Archivos por Etiqueta: VigoVerde

Desmontando o bulo de Abel Caballero | «As partículas algodonosas dos chopos non son alerxénicas»

«As partículas algodonosas dos chopos non son alerxénicas»

A xefa do servizo de Alergoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) explica que os chopos emiten partículas algodonosas con pole que poden resultar irritantes.

«Poden irritar as vías respiratorias e afectar ás mucosas oculares ou nasais», admite a doutora. Con todo, descarta por completo a capacidade dos grans de pole desta especie arbórea como responsable de calquera tipo de alerxia. «Non son alerxénicos», sentencia a responsable da área de Alerxia dos hospitais de Vigo. A doutora apóiase en estudos avalados pola comunidade científica, polo que desmente a afirmación do alcalde de Vigo, Abel Caballero, que aseguraba onte que estas árbores producían alerxias.

Abel Caballero volve a pingar mal a comunidade cientifica “El alcalde de Vigo, Abel Caballero, proclamó ayer su intención de erradicar esta especie arbórea del espacio urbano de la ciudad. El regidor argumenta que se trata de una especie «nefasta, que emite algodones que producen alergias y que da sensación de agobio». Los jefes del servicio de Alergología de los principales hospitales de Galicia e ingenieros forestales no solo desmontaron la tesis municipal, sino que pusieron en valor la importancia de esta especie en las ciudades para reducir la contaminación y el ruido”.

No xornalismo uno dos seus puntos mais elementais e fundamentais é contrastar se o suxeito ao que se lle esta dando voz di toda a verdade facendo a proba da veracidade, mentres tanto o diario decano da cidade de Vigo o Faro de Vigo non se digno de tal… non se dignou a mostrar a outra cara da información, información que nos afecta a todos e todas as cidadás de Vigo, a saúde que nos dan os arboles grandes non a dan a saúde dos arboles fracos ou como denomino eu mesmo “as arboles anorexicas” que esta a poñer o concello de Vigo desde o ano 2007 cando se desatou a febre de humanizar.

Ligazón no que me baseo para dicir que non contrasta a información: «Adiós a los chopos de Vigo» https://www.farodevigo.es/gran-vigo/2018/07/05/adios-chopos-vigo/1923469.html

Mentres tanto a Voz de Galicia vén contrastar que o dndito polo alcalde da cidade é unha mentira facendo así desmontar o HOAX ( Bulo) que Abel Caballero difunde aos seus veciños e veciñas.

Ligazón no que me baseo para decir tal cousa, que por certo, a Voz de Galicia contrasta a información dita polo alcalde vigues: Caballero: «Todos los chopos tienen que caer» https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/vigo/2018/07/06/chopos-caer/0003_201807V6C3991.htm

Mentres tanto cabe sinalar

As árbores no medio ambiente urbano

As árbores son moi beneficiosos para o medio ambiente urbano. Cumpren varias funcións que favorecen á cidade e, polo tanto, aos seus habitantes. En primeiro lugar, melloran a calidade do aire pois son axentes activos que reducen a contaminación atmosférica. Se nas grandes cidades non houbese árbores, o tráfico faría case imposible vivir nelas.

As árbores xeran osíxeno, absorben dióxido de carbono e reteñen os pos e partículas que se manteñen no ambiente. Pero, ademais, tamén reducen o molesto ruído que se produce na maioría das grandes cidades, tráfico, cláxones, sirenas, berros, obras, todos estes molestos sons resultan atenuados polas follaxes das árbores, que fan un labor de barreiras antisonido, de illantes acústicos, atrasando ou, mesmo, detendo as ondas sonoras.

Ademais, regulan e actúan sobre o clima, xa que aumentan a humidade do ambiente e diminúen a temperatura no verán e auméntana no inverno, ademais de xerar correntes de aire e constituír pantallas contra o vento, a choiva, a neve, a saraiba ou os raios solares. Así mesmo, as árbores que non están rodeados de formigón e cemento, purifican as augas que se filtran polo chan, pois as súas raíces actúan como descontaminantes, retendo nutrientes e axentes patógenos. Tamén hai que pensar que as árbores serven como morada de aves, que alegran a cidade coa súa presenza e cantos.

A importancia das árbores

1.Unha árbore grande pode absorber ata 150 kg de CO2 ao ano, por tanto son de gran importancia nunha cidade onde a contaminación adoita ser unha problemática importante. As árbores poden mellorar a calidade do aire, facendo das cidades lugares máis saudables para vivir.

2.Ademais, i na mesma liña que no punto 1, as árbores grandes son excelentes filtros para contaminantes urbanos e partículas finas. Absorben gases contaminantes como monóxido de carbono, óxidos de nitróxeno, ozono e óxidos de sulfuro. Tamén filtran partículas finas como po, sucidade ou fume do aire atrapándoos sobre as follas e a cortiza.

3.As árbores xogan un papel importante no aumento da biodiversidade urbana, proporcionando ás plantas e animais un hábitat, alimento e protección.

4.A localización estratéxica das árbores nas cidades pode axudar a arrefriar o aire entre 2 e 8 graos Celsius, reducindo así o efecto de “illa de calor” urbana, unha acumulación de calor polo inmensa mole de formigón, e demais materiais absorbentes de calor.

5.As investigacións demostran que vivir preto dos espazos verdes urbanos e ter acceso a eles pode mellorar a saúde física e mental, por exemplo diminuíndo a tensión arterial alta e a tensión. Isto, á súa vez, contribúe ao benestar das comunidades urbanas.

6.As árbores maduras regulan o fluxo da auga e desempeñan un papel crave na prevención de inundacións e na redución de riscos de desastres naturais. Un perennifolio ou árbore madura de folla verde permanente, por exemplo, pode interceptar máis de 15 000 litros de auga ao ano.

7.A colocación correcta das árbores ao redor dos edificios pode reducir a necesidade de aire acondicionado nun 30 por cento e reducir as facturas de calefacción no inverno entre un 20 e 50 por cento.

8.As árbores poden contribuír ao aumento da seguridade alimentaria e nutricional local, proporcionando alimentos como froitas, froitos secos e follas tanto para o consumo humano como para a forraxe. A súa madeira, á súa vez, pódese utilizar para cociñar e quentar.

9.A planificación de paisaxes urbanas con árbores pode aumentar o valor dunha propiedade nun 20 por cento.

A verdade é que as árbores e o medio ambiente terían que ser tan respectados nas grandes cidades como as propias persoas.

#AbelCaballeroMinte #Vigo #Galiza
#SOSarbores #SOSsaude #VigoVerde
#ForaHOAX #Informando #VigoVerdade
Foto: Atlántico Diario