Archivos por Etiqueta: turismo

A bipolaridade da xente Viguesa e a do Alcalde

 

Para esta entrada elixín un bo titulo como tamén unha boa imaxe que é a mostra de que o medio ambiente aos cidadáns e cidadás de Vigo como á institución que representa tal cidade impórtalles ben pouco como dicir nada o MEDIO AMBIENTE. Esta é unha editorial/artigo na que fío palabras e feitos reais.

 

Despois da introdución imos á cuestion

 

A bipolaridade da xente Viguesa e a do Alcalde

A cidadanía viguesa é un tanto rara ao que é coidar o medio ambiente xa que consigo arrastan a denominada síndrome anos 70, esa síndrome que é o de construír unha cidade sen orde con tal de construír sen importar o que leve por diante xa que o que importa é poñer formigón e ladrillo, así é cidadanía rara por dicilo de forma branda con ese sindrome.

A ciudadania viguesa é esa que se acorda da importancia do medio ambiente cando as súas costas sofren un atentado ou cando os seus bosques son invadidos por eucaliptos cando arden xa que devanditos arboles son os mistos para os bosques.

O curioso disto que mencione anteriormente é ver cando esta cidadanía concienciada cando pasan eses desastres é a capacidade de mutación que ten pasadas unhas semanas, porque digo iso de pasadas unhas semanas? porque pasadas unhas semanas esa cidadanía posiciónanse a favor de botar formigón en bosques… posiciónanse a favor de destruír bosques para construír centros comerciais como “PORTO CABRAL” e ” Recare” este ultimo foi clave para que o PXOM aprobado polo actual alcalde e a concelleira de urbanismo cando o bipartito da Xunta fósese abaixo por non respectar o medio ambiente.

Esas mesmas persoas que se posicionan a favor deses centros comerciais abalados polo alcalde o cal quixo facerse o heroe nos pasados incendios forestais sucedidos en Vigo o pasado ano no mes de outubro, ese alcalde que é un experto en que os cidadáns repitan os seus mantras esquecendo o pasado recente dos seus mantras.

Ese alcalde que pasado uns meses da catástrofe mais recente de Vigo vénselle á cabeza a idea de facer un anel contra lumes natural é o mesmo que dixo aquilo “MENTRES NON HAXA PXOM NON HABRA PORTO CABRAL!”, afirmación totalmente incompatible coa creacion dese anel que prometio que brindara a seguridade da cidadanía xa que realmente Vigo dispón dunha coroa a cal brinda de saúde aos e as viguesas a cal nun dos seus eixos sitúase onde queren construír dito macro proxecto do centro comercial e lecer PORTO CABRAL, proxecto que seria no parque forestal de Cabral- Liñeiriños parque fundamental nesa coroa saudabel… polo cal se cumpre iso de que dito alcalde acórdase da importancia do medio ambiente cando o ve en perigo pero logo tal como di o refraneiro “se che e visto non me acordo”.

O alcalde que temos en Vigo é fanático de “HUMANIZAR” as rúas para mostrarlle ao mundo unha nova imaxe da cidade ao exterior pero eso si humanizar sen integrar os bens naturais que xa hai xa que máis de 4.000 árbores segundo el se puxeron onde xa habia polo cal 4.000 tallas “baixo a escusa de estar enfermos” árbores que se poden salvar pero eso e custoso e segundo el ás árbores son “adornos“, cousa que non esta nada mal pero bueno sigo fiando fino, humanizacións que van cos seus correspondentes xardineiras e as súas respectivas árbores escobillas así é como lles denomino eu aos que poñen para substituír aqueles árbores que levan décadas e centenares de anos na cidade, arboles sans, arboles grandes que en se teñen a súa gran importancia, a cal desenvolverei mais tarde pero isto agora no momento fiando fino, humanizacións que fai pero logo ditas humanizacións non se manteñen xa que hai moitas delas co granito totalmente roto e xardineiras con ervas salvaxes e algunhas sen nada e outras esnquizadas… bueno iso non che ten moita importancia xa que o que máis importancia ten é que este alcalde que temos é tamén fanático de tallar arboles grandes, de onde vén iso de tallar as árbores grandes? pois vén desgraciadamente cando Vigo foi prexudicado por un temporal, cando un deses arboles caiu na Avenida de Castelao enrriba dun coche dun amigo do alcalde e empresario (así o dixo no seu programa Vigo de Cerca da canle localia televigo), pasado o temporal daquel suceso onde só houbo danos materiais empeza a talla indiscriminada de CHOPOS da Avenida de Castelao e logo progresivamente foi tallando outras partes da cidade na que dicía que moitos das árboles estaban enfermos mentres que enxeñeiros e expertos forestais que colaboran en movementos cidadáns e en organizacións non gobernamentais concienciadas co medio ambiente contradicían ao alcalde polas súas decisións de talla de arboles baixo supostamente que estaban enfermos.

O máis recente ao tema de talla de árbores e que as 128 árbores plantados no tramo da Gran Vía comprendido entre Urzaiz e a praza de España desaparecerán coa transformación que planea o Concello para dotar de ramplas mecánicas a esta rúa.

Sen voz o noso verde Gran Vía pende dunha motoserra que borre todos os castiñeiros de indias, non tan indios, nin castiñeiros, pero moi queridos polos vigueses que colleitabamos como o maior dos tesouros as súas castañas dás bruxas. Comentarvos que non se se axudará moito esta curiosidade para salvalos pero aos cabalos (non os pétreos de praza España) resúltanlles especialmente agradables estas castañas, tanto que coñecen esta árbore por media Europa como horse chestnut ou castaña de cabalo.

Aquí líbrase unha batalla contra outras moitas cousas, afirma o grupo creado en Facebook “Salvemos a Gran Vía de Vigo”: o que non nos deixen sen forzudos rederos e que non nos pinten tan de gris o progreso.

No proxecto da obra recolle que quedaremos sen 45 camelios e 29 naranxos do bulevar e sufriremos vendo como os 41 castiñeiros das Indias e os 13 tilos das beirarrúas laterais tállanse, e o alcalde di que poñeran no seu lugar 300 árbores novos “arbores escobilla”.

O futuro da nosa cidade ha de ser para nós verde esperanza. O proxecto contempla o traslado dos 74 camelios e naranxos e a talla doutros 54.

Non saben se conseguirán parar ao xigante de ferro, o que si está claro que ata os Dinosetos indígnanse ante tan pouco sentimento que non é outro que o de sacar para poñer outros miniárbores máis substanciosos, aínda que non para nós, o palmatum, cornus florida, magnolia loebneril ou cotinus coggygria, o ginkgo biloba ou algunhas magnolia kobus, onde vai parar, nada que ver cos nosos queridos aesculus hippocastanum pertencentes á robusta familia dos arces.

O futuro sempre estará nas mans dos que ven máis aló aínda que sempre teñen ese peso do que dita unha sentenza en beneficio, non dicimos nin propio nin impropio porque agora sae á luz co proxecto un “as árbores están malitos e por se caen cortámolos moito antes” e ante isto, confiar na boa fé do que fai o estudo, é o que nos queda para que a talla de 128 árbores de Gran Vía sexa menos dolorosa e en conciencia limpa, veremos o que pasa porque xa vos van avisando que estas escaleiras traerannos á parte de comodidade gastos e contaminación aí van os datos que se manexan, que asustan, e moito.

A cifra final da emisión de CO2 traduciríase en 30 toneladas ao ano. Case ná.

As árbores no medio ambiente urbano

As árbores son moi beneficiosos para o medio ambiente urbano. Cumpren varias funcións que favorecen á cidade e, polo tanto, aos seus habitantes. En primeiro lugar, melloran a calidade do aire pois son axentes activos que reducen a contaminación atmosférica. Se nas grandes cidades non houbese árbores, o tráfico faría case imposible vivir nelas.

As árbores xeran osíxeno, absorben dióxido de carbono e reteñen os pos e partículas que se manteñen no ambiente. Pero, ademais, tamén reducen o molesto ruído que se produce na maioría das grandes cidades, tráfico, cláxones, sirenas, berros, obras, todos estes molestos sons resultan atenuados polas follaxes das árbores, que fan un labor de barreiras antisonido, de illantes acústicos, atrasando ou, mesmo, detendo as ondas sonoras.

Ademais, regulan e actúan sobre o clima, xa que aumentan a humidade do ambiente e diminúen a temperatura no verán e auméntana no inverno, ademais de xerar correntes de aire e constituír pantallas contra o vento, a choiva, a neve, a saraiba ou os raios solares. Así mesmo, as árbores que non están rodeados de formigón e cemento, purifican as augas que se filtran polo chan, pois as súas raíces actúan como descontaminantes, retendo nutrientes e axentes patógenos. Tamén hai que pensar que as árbores serven como morada de aves, que alegran a cidade coa súa presenza e cantos.

A importancia das árbores

1.Unha árbore grande pode absorber ata 150 kg de CO2 ao ano, por tanto son de gran importancia nunha cidade onde a contaminación adoita ser unha problemática importante. As árbores poden mellorar a calidade do aire, facendo das cidades lugares máis saudables para vivir.

2.Ademais, i na mesma liña que no punto 1, as árbores grandes son excelentes filtros para contaminantes urbanos e partículas finas. Absorben gases contaminantes como monóxido de carbono, óxidos de nitróxeno, ozono e óxidos de sulfuro. Tamén filtran partículas finas como po, sucidade ou fume do aire atrapándoos sobre as follas e a cortiza.

3.As árbores xogan un papel importante no aumento da biodiversidade urbana, proporcionando ás plantas e animais un hábitat, alimento e protección.

4.A localización estratéxica das árbores nas cidades pode axudar a arrefriar o aire entre 2 e 8 graos Celsius, reducindo así o efecto de “illa de calor” urbana, unha acumulación de calor polo inmensa mole de formigón, e demais materiais absorbentes de calor.

5.As investigacións demostran que vivir preto dos espazos verdes urbanos e ter acceso a eles pode mellorar a saúde física e mental, por exemplo diminuíndo a tensión arterial alta e a tensión. Isto, á súa vez, contribúe ao benestar das comunidades urbanas.

6.As árbores maduras regulan o fluxo da auga e desempeñan un papel crave na prevención de inundacións e na redución de riscos de desastres naturais. Un perennifolio ou árbore madura de folla verde permanente, por exemplo, pode interceptar máis de 15 000 litros de auga ao ano.

7.A colocación correcta das árbores ao redor dos edificios pode reducir a necesidade de aire acondicionado nun 30 por cento e reducir as facturas de calefacción no inverno entre un 20 e 50 por cento.

8.As árbores poden contribuír ao aumento da seguridade alimentaria e nutricional local, proporcionando alimentos como froitas, froitos secos e follas tanto para o consumo humano como para a forraxe. A súa madeira, á súa vez, pódese utilizar para cociñar e quentar.

9.A planificación de paisaxes urbanas con árbores pode aumentar o valor dunha propiedade nun 20 por cento.

A verdade é que as árbores e o medio ambiente terían que ser tan respectados nas grandes cidades como as propias persoas.

Non descarto en facer a segunda parte desta editorial/artigo xa que da para moito o asunto do MALTRATADO MEDIO AMBIENTE EN VIGO e MENOS PREZADO polo habitante da cidade xa que ten esa bipolaridade reflectida neste humilde blogue da DETORIT VIGUESA e deste home chamado Rubens Rocha.

 

 

Algunas das fontes

La Vanguardia | Ecologia verde | Hemeroteca FdV

O goberno de Vigo prevé ter en vigor en 2017 a nova ordenanza reguladora dos mercadiños

ilcanallarubens_mercadillo vila de bouzas_2013_Verán_Vigo

“Seguimos traballando na modificación da ordenanza que cremos que debe entrar en vigor o un de xaneiro”, explicou este martes o alcalde de Vigo, tras valorar a “absoluta normalidade” coa que se desenvolveu o mercadiño de Bouzas o pasado domingo.

Abel Caballero indicou que o mercadiño de Bouzas se levou adiante o pasado domingo con “absoluta normalidade”, con sesenta postos de venda. Avanzou o rexedor vigués que se está a revisar a documentación presentada no Concello por novos solicitantes para proceder á adxudicación de postos aos que cumpran cos requisitos estipulados.

“Seguimos traballando na modificación da ordenanza que cremos que debe entrar en vigor o 1 de xaneiro”, explicou o alcalde de Vigo, quen recordou que se estuda a rebaixa das taxas de ocupación da vía pública para os postos.

Rubens Rocha

ை Presentouse a onceava tempada de Uruguai a Toda Costa

Foto tusdestinos.net

Foto tusdestinos.net

Uruguai a “Toda Costa” é un programa do Ministerio de Turismo que se realiza nun escenario de 600 quilómetros de costa e que ofrece en forma gratuíta aos veraneantes deportes ao aire libre, espectáculos e apoio á tarefa dos guardavidas e profesores de educación física.

O pasado 21 de decembro, no Ministerio de Turismo, levou a cabo o lanzamento da onceava tempada de Uruguai a Toda Costa, “nun acto que contou coa presenza da ministra de Turismo dese país Liliam Kechichian, o secretario nacional do Deporte, Fernando Cáceres, e o presidente a empresa estatal de comunicacións Antel, Andrés Tolosa Uruguai a Toda Costa” “é un programa do Ministerio de Turismo patrocinado por Antel desde hai 11 anos, que conta co apoio de UTE, BSE e Secretaría Nacional do Deporte (SND).”

A organización do encontro sinalou que, nun escenario de 600 quilómetros de costa, ‘Uruguai a Toda Costa’ ofrece en forma gratuíta aos veraneantes deportes ao aire libre, espectáculos e apoio á tarefa dos guardavidas e profesores de educación física.

Aos tradicionais departamentos con costa sobre o Río da Prata e o Océano Atlántico, que son Colonia, San José, Montevideo, Canelones, Maldonado e Rocha, na súa decimoprimera edición súmanselle Río Negro, Soriano, Florida, Trinta e Tres e Cerro Longo.

A Ministra Kechichian destacou o carácter interinstitucional deste programa que se desenvolve nun país “cunha costa extraordinaria na que as actividades deportivas e culturais fan ao gozar do verán”.

Recoñeceu que aínda que se fixo un axuste presupuestal, “o programa salvouse da mellor maneira, e segue dando unha resposta a cada un dos departamentos, con 20 artistas de traxectoria, xunto a novos artistas locais, algúns suxeridos polos propios gobernos departamentais, o cal sempre nos pareceu unha combinación moi boa”.

Doutra banda, a xerarca indicou que Uruguai a Toda Costa “é unha achega moi importante en seguridade porque prové a todos os guardavidas da costa, de telefonía celular provista por Antel e a indumentaria necesaria”.

Kechichian manifestou a súa alegría por ter “unha oferta que conteña o deportivo, o cultural, a inclusión, o lecer, a recreación, xunto coa seguridade, dunha maneira gratuíta e que se comparta nos departamentos”.

Uruguai a Toda Costa

Para a edición desta tempada agárdase a presenza máis de 200.000 espectadores e a grilla de espectáculos incluirá a máis de 15 expoñentes de promoción seleccionados e máis de 20 artistas con traxectoria.

Uruguai a Toda Costa comprende actividades recreativas inclusivas en diversas praias, o proxecto “Coidándote vos, gozamos todos”, da Xunta Nacional de Drogas e a Unidade Nacional de Seguridade Viaria, e “O MAPI vai á praia”, o deseño do Museo de Arte Precolombino e Indíxena que ofrece a veraneantes talleres de arqueoloxía, música e teatro.

O programa impulsa tamén o deporte de recreación e de saúde, así como os encontros de verán na praia, con prácticas de handball, vóley, fútbol masculino, feminino e infantil, hockey, tenis e rugby, que se realizan no estadio “Areas do Prata” de Pocitos e escenarios do interior.

Compromiso de Accesibilidade

Uruguai custe o que custe apoiará programas recreativos inclusivos en praias de Maldonado, a través da achega de materiais deportivos alternativos. Estes programas permiten a participación activa de persoas con discapacidades nas praias, constituíndose en ferramentas de accesibilidade á recreación, ao turismo e ao gozar do tempo libre.

Esta articulación realízase no marco do Compromiso de Accesibilidade.

Xunta Nacional de Drogas

Por cuarta tempada consecutiva, o programa “Coidándote vos, Gozamos todos” traballa coordinadamente co

Ministerio de Turismo e con UATC, posibilitando que as intervencións dos actores e promotores realícense nos diferentes departamentos.

O Proxecto “Coidándote vos, gozamos todos” é unha iniciativa da Xunta Nacional de Drogas (JND) e a Unidade Nacional de Seguridade Viaria e desenvólvese no marco do Programa “Cuidate e goza”.

A Xunta Nacional de Drogas traballará cun grupo de mozos promotores de saúde xogando coas persoas sobre os riscos asociados aos consumos e sobre as medidas de coidado concretas no caso de que as persoas decidan consumir.

O “MAPI vai á Praia”

O Museo de Arte Precolombino e Indíxena (MAPI), dependente do Departamento de Cultura da Intendencia de Montevideo, levará a cabo por terceiro ano consecutivo o proxecto “O MAPI vai a Praia” que consiste nunha serie de talleres e exposicións no marco do Programa Uruguai custe o que custe, organizado polo Ministerio de Turismo.

A iniciativa do MAPI foi galardoada en 2014 co Premio Iberoamericano de Museos e permite chegar aos veraneantes locais e estranxeiros coas algunhas das mellores propostas do museo.

Na edición Verán 2016, o MAPI estará presente en Montevideo, Canelones, Rocha e Soriano coas seguintes propostas: Talleres de arqueoloxía, Talleres de música, Teatro, Exposición Sacbé, Camiño branco, Fotografías de Javier Hinojoza, Exposición Espellos de luz, Fotografías de Graciela Iturbide. Ambas as exposicións son coorganizadas coa

Embaixada de México en Uruguai

Tamén ofrecerá talleres de música e unha obra de teatro no Teatro Florencio Sánchez do Cerro (Montevideo).

Outros apoios

UATC apoia distintos eventos que se realizan nas costas do Uruguai, a nova por exemplo o torneo para persoas discapacitadas na praia brava de Maldonado.

Apoio ao proxecto “Modo Verán” impulsado pola Secretaría da Mocidade “Zona Nova” de Cerro Longo. Tamén se brindará apoio a diferentes actividades coordinadas pola Dirección Departamental de Turismo de Florida.

Rubens Rocha

ை Río Eifonso e Fervenza Eifonso

IlCanallaRubens_SendaEifonso_FervenzaEifonso_2015_VigoSe hai unha ruta con encanto en Vigo sen dúbida é a ruta do río Eifonso, entre Bembrive e Beade. Unha explosión de natureza impresionante, vaias na estación que vaias, e unha opción moi recomendable para os vigueses e viguesas: nun cuarto de hora deixarás atrás a loucura do tráfico e a gran cidade para entrar nun auténtico oasis.

A ruta do río Eifonso PR-G5 é un paseo natural de curto percorrido por bosques autóctonos, muíños e ermidas. Está ao lado da cidade e é perfecta para camiñar e relaxarse xunto ao río. Trátase dunha ruta con algo de pendente que nos permitirá internarnos por lugares cheos de natureza, onde aínda se conservan múltiples elementos etnográficos.

Este sendeiro por Vigo de curto percorrido é doadamente accesible dende o centro da cidade tanto en transporte público coma en vehículo particular. Saíndo da cidade pola avenida de Madrid en dirección Ao Porriño apartarémonos en Bembrive e tomaremos a estrada a Beade. A uns 50 m da ponte que cruza o río Eifonso, está sinalizado o inicio do sendeiro, que xa nos permite ver os seus muíños e pequenos saltos de auga.

Tras superar, camiñando sempre de fronte, un cruzamento de camiños, a senda ascende progresivamente ata a ermida de San Cibrán, cun agradable ámbito para descansar antes de continuar por unha pronunciada suba e empezar a xirar lixeiramente cara á esquerda mentres se atravesa un mesto bosque e se cruza a autoestrada ao Val Miñor. É esta unha zona con numerosos camiños de carros lousados e restos de antigos poboados.

A ruta remata no parque forestal de Beade, con impresionantes vistas sobre o val coa cidade ao fondo. Pero tamén é posible enlazar dende alí cos sendeiros de longo recorrido GR-53 e GR-58 que cruza todos os montes vigueses.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]
#Vigo #Eifonso #RioEifonso

Vídeo mostra do afluente do Río Lagares o Río Eifonso xunto á súa Fervenza tamen chamada Eifonso.

ை Vigo atraves de mi cámara de fotos.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.