Archivos por Etiqueta: xornalismo independiente

ை Un teleobxetivo triste

IlCanallaRubens_CamaraTristeGustaríame que na cidade onde resido á cal a fago chamar Detroit Viguesa deixasen os fotoxornalistas traballar en condicións favorables as cales desen máis facilidades e menos trabas.

Ás veces cando saio de casa coa cámara de fotos síntome como se nas miñas mans me de ter un obxecto que captura momentos é todo menos iso senón unha arma a cal algúns riscan.

É unha sensación que realmente non lla desexo a ninguén, unha sensación que é coma se dentro da funda da cámara tiveses aí un bo cargamento de formigón pero esa sensación se incrementa cando desenfundas a cámara e lle sacas a tapa, séntome coma se fose un delito o que estou a facer.

Ás veces penso en abandonar a fotografía pero a fotografía dáme felicidade pero ultimamente xa non ma dá. Noto coma se o ollo do grande irmán me estivese a vixiar e a verdade que iso tarde ou cedo pasara coa entrada da lei de seguridade cidadá, pasarase de ser un sentimento a unha realidade.

Se que conto co apollo de grandes compañeiros como son Ilkerman IkerRoberto Solano algún máis… dúas grandes persoas que me atopei cubrindo sucesos da cidade da Detroit Viguesa pero isto que digo é algo que me gustaría que o soubesen todos vostedes e agora xa o saben.

Estoume a pensar seriamente en meter no armario a cámara de fotos, a cámara que me facia sentir feliz, a cámara que me fixo coñecer moita xente, xente espectacular e incrible as cales lles dou as grazas por deixarme meter nas suas vidas.
Tan só sacaría a cámara para fotografar paisaxes e obxectos ou cousas.

Aínda non é definitivo pero estoumo a pensar. Tamén vexo como que o meu traballo non é valorado por unha parte das persoas ás cales eu considero compañeiros pero non sei se eu para eles o serei pero é a crua realidade e iso faime doer moi moito cando antes si o era si que o valoraban.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens / @ICRPhotographer]

#FotoXornalismo #VigoVerdade #ICRPhotographer