Archivos por Etiqueta: Túnel de Elduayen

1.208 persoas asinaron a petición do cambio do trazado do túnel de Elduayen

porta-do-sol

Hoxe pasadas as 4 horas AM xa eran 1.208 persoas que asinaran a petición na plataforma change.org para reclamar que se peonalice o centro de Vigo pero reformulándose o trazado do túnel de Porta do Sol concretamente a petición esta baixo o titular “SI a la peatonalización del centro de Vigo, NO al túnel subterráneo en el Casco Histórico”, dita petición realizada pola Asociación de veciños e comerciantes afectados polas obras do túnel na rúa Elduayen en Vigo.

Algúns dos veciños da rúa Elduayen xa colocaron pancartas de protesta nos seus balcóns para pedir que o goberno municipal leve a cabo unha reforma do proxecto, cuxo inicio está previsto para o próximo mes de outubro.

Concretamente o proxecto iniciásese segundo informou o Concello sera este ano no mes de outubro de 2019, a asociación manifestouse decindo que “O centro de Vigo unha importante obra de tunelación que alterará de forma irreversible o acceso e a vida cotiá dos veciños e comerciantes do Casco Vello (a zona histórica da cidade), así como de persoas con mobilidade reducida, repartidores, transportistas, etc”.

goberno municipal da cidade de Vigo o día 3 de maio aprobaba o proxecto de peonalización da Porta do Sol, proxecto que soterrará o tráfico e fará peonil a Porta do Sol, obra que inclúe unha rampla mecánica desde Carral. O orzamento para actuación roza os 17 millóns de euros, subvencionado con fondos FEDER da Unión Europea dentro da estratexia EDUSI.

O Concello contempla a construción dun túnel de dous carrís de 3,5 metros de ancho cunha única entrada en Policarpo Sanz e dúas saídas independentes para cada carril na rúa Elduayen. O paso inferior aproveita parte do aparcamento soterrado da Porta do Sol.

A humanización e transformación da rede viaria na Porta do Sol supón crear 8.000 metros cadrados de espazo público peonil, dotado de zonas verdes e mobiliario urbano con elementos singulares, como un estrado-escenario, unha réplica das illas Cíes ou unha maqueta tiflolóxica que amose a configuración do novo espazo para as persoas con visibilidade reducida.

A ordenación do ámbito peonil complétase coa execución dunha rampla mecánica en Carral para facilitar a mobilidade vertical da cidadanía, dando continuidade ao itinerario que seguen as actuais escaleiras mecánicas que van da Porta do Sol á zona do Concello.

O proxecto recolle ademais a reposición e construción de redes de servizos urbanos, como a iluminación pública, gas, electricidade, telecomunicacións, saneamento e abastecemento na Porta do Sol e en Elduayen.

O goberno municipal afirmaba o 4 de xuño que “O Concello recibe ata o 28 de xuño as ofertas para peonalizar a Porta do Sol”, ata finais de mes, as empresas poden optar á execución dos traballos de soterramento do tráfico e humanización de Porta do Sol, segundo informou este martes Abel Caballero. Financiado con fondos FEDER da Unión Europea, este proxecto municipal presenta un orzamento de 17 millóns.

Logo de aprobar o proxecto en Xunta de Goberno o pasado 3 de maio e a apertura do proceso de licitación o 24 do pasado mes, o Concello ten aberto o prazo de recepción de ofertas ata o próximo 28 de xuño, segundo trasladou este martes o alcalde en funcións. O prazo estimado de execución das obras é de dous anos e o orzamento municipal ascende a 17 millóns de euros -parte do proxecto EDUSI Vigo Vertical cofinanciado con fondos FEDER da Unión Europa-.

O proxecto contempla a construción dun túnel e incorpora unha rampla mecánica desde Carral ata a Porta do Sol, que dará continuidade á xa existente na rúa II República. En superficie, o Concello creará un espazo público peonil de 8.000 metros cadrados, con zonas verdes, mobiliario urbano e elementos singulares como un escenario, unha réplica das illas Cíes ou unha maqueta tiflolóxica para persoas con visibilidade reducida na que amosa a configuración do espazo público.

O goberno vigués reporá ademais as redes de iluminación pública, gas, electricidade, telecomunicacións, saneamento e abastecemento. Abel Caballero explicou sobre a Porta do Sol que “queremos gozala como unha praza peonil”, indicou que “Vigo non ten unha gran praza” e este proxecto “é unha gran obra para compactar a cidade, o casco vello alto e baixo e a Porta do Sol”.

Asociación de veciños e comerciantes afectados polas obras do tunel na rúa Elduayen en Vigo empezaron a recollida de sinaturas a comezos deste mes de agosto, solicitadolle ao Excelentísimo Alcalde de Vigo, Don Abel Caballero, que atenda a sua petición de revisión ou cancelación do proxecto do túnel baixo o Centro histórico da cidade, polos seguintes motivos:

Porque AUMENTARÁ O TRÁFICO no Miradoiro do Paseo de Alfonso

(ao non incluílo na peonalización, o tráfico de vehículos no paseo multiplicarase)

Porque NON É NECESARIO PARA A PEONALIZACIÓN do centro

(un simple corte de tráfico entre Porta do Sol e Paseo de Alfonso abarcaría todo ese tramo)

Porque FAI INVIABLE O ACCESO BÁSICO por centos de persoas

(maiores con mobilidade reducida, comerciantes, transporte público, repartidores, etc)

Porque non se debe ARRISCAR O PATRIMONIO HISTÓRICO de Vigo

(a obra a 7 metros de profundidade afecta a edificios do século XIX e varios xacementos)

Porque ESCONDER A CONTAMINACIÓN URBANA non é unha solución

(o tráfico rodado aumentará considerablemente, pero só un tramo irá baixo terra)

Porque o túnel mide 400 metros pero SÓ PEONALÍZASE A METADE

(18 millóns de euros nunha obra que reduce as beirarrúas para favorecer o tráfico pesado?)

Segundo este díario tivo acceso a un documento do “Vigo Vertical” publicado nas redes polo edíl Rubén Pérez que viña a decir textualmente “Durante o proceso de execución das actuacións terase en conta á cidadanía por unha banda e aos axentes sociais e económicos por outro mediante os mecanismos anteriormente descritos, co obxectivo que realicen achegas e dean a súa opinión sobre o que se esta facendo. Así mesmo, crearase un Comité de participación que incluirá a axentes sociais, asociacións veciñais, etc. cos que manteremos reunións periódicas para contrastar os logros e os afectos conseguidos coas actuacións en marcha e poder redirixir o proceso de execución”.

O documento

Documento-Vigo-Vertical

O proxecto en infografías

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Aquí a simulación de como sería o túnel

O gráfico presentado pola Alcaldía

o grafico presentado pola alcaldia

Poño en coñecemento estas dúas ligazóns

Cartaz da campaña

SI a la peatonalización del centro de Vigo, NO al túnel subterráneo en el Casco Histórico