Archivos por Etiqueta: Asemblea Aberta de Coia

Centos de persoas apoian a absolución do activista de Coia Diego Lores

diego_absolucioncorA Asemblea Aberta de Coia conseguiu reunir o apoio de centos de persoas de todo o Estado en prol da absolución do activista e referente social Diego Lores. Nun manifesto publicado no segundo aniversario da loita veciñal na rotonda, o colectivo reiterou na súa inocencia e insistiu na falta de probas aportadas pola acusación de cara o xuízo do próximo 17 de xaneiro. Lores enfronta unha pena de tres anos e medio de prisión e 30.356 euros de responsabilidade civil pola denuncia dun axente municipal, que o acusa sen probas de agredilo e lesionalo.

Os feitos ocorreron o pasado 15 de decembro de 2014 durante unha das cargas policiais contra a veciñanza. “Diego sempre foi unha das caras máis visibles da loita da rotonda de Coia, polo que creemos que o seu procesamento non é casual. Pretenden que pague por toda a veciñanza, para que quede claro que sucede coas voces disonantes”, consideran desde a Asemblea Aberta, e recordan que iniciaron a protesta pacífica contra este “proxecto megalómano e esperpéntico” porque representaba “un insulto e unha provocación” ante a falta de fondos para emerxencias sociais.

O comunicado sinala o “cúmulo de contradicións e incongruencias por parte da acusación particular (a Policía Local)” durante toda a instrución do procedemento. De feito, a propia Fiscalía determinou en dúas ocasións que non existen indicios de delito, polo que pediu o sobresemento do caso. O Ministerio fiscal determinou que as probas aportadas eran insuficientes e que non queda “acreditado debidamente que por parte do acusado se cometese a infracción criminal da que se lle acusa”.

Por estes motivos, centos de artistas, representantes públicos e profesionais de todos os ámbitos veñen de amosar o seu apoio e solidariedade coa absolución de Lores. “O que nós berrabamos hai dous anos, seguímolo berrando agora: as nosas armas son a razón, as arelas de xustiza social, a utopía dun mundo mellor. Non precisamos nin da forza nin da violencia”, apuntan desde o colectivo veciñal, que sufriu numerosas multas e detencións, así como a condena do activista Xurxo Romero, pola súa defensa dos dereitos sociais da veciñanza de Vigo simbolizada na rotonda do Alfageme.

Listaxe de apoios:

“As abaixo asinantes manifestamos o noso apoio a Diego ante o proceso que está a piques de comenzar, solicitando a súa libre absolución. Sabemos da súa inocencia, e afirmamos a nosa decidida aposta pola desobediencia pacífica e a nonviolencia como ferramentas de traballo na loita por unha sociedade baseada na xustiza social e a igualdade”.

  • Teresa Forcades (Doutora, teóloga feminista e monxa beneditina)
  • Carlos Taibo (Escritor e profesor na Universidade Autónoma de Madrid)
  • Yayo Herrero (Directora de FUHEM e Ecoloxistas en Acción)
  • Manuel Rivas (Escritor e xornalista)
  • Laura Bugalho (Sindicalista e activista)
  • Xosé Manuel Beiras (Anova Irmandade Nacionalista)
  • Anna Gabriel (Deputada CUP-CC)
  • Arcadi Oliveres (Economista e profesor, activista de Justícia i Pau)
  • Miren Etxezarreta (Economista e catedrática emérita da Universidade Autónoma de Barcelona)
  • Raúl Zibechi (Escritor e pensador activista uruguaio)
  • María Reimóndez (Escritora, tradutora e feminista)
  • Jorge Riechman (Profesor de Filosofía da UAM e poeta)
  • María López Vigil (Xornalista e teóloga feminista)
  • Luis Villares (Deputado En Marea)
  • Ana Miranda (Europarlamentaria BNG)
  • David Fernàndez (Xornalista, ex deputado da CUP-CC)
  • Lidia Senra (Eurodeputada Anova)
  • Andrés Torres Queiruga (Teólogo)
  • Miren Koldobike Velasco Vázquez (Traballadora social e profesora de Traballo Social da Universidade de A Palmas de Gran Canaria)
  • Xosé Luis Méndez Ferrín (Escritor)
  • Alexandra Fernández (Parlamentaria En Marea)
  • Javier Baeza (Cura en San Carlos Borromeo)
  • Olalla Rodil (Xornalista e parlamentaria BNG)
  • Josep Manel Busqueta (Economista, panadeiro, Seminari d’Economia Crítica “Taifa”, ex deputado da CUP-CC)
  • Fermín Muguruza (Músico)
  • Carmen Santos (Deputada En Marea)
  • Francisco Sampedro (Filósofo e escritor)
  • Beatriz Campos (Actriz Migallas Teatro)
  • Fran Lorenzo (Escritor e xornalista)
  • María Campuzano (Alianza contra a Pobreza Enerxética)
  • Luis González Reyes (Ecoloxistas en Acción)
  • Alba María (Música)
  • Miguel Brieva (Debuxante)
  • Ohiana Etxebarrieta (Deputada EH Bildu)
  • Pepe Carreiro (Debuxante)
  • Albert Sales (Profesor de Ciencias Políticas da Universidade Pompeu Fabra)
  • Sechu Sende (Escritor)
  • García Mc (Músico, educador independente e activista social)
  • Belén Gopegui (Escritora)
  • Anxo Angueira (Filólogo, escritor e estudoso literatura galega)
  • Paula Quinteiro (Deputada En Marea)
  • Pedro Ramírez Pérez (OMAL)
  • Manolo Camaño Fandiño (Secretario xeral da CUT)
  • María González Reyes (Ecoloxistas en Acción e escritora)
  • Oleguer Presas (Economista, Crida per Sabadell, Seminari d’Economia crítica “Taifa”)
  • Lola Sánchez Caldentey (Europarlamentaria de Podemos)
  • Leo i Arremecaghoná (Músico)
  • Ruben Pérez Correa (Concelleiro Marea de Vigo)
  • Emiliano Tapia (Cura da parroquia de Buenos Aires – Salamanaca)
  • Clara Griera (Cooperativista L’Olivera)
  • Joserra Olarieta (Profesor da Universidadr de Lleida (ETSEA), Som lo que Sembrem)
  • Luis Correa “O Caruncho” (Músico)
  • Meritxell Domingo (Enxeñeira agrónoma, Som lo que Sembrem)
  • Emma Gascó (Debuxante e ilustradora)
  • José Iglesias Fernández (Economista)
  • Antonio Orihuela (Poeta)
  • Óscar García Jurado (Autonomía Sur)
  • Erika González Briz (OMAL)
  • Paco Segura (Coordinador de Ecoloxistas en Acción)
  • Nerea Ramírez Piris (Coordinadora de Ecoloxistas en Acción)
  • Elvira Cámara (Coordinadora de Ecoloxistas en Acción)
  • Alberto García-Teresa (Poeta)
  • Tom Kucharz (Ecoloxistas en Acción)
  • Pau Llonch ( Vocal do grupo AT Versaris, PAH Sabadell e Seminari d’economia crítica “Taifa”)
  • Samuel Martín-Sosa Rodríguez (Responsable de Internacional de Ecoloxistas en Acción)
  • Ivan Gordillo (Economista e membro Seminari d’economia crítica “Taifa”)
  • Ana Vega (Escritora)
  • Gonzalo Escarpa (Escritor e performer)
  • Ana Grandal Martín (Tradutora científica)
  • Patxi Zabalo (Profesor da Universidad do País Vasco)
  • Juan Hernández Zubizarreta (Profesor da Universidade do País Vasco)
  • Luis Nieto Pereira (Asesor do Concello de Madrid)
  • Ferrán Fernández (Editor e poeta)
  • Joan Turu (Debuxante)
  • Eduardo Rodriguez Cunha “Tatán” (Titiriteiro e actor)
  • María Ángeles Maeso (Escritora)
  • Eladio Méndez Fernández (Poeta)
  • Viviana Paletta (Poeta)
  • Matías Escalera Cordero (Escritor e profesor)
  • Marta Sanz (Escritora)
  • Núria Vidal de Llobatera (Ecoloxistas en Acción de Girona e Rede Anti-represión de familiares de detenidas)
  • Martin Mantxo (Ekologistak Martxan)
  • Lucía Bárcena Menéndez (Coordinadora Campaña #NoalTTIP en Ecoloxistas en Acción – Cataluña)
  • Marta Pascual Rodríguez (Ecoloxistas en Acción)
  • Antón Gómez Reino-Varela “Tone” (Parlamentario En Marea)
  • Xose Luis Xácome (Concelleiro Marea de Vigo)
  • Marga López Barreiro (Concelleira de Marea de Vigo)
  • David Carballal (Anova Irmandade Nacionalista)
  • Eva Solla (Deputada En Marea)
  • Juan Fajardo (Deputado En Marea)
  • Marcos Cal (Deputado En Marea)
  • Juan J. Merlo (Deputado En Marea)
  • Ánxeles Cuña (Deputada En Marea)
  • David Rodríguez (Deputado En Marea)
  • Antón Sánchez García (Deputado En Marea)
  • Luca Chao (Deputado En Marea)
  • Jose Manuel Lago (Deputado En Marea)
  • Magdalena Barahona (Deputada En Marea)
  • Francisco Casal (Deputada En Marea)
  • Paula Vázquez (Deputada En Marea)
  • Jesús Arteaga “Jipy” (Músico e activista)
  • Manolo Saez Bayona (Baladre)
  • Guillermo Contreras (Movimiento Antirrepresión de Córdoba, Plataforma Córdoba Aire limpio e Ecoloxistas en Acción)
  • Luis Fernando Jiménez Fuentes (Ecoloxistas en Acción Andalucía)
  • Sergi Saladie (Xeógrafo e deputado da CUP-CC)
  • Cristina Contreras Jiménez (Ecoloxistas en Acción Córdoba)
  • Carme Pagès Pallisé
  • Jordi figuerola i Solà
  • Javier Sáez Ibarra (Poeta)
  • Fernando Cembranos (Psicólogo e sociólogo)
  • Constantino Bertolo (Crítico e editor)
  • Carlos Gómez Gil (Profesor da Universidade de Alicante)
  • Jorge Fonseca (Profesor da Universidade Complutense de Madrid)
  • Rosana Acquaroni (Poeta)
  • Belén García Nieto (Poeta)
  • Ana Pérez Cañamares (Poeta)
  • Juanjo Álvarez (Bibliotecario)
  • Luis Miguel Uharte (Profesor da Universidade do País Vasco)
  • Jaime Pastor (Profresor da UNED)
  • Mikel de la Fuente (Colaborador honorífico da PUV/EHU)
  • Eladio Orta (Poeta)
  • Ana Cibeira (Poeta)
  • Jesús Carrión (Coordinador do Colectivo Ronda)
  • Joan Teran (Politólogo i documentalista, CUP-CC)
  • Vidal Aragonés (Avogado laboralista, profesor de dereito UAB, Concelleiro de En Comú crida per Cornellà)
  • Lucía Medina Navarro (Baladre)
  • Benet Salellas (Avogado e deputado da CUP-CC)
  • Diosadado Toledano (Marea de Mareas)
  • Josep Garganté (Sindicalista, concelleiro da CUP-CC no concello de Barcelona)
  • Isabel Vallet (Avogada, ex deputada da CUP-CC)
  • Mireia Vehí ( Socióloga, deputada da CUP-CC)
  • Rubens Rocha (Fotoxornalista-Fotoactivista)

ை Presentación de la novela «El disparatado secuestro de Abel Caballero por parte de los rotondianos»

ilcanallarubens_El disparatado secuestro de Abel Caballero por parte de los rotondianos_Vigo_2015

O xornalista vigués Jorge Alonso presentou onte a súa novela na casa do libro na rúa Velázquez Moreno, o titulo da novela é «El disparatado secuestro de Abel Caballero por parte de los rotondianos… «. na presentación da novela o autor cualifícoo como «unha sátira política de rabiosa actualidade», esta novela xurdiu durante e tras a polémica da rotonda da avenida de Castelao onde situaron o buque «Bernardo Alfageme» na cal dá unha solución disparatada para vencer o alcalde da cidade, os opositores da asemblea aberta de Coia deciden secuestrar o rexedor. Jorge na presentación á pregunta dun asistente a ela mesma de que se o alcalde leu a novela dixo que «non sei se o alcalde a leu, pero é moi posible porque os primeiros capítulos estiveron colgados nun blog e recibiron miles de visitas», así resolveu a pregunta do asistente ao autor, tamén se ofreceu a regalarlle un exemplar a Caballero, se aínda non o ten.

Na presentación do libro non só estivo o autor do libro senón tamén o editor Severino Cardeñoso, o ex alcalde da Detroit Viguesa Manuel Pérez e un representante da asemblea aberta de colla Juan Alberto Carreira, este ultimo animou a que comprasen a novela xa que unha das partes das ganancias van para as multas recibidas por parte da policía local e os dous xuízos no que un xa hai unha sentenza e se esta esperando pola seguinte.

O autor afirmo que «O alcalde é unha persoa moi intelixente e como tal seguro que ten un gran sentido do humor; estou convencido que o pasará moi ben léndoa. O autor insiste en que se trata dunha novela de humor «sen que tomar partido».

A novela conta co prólogo de Fernando Ónega, está escrita con frases curtas e directas, esaxera a realidade creando circunstancias cómicas que facilita a lectura. A polémica xerada pola rotonda fixo que a noticia transcendese do ámbito local ao nacional ata o internacional que o ultimo caso de tal relevancia foi a empacadora de Guixar, converténdose no contexto idóneo para a historia. Xurdiu no momento álxido do debate entre partidarios e opositores no grupo de facebook «Tu no eres de Vigo si, no…» creada por Jorge Alonso: «Para quitar un pouco de tensión, propuxen de broma que a solución pasaba por secuestrar o alcalde» a historia foi collendo forma e paseina a un blog; ao vela por un editor dixo que parase de escribila no blog xa que había unha boa novela e tras o interese do editor se publicou e se puxo onte mesmo á venda. Ao igual que na súa xénese, na trama as novas tecnoloxías son esenciais.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

ை A Asemblea Aberta de Coia denunciará á Carmela Silva.

ilcanallarubens_rotondacoiatomadaenero_2015A ASEMBLEA ABERTA DE COIA DENUNCIARÁ Á TENENTE DE ALCALDE, CARMELA SILVA, POR CHAMARNOS “NAZIS” E “VIOLENTOS” NUNHA REDE SOCIAL

Nunha asemblea celebrada o mercores 8 de Abril a Asemblea Aberta de Coia tomou a decisión de denunciar a Carmela Silva pola comisión dun delito de inxurias e calumnias contra as integrantes do seu movemento, pola publicación na súa conta de twitter o pasado 29 de marzo, dunha afirmación na que se acusaba aos “antialfageme” de ser “nazis” e de impoñer a nosa opinión”exercendo a violencia”.

Ilcanallarubens_CarmelaSilva_nazislosdecoia_2015

Segun din: Parécenos intolerable que unha representante da cidadanía, cun cargo como o de Tenente de Alcalde, fale neses termos de persoas que non fan máis que denunciar a ineficacia e insuficiencia da política social do Concello.

A chamada loita da rotonda foi dende un principio e até o de agora un movemento reivindicativo pacífico e comunitario, no que diversas xentes do barrio de Coia e da cidade, intentamos visualizar a situación de precariedade e empobrecemento no que vive unha importante parte da cidadanía.

Fronte a isto o Goberno Municipal respondeu con descualificacións, ameazas e represión policial, co fin de acalar unha protesta xusta e necesaria.

Logo de sufrir as sancións, as imputacións e a violencia institucional por parte do Alcalde e os seus concelleiros, non imos tolerar as graves descualificacións feitas publicamente pola Srª Silva. Por iso presentaremos na vindeira semana unha denuncia penal colectiva asinada por ducias de persoas que estamos a loitar nos últimos meses en contra da dilapidación de cartos públicos en obras faraónicas, mentres miles de veciñas sofren o empobrecemento que unhas políticas sociais municipais deficientes non son quen de solucionar.

Asemblea Aberta de Coia

ை Concentración: solidariedade coa loita polos dereitos sociais, solidariedade con Diego!

ilcanallarubens_AsembleaAbertaDeCoia_2015Tras as mentiras dos axentes da policía local, que están a empregar a presunción de veracidade que se lles supón en contra da veciñanza, este mércores o noso compañeiro Diego acode aos xulgados para explicar o acontecido o 15/12 na rotonda de Coia.

Non estará só xa que a Asemblea Aberta de Coia convoca unha concentración diante do edificio novo dos xulgados baixo o lema: Solidariedade coa loita polos dereitos sociais, solidariedade con Diego!

Será este mércores 18 de marzo a partires das 9:30.

Condenaron a Xurxo con mentiras, e agora queren facer o mesmo con Diego. A violencia, o medo e as súas mentiras non conseguirán acalar unha protesta chea de razóns: non se poden tirar os cartos nunha rotonda, cando unha maioría sofre gravísimos problemas para cubrir as necesidades básicas.

Axentes da policía local acusan a este traballador social dun delito de atentado por unha agresión inexistente. Non sabemos que move a estes axentes a manter unha versión que nada ten que ver co acontecido nesa data, pero non estamos dispostas a soportar esta vulneración de dereitos que castiga e reprime ás que defenden os dereitos da comunidade fronte aos intereses dunha minoría.

O goberno de Caballero non ten razóns para defender esta obra “faraónica” e pensa que pola forza poderá impor a desfeita que supón chantar un barco na rotonda dun dos barrios máis castigados polo empobrecemento.

Xuntas volveremos a berrar: Xustiza social. Nin cartos na rotonda nin estado policial!

Asemblea Aberta de Coia

ை Asemblea Aberta de Coia convoca unha concentración este xoves.

ilcanallarubens_concentracion_todossomosdiegoexurxo_2015Asemblea Aberta de Coia convoca unha concentración, o xoves, ás 9 e media da mañá diante dos xulgados de Vigo coincidindo coa declaración de dous policías locais no Xulgado de Instrucción número 4, en relación coa denuncia por un ‘delito de atentado’ contra Diego Lores, durante as concentracións contra a colocación do Bernardo Alfageme na rotonda de Alcampo.

A asemblea afirma que o goberno de Caballero e a súa Policía Local seguen na procura de castigos “exemplarizantes” para acalar as protestas de Coia en contra do barco na rotonda.

“Logo das mentiras que remataron na condena de Xurxo, agora van a por Diego”acusado dun delito de atentado. Dous axentes do 092, supostamente lesionados nas protestas do 15 de decembro na rotonda, están citados para prestar declaración, como denunciantes e prexudicados, este xoves ás 10 e 10 e media.

A asemblea subliña que “estes axentes aínda están a tempo para deter esta maquinaria. Se teñen vontade de facelo é doado: contar na declaración do xoves a verdade que non contaron nos atestados, isto é, que non houbo ningún tipo de agresión cara eles, nin por parte de Diego, nin por parte de ningún outro membro da Asemblea Aberta de Coia. Os alí presentes sabemos que esa é a verdade, e por isto, convocamos unha concentración de apoio a Diego, e de rexeitamento á manipulación policial”.

Asemblea Aberta de Coia

ை Concentración: A pobreza que Caballero quere tapar con mentiras

ilcanallarubens_AsambleaAbertaDeCoia_ConcentracionContraAMentiraA Asemblea Aberta de Coia convoca á cidadanía a participar nunha concentración baixo o lema: “A pobreza que Caballero quere tapar con mentiras”.

O luns 23 de febreiro ás 10:30 diante do Concello de Vigo volvemos á praza do Rei, nun día de pleno municipal, para representar aquelas situacións de pobreza que o goberno municipal, e tamén o autonómico, queren tapar con mentiras e medias verdades.

Nos últimos tempos o alcalde repite como unha ladaíña esta mensaxe: “Vigo es el Ayuntamiento con más política social de España». Propaganda, mentira, simulación, manipulación… para quen sufrimos estas políticas son ideas que nos veñen á cabeza ao escoitaren as palabras de Caballero.

Din que destinan unha fartura de cartos ás políticas sociais, como se non soubesen que cada día máis persoas acudimos aos servizos sociais e alí nos atopamos co labirinto da exclusión social. Un labirinto feito a base de “non hai cartos”, de semanas de agarda por unha cita coa traballadora social, de moreas de requisitos; por nomear algúns dos atrancos que os poderes utilizan ao relacionarse coa xente máis empobrecida.

Presentamos algúns datos da política social municipal nestes anos de malgoberno:
– Vigo ocupa o posto 2.945 no Estado no ránking municipal de protección social (fonte: http://vigodixital.opennemas.com/articulo/social/vigo-ocupa-posto-2-945-no-ranking-gasto-social-concellos-espanois/20141221125225000753.html)
– As Axudas de Emerxencia Municipais (AEM) en palabras de Isaura Abelairas, concelleira de Benestar Social, sufriron unha situación de “colapso” durante meses do pasado ano até 3000 expedientes estiveron á espera de resposta. Lembremos que estas axudas de “emerxencia” están destinadas a cubrir as necesidades básicas de persoas, por exemplo: pagamento do alugueiro, recibos de luz, gas ou auga, alimentación básica…
– Neste comezo de ano o concello foi a xuízo en dúas ocasión debido á demanda de dúas compañeiras que o denunciaron ante a denegación de AEM, nun caso para vivenda e noutro para o pagamento de recibos de luz e gas. A falla de procedemento, a demora (superior a 3 meses), a falla de motivación legal… é o cotiá que sofren as persoas que acoden a estas axudas na procura de solucións.
– Insuficiente número de traballadoras sociais de atención primaria (17) que incumpre o ratio fixado na lei. A raquítica plantilla provoca longos tempos de espera polas citas, demoras na tramitación de axudas ou mesmo colapso do departamento. Porén non todos os departamentos municipais están nas mesmas condicións. Temos por exemplo 58 GOAS (os antidisturbios da policía local) case tantos como todo o persoal de benestar social contando xefes, administrativos, bedeis…
Os problemas de saúde que lles provoca esta situación levaron ao persoal do departamento á rúa ante a negativa do goberno de dar resposta as denuncias presentadas.
– Peche do programa SEREOS. O local situado preto da porta do Sol foi pechado á calada deixando a moita xente da rúa sen un punto de encontro no que se daban bocatas, café, preservativos e xiringas. Máis tarde e co apoio de Érguete (A súa presidenta Carmen Avendaño, militante do PSOE) o retoman, primeiro nunha furgoneta e desde hai pouco nun autobús en Jacinto Benavente. O peche de Sereos provocou forte rexeitamento na cidade.
– 1,2 millóns van para CEDRO, dos 30 empregados a metade están a cargo de CLECE. O lema “Mesmo traballo, mesmo salario” non lle di nada ao concello que permite que enfermeiras, traballadoras sociais, médicos… compartan tarefas pero con diferente remuneracion ao estaren algunhas a cargo da empresa de Florentino Pérez.
– Tampouco hai que esquecer a privatización dos servizos sociais. En mans de CLECE están o servizo de axuda no fogar (2.900.000) e o programa de intervención familiar (500.000). Dous programas que pasaron a mans da empresa de Florentino Pérez e que nese tránsito os traballadores padeceron cando non o deterioro das condicións laborais, a precariedade e mesmo despidos.
– O albergue municipal tamén privatizado está en mans do grupo 5. Arrebatado ao goberno municipal por anos de loitas ofrece un número de prazas insuficientes para a demanda da cidade. A xente só pode estar 10 días seguidos, logo que teñen que volver á rúa ou ás prazas que ofertan entidades privadas que teñen requisitos semellantes. O orzamento para 2015 é de 700.000.

Asemblea Aberta de Coia

ை Concentración na rotonda de Coia: Globos contra o barco na rotonda

IlCanallaRubens_ConcentracionGlobosEste Xoves 29 de Xaneiro de 2015 as 18:00h centenas de globos servirán para dicirlle, moi clariño, ao alcalde algo que a veciñanza non quere o barco na rotonda de Coia.
Queremos unha cidade para as persoas, e para iso os cartos de todas teñen que estar destinados a garantir a vida. El os tira en obras faraónicas: estadios, escaleiras mecánicas, humanizacións… Nós queremos, precisamos que eses cartos vaian destinados a cubrir as nosas necesidades, en definitiva, que se destinen a facer unhas políticas sociais potentes e duradeiras que aseguren unha vida digna para todas.

Asemblea Aberta de Coia

ை Respecto ao Bernardo Alfageme Señor alcalde.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Lectores e lectoras do meu espazo web. hoxe veño a esribiros do respecto, cousa que na cidade onde eu vivo non o hai aos seus propios emblemas ou obxectos históricos.

Como ben esta semana pasada e a anterior lévovos informando de que o alcalde da cidade de Vigo quere poñer un buque histórico nunha rotonda e este buque foi un emblema da historia pesqueira e conservera da cidade. O buque chámase Bernardo Afageme o cal escribireivos a súa importancia histórica co que conlleva a ser respectado e recoñecido.

O Bernardo Afageme é un barco pesquero do tipo arrastreiro, buque histórico onde os allá, construído nos astilleros de Hijos J. Barreiras de Vigo, data do ano 1944 nos astilleros Barreras, o Bernardo Alfageme é o único barco de pesca de altura da primeira metade do século XX que se conserva mentres tanto o alcalde empéñase de poñelo nunha rotonda, logo de estar totalmente abandonado e afundido en Bouzas por falta de mantemento, foi novamente recuperado e restaurado nos astilleros de Cardama onde esta actualmente.

Pero neste momento volve estar nuevamente abandonado tal como ben na foto do meu compañeiro Roberto Solano, segue á espera de que o Concello de Vigo lle dé un destino final honroso como buque histórico e poñerlle todos os seus pertrechos de pesca os aparellos e habilitar o seu interior tanto na sala de maquinas como as seus camarotes e ponte de goberno para que poida ser visitado polo público e vexa en situ as condicións en que traballaban os marineros nos anos 40, aínda que son malos tempos non se debería abandonalo á súa sorte outra vez, o mellor destino ideal sería nas instalaciones do Museo do Mar de Vigo.

O buque contaba cunha tripulación de catorce tripulantes, o buque tiña capacidade para facerse á mar con 65 toneladas de gasoil, 70 de xeo e sal, 30kg de víveres e 17 de auga potable e nas súas neveras podía almacenar ata 70 toneladas de peixe.

O buque faenó durante moitos anos no caladero do Gran Sol, e as últimas mareas foron realizadas no sur de Portugal, e despois paso a ter a súa base no porto de Marín onde foi dado de baixa no ano 1988 e uns anos despois cedido ao Concello para a súa restauración e o sua posible incorporación ao Museo do Mar, pero aínda non hai nada claro xa que desde fai dúas semanas a Asemblea Aberta de Coia se esta opoñendo que se poña na rotonda do barrio mentres que o alcalde segue insistindo a través dos seus programas de televisión e radio como declaracións aos medios escritos de que se vai poñer si ou si o buque na rotonda faltando ao respecto doblemente aos cidadáns que se opoñen a que o buque póñase nunha rotonda cando os cartos da obra podiase destinar a fins sociais. O alcalde lle falta ao respecto á historia que ten o buque pero mentres tanto o histórico pesquero segue aínda nos peiraos de Bouzas esperando a que alguén o recupere definitivamente.

Aínda que non hai unha concreta definición de respecto para describilo, pódello designar como a consideración que se dispensa ou ten a unha persoa, grupo, asociación, institución, entre outros, polos valores que representan ou pola traxectoria de anos que os avalan, neste caso o Bernardo Alfageme que NON esta sendo respectado xa que desexan darlle un final moi triste poñéndoo nunha rotonda.

O alcalde da cidade de Vigo rogaríalle que tivese respecto ante este buque histórico e emblema da Conservera Miau Alfageme unha conservera histórica da cidade. Rogarlle tamén que escoite aos cidadáns que desexamos que o buque teña mellor final que nunha rotonda xa que o seu millor final seria nun museo onde se poida facerse un recoñecemento ao seu valor institucional e incalculable na historia da cidade, cidade históricamente considerada mundialmente unha das capitais máis importantes mundiais da pesca.

E que millor final que no museo onde cidadán ou cidadá poida ilo a visitar? Asi os cidadans terían o dereito e o pracer de entrar para ver como se traballaba e vivía no único buque dos anos 40 que existe aínda aínda sen desarmar mentras que nunha rotonda non se poderla aceder a el ou estar a uns centimetros del. Respecto soamente respecto Alcalde e un recoñecemento digno nun museo non nunha rotonda.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Imáxes do Buque Bernardo Alfageme na Actualidade.