao ano.

Ademais dos paneis nos teitos dos trens, tamén teñen previsto construír plantas solares en 200 estacións de tren.

Cando os trens non estean en uso, os paneis solares seguirán xerando enerxía renovable, a cal será usada como enerxía limpa na rede eléctrica comercial.

O primeiro prototipo deseñado polo fabricante de vagóns Integral Coach Factory e o Indian Institute of Science xa está a circular pola India. Se as probas son satisfactorias todos os trens serán equipados progresivamente con paneis fotovoltaicos.

Nestes proxectos poderían ter moita importancia no futuro as novas innovacións en xanelas solares, que nos seus últimos desenvolvementos xa poderían xerar 50 veces máis enerxía que a fotovoltaica convencional.

A India non é o único país do mundo que quere ter unha linea ferroviaria mais verde, hai uns días faciámonos eco da noticia de que a partir de 2018 todos os trens holandeses funcionarán con enerxía eólica.

Logo de dous meses, aínda non funciona a liña de autobús H3 desde Teis ao Hospital Álvaro Cunqueiro

A Asociación Veciñal de Teis, ven a denunciar publicamente, que logo de dous meses do anuncio realizado por Abel Caballero, Alcalde de Vigo, aínda non esta en funcionamento a nova liña de autobús H3, que comunique Teis co hospital Alvaro Cunqueiro.

O pasado 16 de febreiro, Abel Caballero, anunciaba aos medios de comunicación, que nun prazo de “algo de más dos semanas se habilitara una tercera linea de autobús”, deste anuncio xa pasaron dous meses e aínda non temos unha data para posta en funcionamento desta liña.

Non se pode realizar anuncios e dar prazos que logo non se cumpren, esta é unha practica moi habitual de Abel Caballero, é en Teis, temos varios exemplos; a piscina da ETEA, biblioteca,… manifestan desde a asociación veciñal.

Desde esta asociación, levan meses denunciando, convocaron 7 manifestacións, recolleron case 4 mil sinaturas, para contar cunha liña de autobús desde Teis ao hospital e con frecuencias.

A proposta da liña H3, só inclúe dous servizos ás 7:45 horas e ás 11:00 horas, con regreso ás 10:15 horas e ás 13:15 horas. A proposta de liña non recolle ningún servizo no resto da xornada, nin sábados, nin festivos.

Desde a Asociación Veciñal de Teis, xa valora como insuficientes os horarios da nova liña de autobús H3, anunciada por Abel Caballero, que comunicara Teis co hospital Álvaro Cunqueiro, pero un logro da veciñanza, logo de meses de mobilizacións.

Polas persoas desempregadas sen paga nin subsidio teñan un custo no seu bonobus de Vitrasa a 0€.

Tal como reza o titular deste artigo empezou hai mais ou menos tres semanas unha campaña na plataforma de peticións populares change.org, a campaña activada por un cidadán baixo o nome de Tito S.Remy Orta, polo de agora esta petición ten 375 asinantes e agarda acadar máis.

Como ben sabedes en Vigo só temos un medio de transporte público, este é empregado por moitas persoas, ese medio de transporte é Vitrasa (Viguesa de Transportes, S.A.). A mencionada empresa dá a posibilidade de usar un moedeiro electrónico para que as viaxes saian máis económicos, dita tarxeta é o que se chamaba antigamente bono-bus, para ter ese moedeiro electrónico é necesario cumprir uns requisitos como o estar empadroado na cidade, pedir en calquera oficina de ABANCA o impreso de solicitude da tarxeta e logo de entregar o certificado de empadroamento máis a solicitude achegar 0.87 céntimos de euro iso se esa tarxeta que adquires é a traxeta normal a denominada “Tarxeta Verde” xa que hai distintos perfís.

Vitrasa ten entre os seus perfís de usuario a tarxeta social, a tarxeta estudante, o tarxeta universitaria, as duas tarxetas de pensionistas e a tarxeta PMR, esta última esta destinada para persoas con mobilidade reducida, todos eses perfis tes que ter uns requisitos para obtela os cales podedes ver na sua paxina web.

Coa “Tarxeta Verde” a normal as viaxes sae a 0,87 céntimos, a tarxeta estudante 0,84 céntimos, a tarxeta pensionista I e II é gratuíto, a tarxeta universitaria 0,66 céntimos e a social ten un custo por viaxe de 0,67 céntimos.

O que resulta curioso tal como di o cidadán que empezou esta campaña de recollida de sinaturas que ten como destinatario ao alcalde da cidade ao Concello máis Vitrasa e que se unha persoa esta en situación de desemprego e non é estudante, universitario, nin pensionista e non cobra prestación nin subsidio por desemprego que é a situación da maioría de todos as persoas desempregadas deste país e desta cidade non poderá acceder a Tarxeta Social.

A tarxeta social é un bono únicamente que está destinado a persoas desempregadas que cobran unha prestación económica. Polo tanto a persoa desempregada necesita o bono de transporte para moverse pola cidade para acudir a cuantos lugares sexa posible para poder conseguir un ansiado posto de traballo a única solución é sacar a Tarxeta Verde a tarxeta de traballador, o bono que ten a viaxe máis cara tal como dixen anteriormente.

Por esa última razón Tito S.Remy Orta e este diario dixital, solicita ao excelentísimo alcalde da cidade de Vigo Don Abel Ramón Caballero e á empresa concesionaria do transporte público Vitrasa que a Tarxeta Social a destinen para as persoas desempregadas que non cobren ningunha prestación ou subsidio, e asi mesmo, que polo tanto a tarxeta como as viaxes realizadas coa mesma teñan un custo de 0€, sendo estas viaxes con custo 0€ prioritarios para todas aquelas persoas desempregadas que non cobren ningunha prestación económica as cales lle lembro e a maioria desta cidade e do país.

Para poder asinar esta campaña tes que tan so darlle aquí e poñer a túa sinatura, rogamos a colaboración cidada xa que é necesario para as persoas desta cidade.

A.V. de Teis denuncia que o alcalde impide a comparecencia da Asociación no pleno

ilcanallarubens_abel-ramon-caballero_pleno-municipal_2016

A Asociación denunciará estes feitos diante do Valedor do Cidadán e da Valedora do Pobo

A Asociación Veciñal de Teis, o pasado 14 de outubro, solicitou por escrito no rexistro xeral (número de documento 160137275) a intervención dun representante da asociación no pleno municipal do mes de outubro, para expor a demanda da mellora do transporte en autobús desde Teis ao hospital Álvaro Cunqueiro, como así recolle  o regulamento orgánico do pleno, no seu artigo 54.

A decisión de solicitar a intervención no pleno por parte da asociación, débese a que levan meses agardando por unha resposta do goberno municipal a demanda da mellora da conexión do transporte urbano cara o novo hospital, logo de solicitude de xuntanzas, varias manifestacións e a recollida de sinaturas.

Na xunta de portavoces celebrada o pasado 26 de outubro, para preparar o pleno fixado para o 7 de novembro, a preguntas dos grupos da oposición a respecto da solicitude de intervención, respondese que dependía do Alcalde.

Que postos en contacto con funcionarios/as do departamento do secretario xeral do pleno, confirmaron que non figuraba ningunha intervención  na orde do día provisoria.

Entendemos que diante da nosa solicitude debera terse respondido por escrito, explicando os motivos polos que non se permite a intervención. Solicitude que foi presentada en tempo e forma como recolle o regulamento do pleno.

A negativa do goberno municipal non se debe a ningún criterio obxectivo, responde a unha decisión partidista  e claramente antidemocrática.

Abel Caballero, emprega a súa maioría absoluta, para non dar resposta as demandas veciñais, impedir a un colectivo social que poda exercer un dereito que recolle o regulamento do pleno e utilizar as institucións ao seu servizo.

A quen ten medo Abel Caballero? A participación veciñal ?,  A que se denuncie  no pleno a  as reivindicacións  da veciñanza, como neste caso a mellora do  transporte urbano?.

A  Asociación Veciñal de Teis, vai denunciar este novo veto diante do Valedor do Cidadán e da Valedora do Pobo,ao entender que é unha decisión inxustificada e que conculca o dereito a participación cidadá.

A Asociación continuará coas mobilizacións e o vindeiro martes 8 de novembro ás 19:00 horas desde o mercado, temos convocada unha nova manifestación.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

 

Vigo terá nova lei da área Metropolitana co apoio unánime da Cámara

ilcanallarubens_ o area metropolitana de vigo_vigo_2016

Todos os grupos con representación na Cámara galega han avanzado que votarán favorablemente á nova lei da área metropolitana coa que se dotará Vigo. Incluso AGE, que se abstivo no trámite parlamentario previo no Pazo do Hórreo, avanzou o `si` tras o “avance do PP” no diálogo ao aceptar unha das súas emendas sobre cohesión territorial e social

Así as cousas, á espera da votación definitiva, que queda pendente ata que finalice o debate de todos os textos lexislativos que incorpora esta sesión, está previsto que PPdeG, PSdeG, AGE, BNG e Grupo Mixto apoien un texto cuxo “consenso” nace –remarcaron os distintos grupos– do ámbito local e do traballo dos 14 concellos que integran a área.

Con “pasos adiante” en cuestións como a gobernanza e o transporte metropolitano, destacadas por varios grupos, o debate das emendas transcorreu con normalidade. Nel, Chelo Martínez (Grupo Mixto) valorou o acordo e manifestou o seu desexo de que permita “consolidar” a área metropolitana e “mellorar a calidade de vida” dos vigueses.

Pola súa banda, Carme Adán (BNG) destacou o “paso adiante” dado nesta xornada, pero urxiu unha “maior participación cidadá” no seo da área, mentres que o parlamentario de AGE Xabier Ron apelou a ver as normas desde unha perspectiva “global” e non só localista, e defendeu o traballo do seu Grupo para tentar mellorala no trámite parlamentario.

Finalmente, despois dunha primeira intervención na que relatou varias emendas “importantes” que, á súa entender, quedaban fóra da norma, accedeu ao `si` unha vez que o popular Javier Dourado deu por feito que se aceptaría a súa alegación relativa á cohesión territorial e social.

CONFRONTACIÓN PSOE-PP

Con todo, durante o debate si confrontaron con dureza o portavoz do PSdeG no debate, Abel Losada, e Dourado, quen acusou mutuamente ao partido do outro de bloquear un proxecto no que, en palabras do popular, traballaron “moitas persoas desde hai 80 anos”.

E é que Losada botara en cara ao PPdeG “impoñer” unha norma previa que aspiraba a “gobernar Vigo desde fóra” e só cambiar de actitude tras o “aviso” recibido nas urnas nas últimas eleccións municipais, cando os vigueses decidiron incrementar o seu apoio ao alcalde, Abel Caballero, “cun 17-7” (17 edís socialistas por sete populares).

Fronte a iso, Dourado reivindicou o traballo conxunto e, tras criticar que Losada “aproveitase” este debate para buscar un oco “na lista” do PSdeG para as autonómicas “gañando méritos ante o seu amado líder” (en alusión a Caballero, presente no hemiciclo), ironizou coas “medallas” que pretende “colgarse” o PSOE –lendo titulares críticos de membros do partido sobre o anterior proxecto de área–.

RUEDA APELA AO “ESPÍRITO DE CONSENSO”

Pola súa banda, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, fixo uso da quenda de peche ao que pode optar o Goberno tras o debate para remarcar que este é “un día para celebrar”, apelar a que o “espírito de consenso” continúe para poñer en marcha a área metropolitana e lanzar un aviso ao PSdeG: que a correlación na Cámara galega é “41-18” (41 deputados do PP e 18 do PSdeG).

Non en balde, o tamén presidente do PP de Pontevedra defendeu que o paso dado este martes non é “un punto e final”, senón que “se abren moitas posibilidades de cooperación” entre os municipios que conforman a área. Como exemplo, celebrou a incorporación de Vigo á área metropolitana e insistiu no “consenso” agora que vén “o máis difícil”: poñer a andar o proxecto. “Espero que todos esteamos á altura”, destacou Rueda.

COLEXIO DE TERAPEUTAS OCUPACIONAIS

O vicepresidente tamén interveu posteriormente no debate do proxecto de lei de creación do Colexio Oficial de Terapeutas Ocupacionais de Galicia, no que defendeu o seu impulso pola petición do 88% dos profesionais, unha “reclamación maioritaria” que busca reverter unha situación pola que este organismo “existe en 12” comunidades autónomas, e “non en Galicia”.

Consolo Martínez, do Grupo Mixto, reprochou que esta iniciativa “non responde o interese público” senón “corporativo”, mentres que a súa compañeira Carmen Igrexas apoiou a proposta. Desde AGE, Eva Solla lamentou a “demagoxia” do PP e advertiu de que este organismo non implica unha “mellora das condicións” destes traballadores.

Montse Prado, do BNG, que propuxo un texto alternativo, avanzou que “non se opoñerá” ao impulso deste organismo ante a situación de “discriminación” que denuncian os profesionais, mentres que Carme Acuña (PsdeG) destacou que é o propio conectivo “quen a reclama”.
Tamén se transaccionará un artigo en relación á proposta do BNG, segundo avanzou Aurelio Núñez Centeo, do PP, polo que se “buscará fomentar o uso do galego en todas as comunicacións internas e externas”

A área Metropolitana, aprobada por unanimidade

ilcanallarubens_parlamento-galego-aprobacion-area-metropolitana_2016

Todos os grupos parlamentarios apoian a Lei da área Metropolitana, que dá vía libre definitiva ao ente supramunicipal de 14 concellos, con Vigo como capital, para prestar servizos máis eficientes aos cidadáns

O Parlamento galego aprobou onte por unanimidade a modificación da Lei da área Metropolitana de Vigo, coa que se recoñece a capitalidade á cidade e recóllese a participación desta entidade supramunicipal nos tributos do Estado e da Xunta destinados ás entidades locais. Xa pola mañá todos os grupos con representación na Cámara galega avanzaron o seu voto favorable á nova lei coa que se dotará Vigo.

Incluso AGE, que se abstivo no trámite parlamentario previo no Pazo do Hórreo, votou que si tras o “avance do PP” no diálogo ao aceptar unha das súas emendas sobre cohesión territorial e social. Os grupos destacaron o “consenso” que nace do ámbito local e do traballo dos 14 concellos que integran a área.

ilcanallarubens_ o area metropolitana de vigo_vigo_2016

Con “pasos adiante” en cuestións como a gobernanza e o transporte metropolitano, destacadas por varios grupos, o debate das emendas transcorreu con normalidade. Nel, Chelo Martínez (Grupo Mixto) valorou o acordo e manifestou o seu desexo de que permita “consolidar” a área Metropolitana e “mellorar a calidade de vida” dos vigueses. Participación cidadá.

Pola súa banda, Carme Adán (BNG) destacou o “paso adiante” pero urxiu unha “maior participación cidadá” no seo da área, mentres que o parlamentario de AGE Xabier Ron apelou a ver as normas desde unha perspectiva “global” e non só localista, e defendeu o traballo do seu Grupo para tentar mellorala no trámite parlamentario.

Finalmente, despois dunha primeira intervención na que relatou varias emendas “importantes” que, á súa entender, quedaban fóra da norma, accedeu ao si unha vez que o popular Javier Dourado deu por feito que se aceptaría a súa alegación relativa á cohesión territorial e social. duro debate entre PP e PSOE.

Con todo, durante o debate si confrontaron con dureza o portavoz do PSdeG no debate, Abel Losada, e o do PP, Javier Dourado, quen acusou mutuamente ao partido do outro de bloquear o proxecto. Losada botou en cara ao PPdeG “impoñer” unha norma previa que aspiraba a “gobernar Vigo desde fóra” e só cambiar de actitude tras o “aviso” recibido nas urnas nas últimas eleccións municipais, cando os vigueses decidiron incrementar o seu apoio ao alcalde, Abel Caballero, “cun 17-7” (17 edís socialistas por sete populares de representación nas últimas eleccións en Vigo).

O socialista Abel Losada tachou a lei orixinal de 2012, na que se basea a modificación, de “sectarismo e incompetencia” por parte do PP, “un intento de gobernar Vigo desde fóra”, na súa opinión, e que lle levou a dicir que “non era un ataque ao alcalde e ao PSdeG, senón que era un ataque a Vigo”.

Fronte a iso, Dourado reivindicou o traballo conxunto e, tras criticar que Losada “aproveitase” este debate para buscar un oco “na lista” do PSdeG para as autonómicas “gañando méritos ante o seu amado líder” (en alusión a Caballero, que estaba presente no hemiciclo), ironizou coas “medallas” que pretende “colgarse” o PSOE. “Perdeu unha magnífica oportunidade de ser elegante e de defender a Vigo. Preferiu no canto de defender a lei atacar ao PP”, criticou Javier Dourado.

Durante o debate os distintos grupos mostraron tamén a súa alegría pola aprobación do texto e defenderon as emendas pendentes, algunhas das cales foron incorporadas. Tamén houbo tempo para repróchelos, xa que BNG, AGE e Grupo Mixto coincidiron en reclamar unha lei máis ambiciosa, coa creación dun consello intermunicipal, por exemplo, que foi rexeitado por tratarse dun órgano que pode constituír a posteriori a propia Área Metropolitana.

Rubens Rocha

A A.V. de Teis demanda unha mellora do autobús ao Hospital Álvaro Cunqueiro

ilcanallarubens_vitrasa-hospital-álvaro-cunqueiro_vigo_2016-758x426

Desde a apertura do novo hospital Álvaro Cunqueiro, disto fai un ano, as queixas son continuas da veciñanza que utiliza o autobús urbano cara o novo hospital desde Teis. A veciñanza de Teis, ten que desprazarse ate a avenida de García Barbón (Casa de Artes e Oficios) H1 ou até os Choróns H2 para poder conseguir un enlace para ir ao novo hospital. Non hai ningunha liña que pase ou saia da parroquia de Teis. A liña H1, non funciona nin sábados, domingos e festivos.

Debemos ter en conta que unha parte importante dos/as usuarios/as son persoas maiores e supón un problema ter que coller varios autobuses, din dende a asociación veciñal, os domingos e festivos chegar ao Álvaro Cunqueiro supón un esforzo enorme para visitar aos familiares, engaden.

Temos un hospital con moitas deficiencias e a maiores carecemos dun bo transporte urbano que lles permita chegar ao hospital desde Teis, din.

Desde a Asociación manifiestan que debe ser unha prioridade mellorar a conexión do autobús urbano co hospital Álvaro Cunqueiro desde Teis. O goberno municipal debe esixir a empresa concesionaria “Vitrasa” que mellore este servizo debidamente e que atenda as demandas da veciñanza de Teis.

A Asociación xa solicitou dúas xuntanzas coa Concellaría de Transporte unha o pasado ano e outro neste, sen recibir até o de agora ningunha resposta.

A asociacion veciñal de teis propoñen, que a liña H2 e H1 sexan ampliadas até Teis e que a liña H1funcione os sábados,domingos e festivos.

Rubens Rocha