Logo de dous meses, aínda non funciona a liña de autobús H3 desde Teis ao Hospital Álvaro Cunqueiro

A Asociación Veciñal de Teis, ven a denunciar publicamente, que logo de dous meses do anuncio realizado por Abel Caballero, Alcalde de Vigo, aínda non esta en funcionamento a nova liña de autobús H3, que comunique Teis co hospital Alvaro Cunqueiro.

O pasado 16 de febreiro, Abel Caballero, anunciaba aos medios de comunicación, que nun prazo de “algo de más dos semanas se habilitara una tercera linea de autobús”, deste anuncio xa pasaron dous meses e aínda non temos unha data para posta en funcionamento desta liña.

Non se pode realizar anuncios e dar prazos que logo non se cumpren, esta é unha practica moi habitual de Abel Caballero, é en Teis, temos varios exemplos; a piscina da ETEA, biblioteca,… manifestan desde a asociación veciñal.

Desde esta asociación, levan meses denunciando, convocaron 7 manifestacións, recolleron case 4 mil sinaturas, para contar cunha liña de autobús desde Teis ao hospital e con frecuencias.

A proposta da liña H3, só inclúe dous servizos ás 7:45 horas e ás 11:00 horas, con regreso ás 10:15 horas e ás 13:15 horas. A proposta de liña non recolle ningún servizo no resto da xornada, nin sábados, nin festivos.

Desde a Asociación Veciñal de Teis, xa valora como insuficientes os horarios da nova liña de autobús H3, anunciada por Abel Caballero, que comunicara Teis co hospital Álvaro Cunqueiro, pero un logro da veciñanza, logo de meses de mobilizacións.

Deja un comentario