A miseria da cidade fermosa | #VigoVerdade 16

Nalgunhas grandes concentracións urbanas do conxunto do planeta existen núcleos de poboación de extrema pobreza e marxinalidade, Vigo ten numerosos nucleos dos cales se desatende o concello no canto de combater a pobreza escóndea. Normalmente son terreos orixinariamente ilegais que lentamente se foron poboando de maneira caótica e desordenada e onde as condicións de vida son moi precarias, na cidade Viguesa empregan numeros inmobles abandonados como o vello asilo de Hermanitas dos Anciáns Desamparados, a zona de Marques de Valterra, Barrio do Cura e Beiramar tamén se poden atopar estes asentamentos coñecidos como choupanos en foma de chabolas no barrio da Salgueira, Cabral, Pontenovo, Barrio de Ribadavia…

En canto ao termo, provén do portugués que se fala en Brasil e alude a unha planta moi resistente, a faveila, que foi utilizada no século XlX para construír os fogares dos primeiros residentes deste tipo de suburbios nalgunhas cidades de Brasil. Aínda que este fenómeno está asociado ás grandes urbes de Brasil e de América Latina, é unha realidade global que aparece en grandes cidades de África, Asia ou en países como España (en España emprégase a palabra chabola para designar as infravivendas destas zonas urbanas). Desde un punto de vista urbanístico, os choupanos carecen dos servizos básicos (abastecemento de auga potable, electricidade e servizos á comunidade). Hai que ter en conta que en Vigo son zonas que se desenvolveron xentrificación ou especulación urbanística ou esperan facer un pelotazo urbanistico.

Desde un punto de vista social, os choupanos son un foco de pobreza, marxinación. Teñen unha densidade de poboación moi elevada aínda que para o ollo do vigues e viguesa créase os eslóganes do concello dicindo que «non hai xente sen teito» e que «ninguén dorme na rúa», Vigo é a cidade de toda Galiza que ten a taxa mais grande de desemprego.

Os problemas sociais asociados coas persoas que son abocadas a vivir en choupanos na cidade de Vigo son: fracasos sentimentais, despedimentos, desafiuzamentos, fracasos empresariais; todo isto na cidade de Vigo as persoas que sofren ese revés na vida algunhas persoas acaban desnutridas, alcohólicas, tocadas emocionalmente e psicologicamente.

A sociedade Viguesa nestes últimos tempos han caido na ‘ aporofobia’, un termo acuñado por a catedrática de Ética e Filosofía Política da Universidade de Valencia, Adela Cortina que hai máis de 20 anos, fai referencia, tal e como se recolle no seu libro, “ao rexeitamento, aversión, temor e desprezo cara ao pobre, cara ao desamparado que, polo menos en aparencia, non pode devolver nada bo a cambio”. A posibilidade de que as persoas poidan saír da situación de pobreza e abandonar a exclusión social ten un efecto de culpabilización individual das persoas da súa situación de pobreza, xa que non se teñen en conta as circunstancias sociais, políticas e/ou económicas que inflúen nos procesos de exclusión. As crenzas e mitos xerados neste proceso de culpabilización son as ideas que subxacen á aporofobia (“están na rúa porque queren”, “terían que poñerse a traballar”, “son uns vagos”, etc.)

O choupano non é o único foco de espazo urbano marxinal. De feito, cando as cidades europeas empezaron a crecer descontroladamente na Idade Media, desenvolvéronse espazos urbanos asociados ás clases máis humildes, os arrabaldes. Na maioría de cidades actuais existen os coñecidos suburbios, barrios marxinais e degradados.

Un exemplo de suburbio moi particular é o dalgunhas cidades de Francia. Este fenómeno é coñecido coa palabra banlieue, barrios da periferia nos que hai unha tensión social permanente.

A exclusión social no espazo urbano ten nomes diversos: favela, suburbio, arrabalde, banlieu ou guetto. Independentemente da palabra que empreguemos, as persoas que viven neles atópanse unha especie de apartheid no que as institucións non lles dan ningunha solución e en Vigo os dous albergues xa que moitas persoas senteito “REXEITAN” acudir ao albergue segundo declaracións do alcalde, desistiron de achegarse ao quedarse fóra noutras ocasións (como a mesma noite de fin de ano do pasado ano), xa que só hai 38 prazas. Noutros casos, ao só poder permanecer dez días prefiren ocupar outro espazo onde poidan continuar o resto do mes xa que se non, atópanllo ocupado ao volver verse na rúa.

E como solo decir «Vivimos nunha cidade envoltorio onde a xente no canto de ver para a xente ve para o envoltorio o cal deixa ás persoas aparvadas polo envoltorio e polo personaxe que pon ditos envoltorios que pregoa que non hai xente durmindo nas rúas».

E volvo decir ““Non me vou a dar por vencido e denunciarei publicamente a pobreza da cidade de Vigo””

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Una respuesta a “A miseria da cidade fermosa | #VigoVerdade 16

  1. Pingback:Opinión por A.Telmo | As mulleres sen fogar | Noticias de Vigo

Deja un comentario