Archivos por Etiqueta: Xela Arias

Día das galegas nas letras, homenaxe a Xela Arias

Día das galegas nas letras, homenaxe a Xela Arias_noticiasvigo.es_ilcanallarubens_2019_Vigo_00

Hai quen senta e observa mentres outros tentan dicirnos quen son dignos e quen non son dignas de entrar no concepto que temos de literatura e de país. Hai quen se laia, hai quen concorda, hai quen simplemente nin atende. E logo estamos as que collemos o foucín, arrefuzamos as mangas e botamos o sombreiro ancho para saír de Sega.

Nese espírito, dende A Sega convoca o DÍA DAS GALEGAS NAS LETRAS que busca celebrar a figura dunha muller que contribuíse de forma sobranceira á cultura en xeral e á literatura en particular. Escollen o día 15 de agosto como data central dos actos de celebración por ser o día DA NOSA SEÑORA (das letras galegas).

Este ano esta adicado a Xela Arias, Xela Arias (Sarria, Lugo 1962 – Vigo, Pontevedra 2003) foi unha escritora, poetisa e tradutora española en varios idiomas, editora e profesora de galego ligada á editorial Edicións Xerais de Galicia, coñecida polas súas obras Tigres coma cabalos e Darío a diario. O video trae algún dos momentos da homenaxe, esperando a que vos guste.

A homenaxe empezou ás 12 da mañá ata pasadas as 20h no parque Charlie Rivel (Pista de educación vial do Castro).