Archivos por Etiqueta: Praza da Independencia

ை Unha parte representativa da cidade de Vigo e bisbarra mostra a súa repulsa contra o TTIP

ilcanallarubens_ICRPhotographer_ contra o TTIP_Comercio en beneficio do pobo, non das multinacionais_Vigo _ 2015

Este sábado pasado día 10 de outubro, unha parte da cidadania da Detroit Viguesa concentrouse na Praza da Independencia sobre as 19:45h para partir dende ela nunha marcha ata o Parque de Cástrelos onde ali esta ficada a Caravana Femenista Europea, o motivo da marcha era no dia mundial de acción global contra o TTIP, a marcha arrancou a eso das 20:10 co lema Comercio en beneficio do pobo, non das multinacionais.

“Non ao TTIP, CETA, TPP e TISA, Non a dictadura do capital” esa foi una das consignas ditas na manifestación e outra dita polas organizacións sociais, sindicais, campesiñas e activistas de base de ambas en Vigo foi “o imperialismo é o terrorismo”, opoñendose ao TTIP, CETA, TPP e TiSA. Estes tratados comerciais conculcan a democracia e a soberanía dos pobos, ameazan os servizos públicos, os dereitos sociais e laborais, a protección ambiental, poñen en perigo a agricultura sostíbel e a soberanía alimentar, eliminan garantías e controis farmaceúticos, supoñen un atranco para a indispensábel transición enerxética e van na liña de continuar a nos impor un modelo de sociedade ao servizo dos intereses do capital e da explotación da maioría social.  Xs únicxs beneficiarixs destes acordos son as grandes empresas transnacionais e o capital financeiro e bancario. No manifestó leído no Parque de Castrelos concluíu cunha consigna ben clara e esa foi “loitamos pola igualdade, os dereitos sociais e laborais, a defensa ambiental e a democracia real”.

Se o acordó TTIP (Transatlantic Trade and Investment Partnership) entre EEUU e a UE é asinado, suporá un beneficio para as multinacionais que poderán saltarse as normativas e soberanías dos estados europeos que adhiran este acordo. Na cidade de Vigo xa e a segunda vez que manifestase encontra deste acordó xa que eso quere dicir que as normativas de Europa non terán validez porque as grandes empresas poderán sancionar os estados, unha vez que se asinou, coas condicións que se establezan nos contratos, que non poderán modificar as normativas sobre seguridade, emprego, sanidade, etc., que prexudiquen os lobbies.

Calquera modificación en canto á lexislación de calquera estado que poida prexudicalos, sexa do modo que sexa, está exposta a unha demanda desorbitada porque estes contratos están por riba de calquera lexislación dos estados soberanos. Impoñerán aos estados membros da Unión Europea os menos esixentes convenios vixentes nos EE.UU. no momento do asinamento destes contratos, isto é:

– Dereitos laborais, incluídos convenios colectivos, que non poderán ser modificados polos países xa que serán sancionados só co feito de que se aleguen perdas.

– Privatización dos servizos públicos que nos impoñerán ilos reducindo ao mínimo asistencial.

– Eliminación das preferencias nacionais nos contratos públicos.

– As avaliacións destes contratos levaraas unha comisión independente dos estados ou da Unión Europea e de carácter privado.

– Restricción nos medicamentos xenéricos porque as farmacéuticas non quererán perder os seus ingresos multimillonarios.

– A pequena e mediana empresa sufrirá as imposiciones dos lobbies estadounidenses.Municipios e CC. AA. tamén perderán poder legislativo. A perda de soberanía será total no tocante a economía e comercio.E poderiamos seguir con máis restriccións, pero aínda queda a guinda do pastel porque a pregunta é: quen resolve os conflitos entre as multinacionais de EEUU e os Estados Soberanos Europeos? A resposta non é nada alentadora: farao un Comité Independente de -supostos- expertos, designados entre as multinacionais e os estados. Pero tamén temos que responder á pregunta de, se hai un conflito entre estas grandes empresas, cun exército de avogados especializados, e os estados soberanos de Europa, ¿quen terá todo para perder a contenda e ter que pagar unhas cantidades multimillonarias só por modificar a lexislación?. Os estados, é dicir, nós, todos, o noso erario público. Á corrupción súmase a impunidade e a patente de corso.

En América do Norte, América Latina e o Pacífico a xente estase organizando para poñer fin ao asalto do imperialismo corporativo, que se agrava en gran medida polo Tratado Transpacífico (TPP) e outros tratados “comerciais” como o TTIP, o CETA e o TISA. O TPP está moi preto de pecharse e está sendo fortemente impulsado polas grandes multinacionais e xefes de Estado como Barack Obama. En xuño de 2015 Barack Obama apoiouse na maioría republicana do Senado e a Cámara de Representantes para aprobar o Fast Track ou vía rápida, que permite discutir e aprobar tratados xigantescos como o TPP, o TTIP e o TISA no Congreso (sen emendas, obstrucións e cun tempo limitado para o debate) tras anos de negociación secreta. Obama asinou rapidamente esta lei antidemocrática e agora está presionando para pechar o primeiro dos tres tratados, o TPP.

Gran parte do mundo está totalmente en contra dun tratado feito por uns poucos e que afecta a moitos e que rouba soberanía para entregala ás grandes corporacións transnacionais. Como cidadáns neganse a perder dereitos e na tarde do sábado a pesares dunha climatoloxia bipolar manifestaronse moi enérxicamente na repulsa a este aldraxe. Se no teu entorno mais cercano non ten idea deste tratado seria bo que lle fixeras achegar este post xa que se achegara a asinar e aprobar afectará tamén ás futuras xeracións.

Tamén, non deixes de asinar (se non o fixeches xa), contra o TTIP e o CETA. Asina contra o TTIP e CETA desde o blogue da campaña contra o TTIP.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Galería de imaxes [Aquí]